Domingo. 03.11.2024
El tiempo

FSF: Fin de ano a medias

FSF: Fin de ano a medias

Remata o ano o Fútbol Sala Feminino e o fixo cunha xornada a medias. Si que xogou o Fisober da 2ª Estatal, cunha nova derrota no derbi galego ante o Valdetires Ferrol, un equipo da liga de arriba. Sen embargo, na Liga Provincial, só xogou o Concello de Ponteceso FSF, que vencía 4-2 ao Cruces FSF e se aúpa á 2ª praza, a só 6 puntos e cun partido menos que o BeArt Coruña. Estas pontecesás están demostrando todo o seu potencial.

Mentres, o Lira FSF aprazaba o seu choque para xaneiro, ao igual que o derbi que estaba preparado entre Fisober B e Vila de Cee.

As que tamén disputaron o seu último partido do ano foi Eva e Patri no Viaxes Amarelle da máxima categoría do fútbol sala feminino estatal. As herculinas caían en Alcorcón, pero as costeiras seguen demostrando que teñen un papel protagonista no equipo e foron titulares de novo.

2ª División

Fisober da 2 Estatal
  • Resultado: VALDETIRES FERROL – FISOBER F.S.F. (6-1).
  • FISOBER: Leti, Laura, Ana, Inés e Noelia; tamén xogaron: Myrella, Raquel e Mai.
  • Goles: 0-1 Raquel, 1-1 Ery, 2-1 Ery, (descanso), 3-1 Ery, 4-1 Alba, 5-1 Didi, 6-1 Didi.
Raquel no partido do Fisober

Derbi entre dous equipos con metas moi diferenciadas a salvación para as costeiras e voltar a División de Honra para as departamentais. O partido arrancaba con dominio local e cun Fisober que optou por esperar a media pista e saír a contra, algo que lle funcionou moi ben na primeira metade. Aos dous minutos a costeira Noelia enviaba un balón o trabe despois dunha contra. Pero as locais non querían quedar atrás e mandaban case de maneira consecutiva dous balóns o pau.
Dominio local pero o férreo traballo defensivo visitante e Leti facían que o resultado non se movese nestes primeiros dez minutos. E máis cando Raquel aproveitaba un balón no borde do área para de reviravolta poñer en vantaxe as visitantes.
O gol foi un acicate para o Valdetires xa que no minuto seguinte Myrella cometía penalti e a local Ale de Paz dispuña da oportunidade de igualar pero mandou desviado. Aínda que pronto se resarciron do erro as locais xa que un lanzamento de Erika poñía a igualada no electrónico a falla de sete para o fin.

Continuaba o dominio local e as visitantes buscando aproveitar algunha contra. Así ían pasando os minutos ata que a piques de chegar o último desta primeira metade de novo Erika poñía en vantaxe as locais ante as costeiras que vían que despois do seu bo traballo ían por debaixo no electrónico. Un gol psicolóxico co que se chegaba o tempo de lecer. Pero foi cando dentro do primeiro minuto da segunda metade de novo Erika, que chegou a ser internacional con España a pasada tempada, completaba unha tripla goleadora. Un novo gol psicolóxico que poñía moi de cara o partido para as locais e desesperanzaba as visitantes.

O guión non cambiaba e todo empeoraba cando os oito minutos Alba facía o cuarto local despois dun saque de banda. Co paso dos minutos as pernas foron pesando cada vez máis as costeiras que xa apenas molestaban a unhas locais cada vez máis superiores.
Así dous goles case consecutivos de Diana a falla de tres para o fin do partido deixaban o resultado no definitivo seis a un.

A pesares da derrota os outros resultados da xornada permiten o Fisober seguir fora do descenso a espera dun encontro chave a volta do Nadal como será o enfrontamento co Mora co que está igualado a puntos. Unha vez chegado a Vimianzo as xogadoras de Nacional e Provincial disfrutaron da cea de Nadal.

1ª División Estatal

Eva co Viaxes Amarelle
  • Resultado: AD Alcorcón FSF - Viaxes Amarelle FSF (6-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Lidia Mesías, Dolo, Patri, Cris (cinco inicial), Yaiza, Espi, Laura Tesouro, Noe, Tati, Carmen (segunda portera).
  • Goles: 1-0 Vadillos (penalti) (min. 10); 2-0 Desiree (min. 16); 3-0 Isa García (min. 20); 3-1 Espi (penalti) (min. 27); 4-1 Cris Llanos (min. 27); 4-2 Noe (min. 32); 5-2 Leyre (min. 34); 6-2 Desiree (min. 40).
Patri co Viaxes Amarelle

Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Chipi, non puido pechar o ano 2014 cunha vitoria. Tiña un desprazamento complicado á cancha do AD Alcorcón FSF e acabaron caendo derrotado por un marcador de 6-2, aínda que tivo momentos do partido que se viu loitando de ti a ti cun rival que está pelexando por manterse nos postos de Copa. No 5 inicial das herculinas, as costeiras Eva baixo paus, e Patri.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios