Dumbría, única proba do Circuito provincial da BTT


A aposta polo ciclismo do Concello de Dumbría segue potente. Despois do éxito da V BTT de hai unhas semanas (e que gañaba o vimiancés Davis Calzas) o Gran Fondo Ézaro, e a chegada de Indurain e Chiapucci sempre no horizonte, e traballando para traer un novo final de etapa da Vuelta ao Alto do Ézaro en 2017, Dumbría prepárase xa para a seguinte proba, o 3º Trofeo Concello Dumbría, a única proba no III Circuito BTT-XC Deputación da Coruña.
Se o circuito arrinca este sábado en Arteixo, as bicis de montaña invadirán os montes dumbrieses o sábado 16 de maio.
Nesta ocasión o Circuíto incluirá sete carreiras, todas as que forman parte do calendario oficial da Federación na provincia (en toda Galicia hai dez). Coma novidade, inclúe a primeira carreira “Eliminator” da provincia, que servirá ademais para pechar a competición en Betanzos o 18 de xullo, organizada polo Club Caimanes. O ano pasado houbo unha media de 150 participantes por proba, pero a de Dumbría sempre bate marcas.
III Circuíto Provincial de BTT-XC
X Trofeo BTT Concello de Arteixo | 25/04/15 | Arteixo |
3º Trofeo Concello Dumbría | 16/05/15 | Dumbría |
15º Gran Premio Concello de Cambre | 30/05/15 | Cambre |
II Open XC de Montefaro | 06/06/15 | Mugardos |
VII Trofeo Concello de Santiago | 20/06/15 | Santiago |
4º Gran Premio Concello de Oleiros | 27/06/15 | Oleiros |
I XC Eliminator Portas da Vila | 18/07/15 | Betanzos |
Novas relacionadas
- Indurain e Chiapucci revivirán os seus épicos duelos no Gran Fondo Ézaro.
- A verdade costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro.
- Dumbría presenta un máis duro Gran Fondo do Ézaro con miras internacionais.
- Dumbría volve pelexar por un final da Volta no Alto do Ézaro.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
- A subida ao Mirador do Ézaro xa ten Top10.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).