Mércores. 01.02.2023
El tiempo

Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa

Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa
O Santa Comba celebrou o título de campión da Copa da Costa 2012 coa súa volcada afección no Conco

Este domingo 24 de xuño de 2012, cunha pequena resaca do San Xoán, o fútbol da Costa celebraba o seu gran día, a Final da Copa da Costa. As modernas instalacións do Conco acollían a Gran Festa do Fútbol da Costa, un acontecemento que xa traspasa o meramente deportivo e é toda unha cita social, e se ben non houbo a entrada doutros anos, si foron unhas 1.000 persoas as que ateigaron as bancadas.
Se ben as afeccións, branca e laranxa responderon, non se vii á xente do futbol da Costa que non soe faltar a esta sinalada cita.

E no meramente futbolístico, non tivo piedade este Santa Comba, que volveu ser o cadro de comezo de tempada, cando os clubes da Mariña vían pasar ao Barça da Costa. Tralo 3-1 da ida, o cadro xalleiro puxo a guinda á súa historia como cadro laranxa (por mor da fusión co Xallas no Xallas de Santa Comba), e venceu 1-2, convertíndose así no novo Campión da Copa da Costa 2012.

Dumbría - Santa Comba (1-2)

  • DUMBRÍA: Sergio, Iván Pequeño (Cote, min.60), David (Ismael, min.57), Aarón Fernández, Suso, Aarón López, Tantán (Schuster, min.57), Luisete (Toni, min.57), Iago, Leo, Piri.
  • SANTA COMBA: Diego, Roberto Amoedo, Doro (Marcos, min.62), Baña, Angelo, Jota, Noli (Gonzalo, min.78), Julián, Orlando (Chinda, min.49), Mon (Dario, min.65).
  • Goles: 0-1, min.31: Toni tras un tiro de Noli; 0-2, min.69: Angelo de cabeza a unha falta lateral de Marcos; 1-2, min.89: Schuster de golazo de falta directa pola escuadra.
  • Árbitros: Sánchez Rojo e Leis Ares e Pérez Rellán. Non tiveron incidencia no marcador. O colexiado principal estreou o seu ascenso á Preferente con toda unha final.

Non houbo cor no Conco. O Santa Comba foi superior nos dous choques e é máis que xusto vencedor desta Copa a pesar das boas maneiras do cadro dumbriés.

Saíu o Dumbría con algunha sopresa, con baixas importantes e dando minutos aos menos habituais, como premio de Canosa ao traballo de todo o ano.
Pola súa banda, Gelucho fixo de Del Bosque e saíu sen 9, o que fixo moito dano á defensa dumbriesa, e sobre todo, permitiu que os laranxas controlasen o medio campo. Orlando e Mon non permitían que os centrais dumbrieses, Pequeño e Suso, puideran fixar as marcas dada a súa mobilidade, e permitían que Julián pola dereita e Noli pola esquerda fixeran moito dano.

Co control do medio campo, o Santa Comba adicouse a tocar. O Dumbría, pola súa banda, buscou demasiado o balón directo e os cambios de xogo, permitindo que as dúas torres do centro da zaga xalleira, Angelo e Roberto Amoedo, estivesen máis cómodos que nunca. Non houbo demasiadas ocasións nestes primeiros 45 minutos. Iago tivo un par de lanzamentos dende fóra, un tiro alto e unha falta aofío do descanso que parou Diego.
Pola súa parte, o Santa Comba creo algunha máis: un man a man de Noli que solventou ben Sergio, unha boa ocasión para Orlando, e, sobre todo, a xogada do gol, cun tiro de Noli que aproveitou Toni tralo despexe do meta local.

Na segunda, máis do mesmo. O Dumbría buscando balóns longos pero só puido facer dano tralo segundo gol xalleiro, unha vez que os laranxas levantaron o pedal en defensa. Cote tivo a mellor ocasión cun cabezazo a tiro de Iago.
Liberado Julián da banda fixo moito máis dano conducindo polo medio campo, escoltado, iso si, polo mellor xogador da Final a xuizo dos nosos colaboradores deportivos, Oscar Santos e Alberto Pose: Jota. Un portento tanto na ida como na volta.

Se ben xa non parecía que o Dumbría podía remontar, o gol de Angelo a falta de 20 minutos sentenciaba definitivamente a final.

Na parte final, Schuster puña o 1-2 cun golazo de falta, pero o Santa Comba vía como o colexiado anuláballe dous goles aparentemente xustos, por fóras de xogo de Angelo (que marcaba un idéntico ao segundo) e outro a Dario tras outro despexe de Sergio.

Ao final, título xusto para Santa Comba.

O Santa Comba, celebrou o título de Campión da Copa da Costa 2012 Suso, capi do Dumbria, recibe o trofeo ao Subcampion da Copa da Costa 2012 Doro, capitán do Santa Comba, e Doro Jr. reciben o título de campión da Copa da Costa 2012

Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa

Finalmente, foi Suso o xogador escollido no concurso Super Bock da Costa da Morte. Con 178 "megustas", o capi dumbriés (po certo, manteado polos seus ao final do choque) superou ao muradán Aarón Fernández, con 155, e leva un lote de produtos Super Bock, que por certo, servirá para salpicar a cea de fin de temporada do clube dumbriés.

Lembren que escollemos 4 xogadores por equipo, a tenor do que nos contaron os seus adestradores, sendo como un premio ao traxecto de toda a tempada. Ao final, a votación ao Xogador Supero Bock da Copa da Costa estivo entre os dumbrieses Aarón Fernández, Aarón López, Suso e Juan Purrúa, e os xalleiros Pablo Baña, Roberto Amoedo, Julián e Mon.

Galería de fotos da gran Festa do Fútbol da Costa

Final-CopadaCosta-2012-Boa-entrada-pero-non-a-doutros-anos-no-Conco Final-Copa da Costa-2012-Afeccion-de-punta-en-branco A Afección laranxa disfrutou máis no Conco Final-CopadaCosta-2012-Afeccion-dumbriesa

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos futboleiros

Fonte

comentarios