Martes. 15.10.2024
El tiempo

FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi

FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi
Fin de semana solidaria da familia Fisober

Xornada importante esta para os equipos costeiros na Liga Provincial. Cun partido especial, o derbi entre Vila de Cee e Lira FSF, que deparaba un choque algo polémico e os puntos en casa das ceenses, neste caso, en Corcubión.
Ademais, o Ponteceso FSF non podía co Viaxes Amarelle e ve como se lle escapa o liderato, mentres o Fisober B caía de novo manténdose na zona baixa.

Mentres, segue sen regular o devir do Fisober na 2ª Estatal. Esta fin de semana pasaba o líder por Vimianzo, e endosaba unha boa malleira ás soneirás, que con todo celebraron unha xornada solidaria que rematou sendo un éxito.
Gran traballo o dos compoñentes da Peña Marea Nejra, así mesmo como con toda xente que colaborou ca xornada solidaria do Fisober.

2ª División Estatal

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – SOTO DEL REAL (0-8).
  • FISOBER: Leti, Ana, Raquel, Inés e Noelia; tamén xogaron: Mai, Tamara e Laura.
  • Goles: 0-1 Patri, 0-2 Patri, 0-3 Laura, 0-4 Raquel, 0-5 Belén, (descanso), 0-6 Belén, 0-7 Ana, 0-8 Raquel.

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo con dúas facianas moi diferentes para o Fisober. A negativa no deportivo onde o líder invito o Soto del Real gañou con autoridade as costeiras. A positiva a da xornada solidaria, que foi un éxito grazas o enorme traballo dos compoñentes da Peña Marea Nejra, a xente que colaborou aportando o seu gran de area, en forma de xoguetes ou alimentos , que se acercou o Pavillón de Vimianzo e resaltar tamén as animosas compoñentes das categorías inferiores do Fisober que non deixaron de animar durante a xornada a pesar dos resultados tanto en Nacional como en Provincial.

No netamente deportivo. O partido comezou cun gran ritmo e vistosidade. Con ocasións por ambos lados. Para as locais, Raquel e Inés tiveron moi boas ocasións para adiantar as costeiras. Pero os seis minutos, a visitante Patri aproveitaba unha xogada de pizarra a saque de esquina para adiantar as súas.
Pouco a pouco e co paso dos minutos cada vez as madrileñas eran máis superiores. Así os doce minutos de novo Patri se atopaba co gol para facer o cero a dous. Dende aquí as visitantes foron un auténtico vendaval, amosando un gran fútbol sala o cal as locais eran incapaces de frear, deixando as credenciais de porque son líderes invictas da competición.
A cinco para o fin da primeira metade foi Laura a que facía o terceiro visitante, un minuto despois Raquel facía o cuarto e chegando o último minuto era Belén a que facía o quinto co que se chegaba o tempo de lecer.

No arranque da segunda metade non cambiou o guión , nin o dominio visitante. Aguantaron o primeiro empuxe as costeiras, ata que no minuto sete de novo Belén facía o sexto. Mediada está segunda metade a dez e oito minutos para o fin respectivamente eran Ana e Raquel as que establecían o definitivo cero a oito no electrónico.
Dende aquí ata o fin xa non mudou o marcador, nun duro partido para o Fisober ante un potente rival. A pesar da contundente derrota os resultados da xornada axudaron e permiten as costeiras seguir fora do descenso.


Liga Provincial, xornada 11

Derbi entre Vila de Cee e Lira FSF
  • Resultado: FSF Vila de Cee - Concello de Carnota Lira FSF (1-0)
  • Gol: 1-0, min.30: Andrea de penalti.

Vitoria ceense no derbi costeiro disputado en Corcubión, tras un partido tremendamente igualado no que as roxiñas de Lira, de novo de azul, quedaron algo descontentos coa actuación arbitral.

A primeira parte mostrou un partido moi igualado, ambos equipos mostraban moito respecto o rival, e intentaban controlar o xogo sen arriscar, xeneráronse moi poucas ocasións, e fóronse o descanso cun empate a ceros.

Na segunda parte as rapazas do Vila de Cee intentaron atacar e presionar máis as lirachas, xerando algunha ocasión máis, como o penalti que transformou Andrea e que significou o tanto da vitoria. As rapazas do Carnota, ao verse co resultado en contra intentaron atacar a partir dese momento conseguindo ter boas ocasións para marcar, mentres que as ceenses cerrábanse en defensa e saían con algunhas contras. Finalmente rematou o partido ca vitoria de 1-0 a favor do Vila de Cee, nun encontro moi igualado no que, se cadra, un empate tería sido un resultado máis xusto.

Na próxima xornada, aínda a vindeira semana, novo derbi costeiro, entre o FSF Vila de Cee e o Fisober.

Liga Provincial, xornada 11

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF C - Concello de Ponteceso FSF (6-2)
  • Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Noa, Carmen, Sandra, Martina (cinco inicial), Cintia, Carla, Ana.
  • Goles: 1-0 Paula (min. 3); 2-0 Marta (min. 9); 2-1 Salomé (min. 11); 3-1 Marta (min. 12); 4-1 Tati (min. 19); 5-1 Tati (min. 23); 5-2 Cintia (min. 28); 6-2 Goretti (min. 30).

A primeira metade deu comezo cos dous equipos metidos moi no partido, pero o primeiro en conseguir anotar serían as locais aos tres minutos por medio de Paula, que abría o marcador co 1-0. Chegando á medianía do xogo chegaría o 2-0, nesta ocasión por mediación de Marta. O Concello de Ponteceso reaccionaba e axustaba o marcador a falta de oito minutos cun gol de Salomé, pero apenas un minuto máis tarde Marta volvía ampliar as distancias co 3-1. Pero o cadro local sentenciaba o partido xusto antes do descanso. Marcou de novo á volta dos vestiarios o equipo herculino pero as xogadoras do Concello de Ponteceso non se deron por vencidas e a falta de doce minutos Cintia recortaba o marcador co 5-2.

Liga Provincial, xornada 11

Partido do Fisober B
  • Resultado: : FISOBER “B” F.S.F. – CAFETERÍA MECA (1-5).
  • FISOBER B: Paula Lema, Andrea Piroja, Laura, Paula Fandiño e Tamara; tamén xogaron: Andrea Muíño, Alejandra, Marina, Nuriña e Antía.
  • Goles: 1-0 Andrea Piroja, 1-1 Paloma, 1-2 Eva Lago, (descanso), 1-3 Jessi , 1-4 Jessi, 1-5 Paloma.
Xogadoras do Fisober B celebrando o gol de Andrea Piroja

Partido disputado na tarde do sábado en Vimianzo, unha vez finalizado o partido de Nacional e dentro da xornada solidaria do Fisober. Arrancou moi ben o filial como acostuma nas últimas semanas, dominando o partido e moi metido. E froito dese dominio chegou o primeiro gol do partido obra de Andrea Piroja despois dunha contra e unha moi boa combinación. As visitantes pouco a pouco foron tomando o ton do partido e as locais ían baixando no seu control.Un filial que foi de máis a menos perante o partido. E así mediada esta primeira metade a visitante Paloma aproveitaba unha chegada para igualar o electrónico.Pasaban os minutos e o partido cada vez tiña menos ritmo.

Ata que a falla de cinco minutos un lanzamento de falta da ex do Fisober, Eva Lago poñía en vantaxe as coruñesas. Foi un duro golpe para o filial, xa que despois dunha primeira metade igualada vían como chegaban o tempo de lecer por debaixo no marcador. E o arranque da segunda metade foi a lousa definitiva, dous goles de Jessi nos primeiros cinco minutos finiquitaron un partido o que as costeiras xa non foron quen de entrar. As visitantes máis veteranas pasaron a controlar o ritmo do partido. Ata que a cinco para o fin Paloma facía o definitivo un a cinco. Tentaron as locais reducir o resultado pero xa sen sorte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, e Viaxes Amarelle.

Comentarios