Fases Xuvenís: O Malpica escapa na Liga e Mazaricos e Ponteceso sentencian o pase na Copa
Continúa máis vibrante que nunca a a href="http://www.futboldacosta.com/?deporte=1&temporada=3&tc=34">Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Os Malpica, Baio, Cee e Dumbría B seguen en loita, con 7 puntos de diferencia entre o Malpica, máximo favorito, e o Dumbría B, agora 4º. Baio e Cee mantéñense con 22 puntos trala vitoria dos baieses en Santa Comba e a igualada entre ceenses e dumbrieses.
Na Copa, Mazaricos e Ponteceso sentenciaron o seu pase ás semis se ben o Zas e o Cabana encarrilaron as súas eliminatorias con sendas vitorias fóra da casa.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 11
Dumbría B - Cee (1-1)
- DUMBRÍA B: Santi, Roberto, José, Alcaina, Toja, Josiño (Lucas), Pereira (Antelo), Yerai, Mario, Abel, Patera (Cristian).
- CEE: Iván, José Ramón, Iago, Aitor (Martín, min.80), Tonecho, Rubén (Tebo, min.15), Sergiño, Carlos, Uri, Lamela (Pablo, min.46), Chiru (Jesús, min.70).
- Goles: 0-1, min.60: Chiru de falta; 1-1, min.65: Yerai de penalti.
Empate xusto que non lle serve a ningún dos dous equipos pero que os mantén con opcións de meterse na seguinte fase. Primeira metade moi igualada, cun Cee algo superior, que a base de moita brega e intensidade puxo contras as cordas aos locais. Así e todo non houbo goles neste primeiro tempo pois as defensas estiveron moi seguras.
Pero na segunda o Dumbría veuse arriba, sobre todo tralo gol inicial dos ceenses, que asinou Chiru de falta. De aí ao final o Dumbría B tomou o mando e empatou pronto e mesmo puido completar a remontada. Pero en fronte estaba o porteiro ceense Iván, un dos mellores da categoría, que estivo tan ben baixo paos como de líbero, facendo un partidazo e destrozando as rápidas contras dos de Dumbría, como un par de entradas de Mario por banda, un remate de Abel e outra de Josiño.
Santa Comba - Baio (0-3)
- SANTA COMBA: Álvaro, Cristian (alberto Recarey, min.50), Josito, Landeira (Richi, min.55), Miguel, Diego Maneiro, Javito, Styven, Jordi (Charles, min.80), Marquiños, Iván.
- BAIO: Poyo, Maikel, Pardo, Iago, Pablo, David (Santi, min.70), Fachal, Iván (Silvariño, min.55), Lucas (Vereda, min.60), Bieito, Cristian (Valentín, min.65).
- Goles: 0-1, min.30: Bieito; 0-2, min.40: Cristian; 0-3, min.65: Bieito.
Chegou o Baio a por todas, e o Santa Comba estivo moi ben a primeira media hora (unha de Cristian nun córner e outra de Iván) pero un erro defensivo dos xalleiros se adiantou o Baio, que marcou o 0-2 antes do descanso. Moi serios en defensa os baieses, non permitiron nin unha ocasión, e o Santa Comba foi decaendo fisicamente,
Na segunda metade o Baio controlou o peso do balón e sentenciou, facendo do control do balón a mellor defensa.
Malpica - Soneira (4-1)
- MALPICA: Jesús; Pereira, Jorge (M. Ángel, min.64), Pepis, Joro (Luísma, min.74), Quintas, Martín Uruguaio, Eme, Martín Maradona (Almeida, min.77), Adra (Víctor Novo, min.80), Camilo.
- SONEIRA: Juan, Pabi (Rubén, min.37), Curra, Pichón, Héctor, Cristian, Kevin (Manu, min.62), Cachirulo, Borja (Toja, min.46), Rodri, Picacho (Efraín, min.77).
- Goles: 1-0, min.44: Camilo a centro de M. Uruguaio 2-0, min.50: Eme tras un rexeite dun defensa a un centro de M. Uruguaio; 2-1, min.70: Curra tras un rexeite a un tiro seu. 3-1, min.79: Camilo a centro de M. Ángel;. 4-1, min.93: Almeida.
- Lesión: o soneirán Pabicunha torcedura no nocello.
Non puido manter o tipo o Soneira ante a artillería malpicá. Os Camilo, Adra, Eme e os Martíns foron demasiado eficaces para a defensa soneirá. Un cadro vimiancés que prantexou un xogo de toque algo arriscado, e que deixou a defensa algo feble. Así e todo o Malpica nona abriu a lata ata o min.44, e antes o Soneira tivo a súa mellor opción, e case única, para poñerse por diante pero Borja marrou sen porteiro.
Corcubión - Camariñas (4-3)
- CORCUBIÓN: Abe, Toni, Pablo, Adrián, Iván, David, Sergio , Javi , Lema, Manu, Adri Tamén xogaron, Iago, Mario e Martín.
- CAMARIÑAS: Álvaro, Santiago, Juan Carlos, Manuel, Iago, Ismael, Martín, Javier, Carlos, Martín, Martín Tamén xogaron Manuel e Juan Manuel.
- Goles: Lema (2), Adri e Manu por parte do Corcubión e Javier (3) por parte do Camariñas.
Copa da Costa Xuvenil, Cuartos
Mazaricos - Fisterra (4-0)
- MAZARICOS: Iván, Fran, Mipadre, Javier, Cristian, José Ángel (José, min.65), Ferreiro, Carreira, Mario, Alex (Alberto, min.55), Sandelo.
- FISTERRA: Ángel, Roberto, Rubén, Miguel Manuel, min.68), Javi, Hidalgo, Juan, Noé, Gonzalo, Bruno, Cristian (Chiqui, min.75).
- Goles: 1-0, min.50: Sandelo; 2-0, min.62: Mario; 3-0, min.70: Sandelo; 4-0, min.85: Sandelo.
Sentenciou o Mazaricos de Brais e Kevin a eliminatoria ante un Fisterra algo desnortado. E iso que durante os primeiros 45 minutos os fisterráns dominaron o xogo en moitos momentos pero non estiveron finos cara gol.
Un gol ao comezo da segunda, clave, e o Fisterra despistouse e se aproveitou o Mazaricos para sentenciar, levando todos os balóns divididos. O baixón físico dos fisterráns foi importante e o marcador se puxo nun claro 4-0 que reflectiu o acontecido na última media hora, só con un equipo sobre o campo do Pino do Val.
Dumbría A - Cabana (1-2)
- DUMBRÍA A: Chupi, Marco, Samuel (Ruben, min.85), Adrián Ozón, Dito, Jose, Alex Siaba (Denís, min.75), Cote, Rodrigo (Rafa, min.60), Israel (Antón, min.85) e Martín (Blanco, min.70)
- CABANA: Sergio, Alex García, Duda, Dani Mato, Mato, Pablo, Alessandro (Stefan, min.50), Miki (Francés, min.60), Eliseo (Román, min.65), Moreno, Iván Mato.
- Goles: 0-1, min.30: Moreno; 1-1, min.65: Alex Siaba; 1-2, min.90: Iván Mato.
Partido moi igualado no Conco cun Dumbría A que ía a por todas, a superar a todo un Cabana. Os de Pablo Conde buscaban a Cote por alto e con segundas xogadas, e foi Alex Siaba o que fixo dano na defensa cabanesa. De feito foi el o que asinou o tanto do empate tralo inicial de Moreno.
Co 1-1 moita igualdade, ninguén quería arriscar, e Moreno fallou un penalti. Pero xa co tempo cumplido, Iván Mato rubricou o dominio do balón no último treito do choque cun tanto que dá vantaxe para a volta aos de Carracedo.
Coristanco - Ponteceso (0-3)
- CORISTANCO: Nacho, Suárez, Corral, Martínez, Pichel (Fondo, min.25), Gonzalo, Dani, Manuel Jesús, Rubén, Cristian (Cristian, min.65), Federico.
- PONTECESO: Xurxo, Dani Valle, Guile (Diego, min.70), Jorge, Fabián, Dani Cotelo, Alberto Recarey (Eloy Álvarez, min.50) (Eloy Campo, min.65), Martín Puente (Jonhatan, min.50), Borja, Iago (Mendieta, min.75), Lorenzo.
- Goles: 0-1, min.40: Jorge de penalti; 0-2, min.44: Iago tras un córner; 0-3, min.60: Lorenzo.
- Lesión: Eloy Álvarez.
Chegaba o Coristanco con varias baixas importantes como Magovi (cunha rotura de pómulo) e Damián, ademais de que Pichel tivo que saír aos 25 minutos. De feito os coristanqueses contaron con moitos cadetes, se ben os pontecesáns, que contaron con Alberto Recarey e Puente, tamén tiveron que contar co cadete Iago, que fixo un gran partido.
Foi un partido igualado, no que o equipo adaptouse moi ben á Rocheira, facendo un bo partido, con tensión e control do balón durante moitos minutos. Iso si, houbo momentos no que o cadro visitante baixaba a intensidade o que permitía que o Coristanco apretase e puxese en apuros á defensa pontecesá en moitos momentos.
De feito, o primerio tempo o cadro local aguantou moi ben as embestidas visitantes e só de penalti e de córner, puideron poñerse por diante con sendos goles ao fío do descanso. Na segunda, máis do mesmo, control visitante ata o 0-3, pero contra o final os locais apretaron lixeiramente pero sen demasiado perigo. De tódolos xeitos, o resultado é máis abultado do visto na Roceira.
Corme - Zas (0-1)
- CORME: Javi, Alejiño (Dani Chans, min.82), Iván, Koeman, Alberto, Sergio (Braulio, min.85), Antonio (Alex, min.85), Isma (Eloy, min.65), Brais, Dani, Jorge.
- ZAS: Miki, Josito, Quintáns, Ramón, Gonchi, Busto, Adrián, Kevin, Iago, Víctor (Alberto), Óliver.
- Gol: 0-1, min.65: Iago.
Partido igualado con control do Zas, que chegaba con baixas, pero cun dominio sen ocasións. O Corme tivo algunha ocasión nos primeiros compases por medio de Jorge que regateou por dúas veces ao porteiro. Brais tamén tivo un man a man, e Sergio tivo unha entrada que lle quedou atrás. Pero non estiveron finos os cormeláns, e apenas tiveron máis ocasións en todo o partido ante a seria defensa dos de Corredoira.
No segundo tempo, tamén tedioso e sen demasiado xogo, o Zas rubricou o dominio do balón cun tanto do cadete Iago no ecuador do segundo tempo, dándolle unha lixeira vantaxe aos zaenses de cara a volta.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Carnota non cede e o Volantes dá un paso adiante.
- 2ª Autonómica e Copa da Costa: Unha xornada con polémica sanitaria.
- Preferente: Sorte dispar.
- 1ª Autonómica: Desexando que remate.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Jorge Domínguez, Roco, De la Sierra, Pablo Conde, blog do Malpica de Luís E. Porto.