Luns. 09.09.2024
El tiempo

Dumbría prepara a canteira ciclista

Dumbría prepara a canteira ciclista
Trofeo Dumbria Modalidade Carretera

Chegaba onte a Vuelta pola Coruña (este ano esqueceron a Costa da Morte, a pesar do ben que os tratamos…) pero os amantes costeiros do ciclismo non teñen parada. Se os amantes da montaña xa se preparan para a BTT de Lariño ou a de Vimianzo (aínda sen data), as promesas do ciclismo de toda Galicia teñen unha proba esta fin de semana en Dumbría.

O Club de Ciclismo Dumbría e o Concello arman para este sábado 13 o 2º Trofeo Dumbría Modalidade Carretera para as categorías Escolas e Cadetes, pensada para corredores federados en categorias base, dende os 5 anos en categorias promesa, ata os 16 anos en categoria cadete, pasando por Alevíns e infantís.

Para os máis pequenos, a competición consiste en realizar unha Ginkana na que terán que amosar a sua destreza coa bicicleta. Para as categorias, Alevín, Infantil e Cadete, deberán de completar un circuito de carretera de 1.5km de lonxitude, donde, dependendo da categoria, realizarán máis ou menos voltas. Con esta proba o club ciclista Dumbría termina unha tempada na que realizou as seguintes probas: Circuito Galego de ciclocross, Campionato Galego de ciclocross, ruta btt Concello de Dumbría, Mini-btt, RalliXC, Trofeo Luso Galaico, Desafio do Atlántico e Trofeo escolas e cadetes.

Información útil

Os horarios previstos para esta competición son os seguintes: Alevíns: 10,30h, Infantís: 11,00h, cadetes: 11,45h, Ginkana: 11,45h, Entrega de premios: 13,00h..

  • A oficina para formalizar as inscriccións, abrirá a partir das 9,00h, no mesmo lugar donde se celebrarán as carreiras, nas instalación deportivas do Concello de Dumbría, pecharán 15 minutos antes do comezo da primeira proba. (10,30h).

    O circuito para as categorias alevín, infantil e cadete, ten unha lonxitude total de 1,5km por volta, é na sua maioria un percorrido plano, que está situado nas proximidades das instalacións deportivas do Conco no Concello de Dumbría. A meta do circuito estará situada na subida que da entrada as mesmas instalacións.
    O número de voltas por categoría é variable: Alevíns (3 voltas, 4,5 km); Infantís (6 voltas, 9 km) e Cadete (15 voltas, 22,5km).

    Os A organización ten previsto entregar os seguintes premios:
    - Ginkana: Trofeo os 3 primeiros clasificados masculinos. Trofeo os 3 primeiros clasificados femininos. Medallas para tódolos participantes da ginkana.
    - Alevíns: Trofeo os 3 primeiros clasificados masculinos. Trofeo os 3 primeiros clasificados femininos.
    - Infantís: Trofeo os 3 primeiros clasificados masculinos. Trofeo os 3 primeiros clasificados femininos. Premio especial material, na volta número 4.
    - Cadetes: Trofeo os 3 primeiros clasificados masculinos. Trofeo os 3 primeiros clasificados femininos. Premio especial material puntuable nas voltas número 5 e 10.

    Aparcamento: A organización do club local pon a disposición dos clubs un aparcadoiro cercano para a comodidade dos participantes.

    Ademais, haberá a disposición de pais, nais e espectadores en general, outros servizos como facer uso das instalacións deportivas do Conco en Dumbría, aseos, cafeteria e duchas.

    Novas relacionadas

    Fonte

  • Comentarios