Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante

Fases de Ascenso: O XSC xa é de Liga Galega e Dumbría Xuv. e Cee Inf. dan un paso adiante
O XSC Cadete celebrando o ascenso

Completa xornada de Fases de Ascenso, cunha gran nova, o ascenso do XSC á Liga Galega Cadete, e novas dispares para o resto. Fóra da loita quedan a Esteirana Xuvenil e o Cabana Cadete, mentres que Dumbría Xuvenil e Cee Infantil pasaron de rolda. Aínda teñen dúas probas máis por diante para conseguir o ascenso.

Os Cadetes do XSC, á Liga Galega

XSC Cadete na Liga galega

Sen dúbida, a nova da fin de semana é o ascenso do XSC á Liga Galega. Os de Santi Casal foron moito mellor equipo que o Ánimas e cos goles de Juan Lois na ida, mentres que na volta os protagonistas goleadores foron: dous de Sergio Barbeira (que rozou un balón a unha falta de Parri no primeiro, finalizando unha contra no segundo) e Carlos (xogador infantil que marcou un golazo de falta dende 25 metros pola escuadra).

O cadro xalleiro, que só cedeu 7 puntos en Liga, tivo que superar unha dura primeira fase, na que se meteu por un gol de marxe sobre o San Cristobal. O equipo xalleiro mantén así un cadro en categoría autonómica, xa que o equipo Infantil xa está descendido, a falta dunha xornada.

Felicitamos ao cadro que dirixe Santi Casal, formado por este completo plantel. Álvaro Blanco Gerpe, Óscar Estévez Tato, Alberto Loureiro Villar, Juanjo Freire Fondo, Marcos Mouro Negreira, Jacobo Lois Pereira, Carlos Rieiro Blanco, Raúl Paris Lavandeira, Pablo Dominguez Ferrol, Brais Rial Pazos, Juan Lois Rio, Alexander Rey Vila, Mario Pazos Pérez, Rubén Castro Agra, Martín García Recarey, Martín Ramos Abelleira, Ismael Soto Pensado, Alberto Facal González, Ángel París Caamaño, Manuel Garcia Martinez, Rubén Suárez Castro e Sergio Barbeira Arán. Ademais hai que facer mención aos infantís que, por diversos motivos tiveron que colaborar con este plantel de cadetes: Tatiana Barcia, Martín Pereira, Fran Calvo e Carlos Claro, este con mención especial por ese gol na fase de ascenso.

Así o festexaron nos vestiarios de Fontenla:

Xuvenís: Polvorín - Dumbría (2-2)

  • DUMBRIA: Bouzi, Roberto, Canario, Cabana, Jano, Yeray, Duarte, Adrián, Juan de Dora, Edu e Javi. Tamén xogaron: Martín, Kevin, Charly, Marcote e Mauro.
  • Goles: 0-1, min.20: Juan de Dora; 1-1, min.60; 2-1, min.82; 2-2, min.88: Jano.

A pesar das baixas de David, Maikel, Pablo e Lucas, o equipo costeiro saíu moi forte, coa necesidade de marcar tralo 0-0 da ida no Conco, e adiantouse na primeira parte con gol de Juan de Dora e rematou dominando ben a primeira. Eles tiveron unha soa ocasión que resolveu Bouzi.

A pesar da mala arbitraxe, os dumbrieses aguantaban pero xa na segunda os locais volcábanse, deixando ocos atrás que a piques estiveron de sentenciar o partido. De feito, nunha contra, Javi quedaba só contra o porteiro e un defensa tivo que agarralo deixando aos seus con 10.

Pero os locais, a balón parado, meteron aos dumbrieses na súa área. A 8 do final os locais facían de cabeza o 2-1 que deixaba fóra aos de Lobelos e Leis, que foron con todo polo empate e no 88 empatou Jano. Xogouse ata o 99 pois non daba pitado o final. E tras o final alguns xogadores de eles foronse a polos nosos e montouse unha boa tangana.

Enorme traballo dos costeiros aguantando un calvario de amenazas e insultos a parte da lamentable arbitraxe.

Xuvenís: Boiro - Esteirana (2-0)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Code, Rafa, Adri, Damián, Pablo, Jose, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Sergio, Tiko, Manu e Davichi.

Tralo 2-2 da ida no Xosé Luís Vara, os de Martín tiñan opcións pero o Boiro foi moito Boiro. 2-0 gañou o cadro da Barbanza levando o peso do partido en todo momento. Así e todo, o cadro blaugrana tivo, co 0-0 un par de boas ocasións para adiantarse no marcador, sobre todo unha de Adrián. Pero non entrou, os esteiráns agotaron as súas opcións, que as tiveron, e así, despiden unha gran temporada, con ilusión de que o vindeiro ano, xa con máis experiencia, vaian a por todas. I é que este, en realidade, tiña que ser un ano ponte, pois o ano pasado foi o gran ano dos cadetes, e este curso eran moitos os xuvenís de primeiro ano.

Cadetes: O Cabana queda fóra pola mínima

  • Resultado: Dorneda - Cabana (6-5).
  • CABANA: Darío (Jorge, min.72), Dani, Rubén, Javi, Kevin, Adrián, Alberto, Sergio, Gonzalo (David, min.70), José, Fariña (Lucas, min.65).
  • Goles: 1-0, min.2; 1-1, min.16: Fariña; 1-2, min.18: Dani; 1-3, min.25: Gonzalo; 1-4, min.35: Dani; 2-4, min.50; 2-5, min.60: Dani; 3-5, min.70; 4-5, min.75; 5-5, min.80; 6-5, min.87.

6-5 perderon os cabaneses en Dorneda, e tralo 1-1 da ida quedan fóra. Un gol metería ao cadro cabanés na seguinte fase pero tras un choque de tolos a sorte estivo de cara dos coruñeses.

Non puido ser pese o gran esforzo de todo o equipo cabanés que se mostrou superior futbolisticamente ó Dorneda hai circunstancias que non poden ser superadas. Comenzou o partido cunha forte presión do Dorneda que se adiantaba no minuto 2 logo dun saque de banda longo que despois de varios rexeites acababa no fondo do porta de Darío. Sobrepúxose o Cabana e mostrouse máis perigoso acadando o empate Fariña no minuto 16 logo dun centro de Gonzalo que recollera o rexeite do porteiro evitando unha clara ocasión. Dous minutos máis tarde era Dani quen nunha falta lonxana sorprendía o porteiro e poñia o 1-2. Pouco máis tarde Gonzalo en tiro de fora da área puña o terceiro e o Cabana que sera o dono do partido. Dani nunha falta o borde da área facía o 4.

A partir dese momento comenzou o xogo duro dos locais que permitiu o colexiado con faltas continuas e mesmo algunha que outra agresión. Nun balón longo o dianteiro local impoñiase a defensa e facía o 2-4 que daba folgos os de Dorneda po segundo tempo. Saíron os de Dorneda mordendo pero Dani de novo con outra falta poñia o 2-5 que se antoxaba insalvable. A partir de aí "recital do señor colexiado", segundo denuncia o cadro cabanés, que sinalan que Fariña foi pateado no chan e non pasou nada, que Jose Ángel recibiu un plantillazo na barriga que lle deixou os tacos marcados. Ante a protesta de Dani que lle fixo ver que os estaban cosendo a patadas o árbitro espetoulle un "y mas que le van a dar por gilipollas".

No minuto 20 da segunda balón que sae de banda claramente a favor do Cabana sinalado polo liña, pero cando se dirixía a sacar Dani, adiántanse o Dorneda que co consentimento do colexiado sorprende e pon o 3-5. O 4-5 ven nun lanzamento de falta lonxano que sorprende a Darío. O empate chega nun balón perdido na banda esquerda logo de dúas faltas non sinaladas e co xogador local en fora de xogo, segundo a versión cabanesa.
Con todo en contra era cuestión de tempo, e noutro lanzamento de falta o balón termina no fondo da meta de Jorge que sustituira a Dario por lesión (nunha das cargas que lle fixeron sen que fora pitada ningunha falta).

Nese momento invasión de campo e encendido de bengala, cun afeccionado visitante que lle dou un pequeno empuxon o linier. Expulsión do entrenador do Cabana por falar co colexiado sin insultos nin berros nin malos modos; previamente xa fora expulsada a delegada cabanesa. Un cuarto de hora esperando pola guardia civil, eso si, todos no campo, sinal do peligroso que estaba todo que nin po vestuario foron. Reanudouse o partido cos visitantes tentando chegar a porta do Dorneda nos 3 minutos que faltaban e que deron pa expulsión de Jose A. e pouco máis. Ao final tremendo cabreo dos xogadors visitantes que aguantaron de todo o longo do partido e o final cometeron o erro de dirixirse o árbitro polo que non sabemos cales serán as medidas que tomaría.

O Cee Infantil, un paso adiante

Cee Infantil celebrando o pase por penaltis-Foto-Jose Cambeiro

Por penaltis pasou o Cee Infantil á seguinte rolda, a 2ª de 3 necesarias para subir. En fronte, un Callobre moi forte, moi duro, que puido nesta volta cos ceenses, repetindo o 2-1 da ida.

Callobre - Cee (2-1)

  • CEE: Carlos, Jose (Martín, min.27), Borja (Leo, min.78), Jon, Ángel, Martín, Sergio, Alex Lopez, David (Carlitos, min.64), Fabio e Luis Lojo.
  • Goles: 1-0, min.30; 2-0, min.43; 2-1, min.55: Luís Lojo.

Comezou moi ben o partido o Cee que dominou nos primeiro 25 minutos, nos que se lle anulou un gol a David. Adiantábanse os locais á media hora, e ao fío do descanso marcaban o segundo.
Nada máis comezar a segunda, o pichichi ceense Luís Lojo igualaba a eliminatoria. Os locais encerraron ao Cee no seu campo e gozaron de numerosas ocasións, pero titrando de épica e dun gran Carlos baixo paus, chegouse á sorte dos penaltis.

Nos penaltis, por bando ceense fallou Jon o primeiro, marcou Fabio e Carlos paraba o segundo dos locais. Luís Lojo non fallaba, nin Ángel nin Sewrgio nin Carlitos, e o que si marraba era o local Emilio que mandaba o balón ao pau dando o pase ao Cee.

Ademais, o equipo ceense tivo unha boa nova, pois Luís Lojo e Fabio foron invitados a unhas xornadas de adestramento co Deportivo, e aí os vemos xunto con David Rojo, ceense que milita no cadro herculino.

3 ceenses no Depor-Foto UC Cee

Fases Finais dos Biberóns

Xa nas Fases Finais de Alevín, Benxanín e Prebenxamín, malas novas para os nosos campións das Ligas de Biberóns, que sucumbiron ante equipos superiores. Xa caera na ida o Dumbría Alevín co Xuv. Aguiño, e volveu caer con rotundidade no Conco. O Outes Benxamín caera 2-1 na ida ante o Victoria, e volvía facelo no Cunchido por 0-1, chegando os 3 goles a balón parado. Ademais, o Fisterra Prebenxamín caía ante o Narón, ao que non foi quen de marcarlle un gol.

Así e todo felicitamos aos 3 conxuntos pola súa grandísima campaña.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios