Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Guillermo Carracedo, un loureán vivindo das ondas

Guillermo Carracedo, un loureán vivindo das ondas
Guillermo Carracedo e paddlesurfista profesional Guillermo Carracedo vive en Louro e é paddlesurfista profesional

Poucas persoas deben vivir a día de hoxe da táboa de surf. Non é doado triunfar nun mundo que depende dos patrocinadores, da túa marca persoal, da túa incidencia e do número de impactos que teñas nas redes sociais. Un dos que o consegue é Guillermo Carracedo. Nado en Santiago de Compostela, Guillermo pasaba cada verán da súa infancia en Louro, onde agora vive “de ocupa e como un rei” na casa da avoa. En primeira liña de praia só ten que mirar pola fiestra a ver que tal andamos hoxe de ondas.
Precisamente cazámolo ao teléfono mentres anda buscando ondas polas praias do arredor, sendo a súa zona, ao sur de Fisterra, a súa favorita.

Guillermo aos seus 23 anos, vive un momento doce. Remata a tempada como nº1 do ranking galego e do ranking español de paddlesurf. Ademais é o primeiro deportista que gaña a un tempo o campionato de España de Surf e de Paddlesurf, aí é nada. Pero estes son os datos miúdos dun currículum que inclúe 3 campionatos estatais, 6 galegos, un 5º posto nos Campionatos de Europa, un nº 19 do mundo e unha continúa presencia internacional coa Selección Española de surf. A súa idea é seguir medrando no ranking mundial, pero a cousa está complicado xa que “o Campionato do Mundo está algo de cachondeo… Paralizaron o campionato a media temporada por falta de patrocinadores así que haberá que ver”.

El non para e segue competindo a nivel galego e nacional, compaxinando os seus estudos de Medicina a distancia, cos seus continuos adestramentos e viaxes. As últimas Srilanka e Bali…

Guillermo Carracedo por Albert P Laborda Guillermo Carracedo cazado por Albert P. Laborda

Como comezou no mundo do surf

Todo comezou coa peli “Locos por el Surf”, ao que hai que sumarlle unha táboa de 10 pés do seu veciño e amigo Abel Lago, un dos mellores kitesurfistas do mundo. Colleu a primeira onda e quedou enganchado. Estreouse en Nemiña con 19 anos e agora non falla a unha proba da man do seu club Sieira e a marea de patrocinadores que o apoian, sen os que sería posible seguir participando nas probas. Entre eles destaca Ion, Fanatic, Skullcandy, Wet, Carver, Oakley, Mission, Marca, Quickblade ou Stfins, nombres de verdadeira incidencia no mundo.

Sen dúbida, ter tan preto unha referencia mundial como Abel Lago é importante. “O bo que teño é que Abel foi un dos meus mestres, un dos que me ensinou a surfear, e despois fun abríndome o meu propio camiño. Ter un coñecido a nivel mundial, aínda que son disciplinas totalmente distintas, é unha gran sorte. Ademais, teño que destacar tamén a Jaime Martínez, o que realmente me ensinou a surfear. El non compite pero leva toda a vida enriba dunha táboa, e ademais agora é o que me saca as fotos para as redes sociais”.

Guillermo Carracedo nunahs fotos do seu amigo Jaime Martínez Guillermo Carracedo nunhas fotos do seu amigo Jaime Martínez

A día de hoxe, surfea todo o día e estudia a carreira de Medicina. “Vivir disto é complicado pero pódese. Eu levo dende os 19 anos, dende que me mudei aquí a Louro, onde estou mellor que en ningures. Compaxino os adestramentos cos estudos e dedícome a isto. Isto require entrenar 6 horas ao día (1 hora de skate, 1 hora de físico, e moitas na auga…)”

Recoñece que en verán “o de ir en praia en praia é envexable, pero en inverno ir con -2º ou -3º, coa néboa practicamente enriba da auga… e co traxe mollado, non apetece tanto…”

Viaxar, a outra gran paixón

Guillermo Carracedo en Bali Guillermo Carracedo en Bali

Perfectamente compatibles son as súas grandes paixóns: surfear e viaxar. “Viaxar é unha das grandes paixóns, e por agora vou cumplido a miña filosofía de vida: levar máis países viaxados que anos tes. Teño 23 anos e ando polos 32 paísese, e iso sen contar coas conexións, que hai que parar e durmir nese lugar”.

Hai pouco estivo en Bali (“incrible a cantidade de olas que había”), e por SriLanka (“é moito máis salvaxe, máis bonito”). Viaxes nos que ás veces vai só ou con compañía, dependendo de canto poñen os patrocinadores, claves para chegar a todas esas probas internacionais.

Tamén leva pateado moito a península e como “namorado do estilo da vida surfeira” que é, “así fanse colegas por todas partes. Creo que en todas as praias de España teño unha casa onde durmir e un prato para comer”.

Como é a nosa zona para o mundo dos surf?

”A nosa zona ten pouquiña xente e moitas boas olas, e moitas delas aínda por descubrir. Gústame a zona de Fisterra e Muxía, onde ademais das clásicas do Rostro e Nemiña hai salgunhas agochadas moi valiosas. Pero sobre todo, gústame a nosa zona, ao sur de Fisterra, hai moitos sitios onde atopar boas ondas.

Novos obxectivos

Entre os seus obxectivos está meterse entre os 10 mellores paddlesurfista do mundo, pero a parálise do Campionato do Mundo faille perder un tempo precioso.

Ademais dos patrocinadores, e para poder seguir competindo a nivel mundial, Guillermo abría o ano pasado unha especie de crowfunding a través da plataforma de “Marca-Patrocínalos”, na que todos podemos colaborar.

Eles presentáronnos un pouco como é Guillermo:

 
 

Novas surfeiras

Fonte

Comentarios