Hoxe, martes, no Depor Sport
19:04 08/11/11
Comezamos hoxe o repaso ao diario do Deportivo pola Preferente. E o facemos con Mauro, que volvía tras un ano fóra e marcou un gol que valeu 3 puntos para o Soneira ante o Boiro.
Ademais o diario comenta o accidente do xalleiro Toni volvendo a Fisterra que o deixou fóra da convocatoria; Aarón López recoñece a superioridade do Narón ante o seu Dumbría.
Na rolda de prensa da Liga da Costa o diario fala de Elías, clave na vitoria do Buño no derbi malpicán malia ter sido no 2009 peza fundamental no cadro do Malpica.
Cómpre destacar tamén datos como a doble expulsión de De la Sierra (como adestrador de xuvenís o sábado e como xogador o domingo); as lesións de Pablo Muíño e Jaime no Zas, ou o debut de Ángel Lago, xuvenil de primeiro ano, en Ara Solis ante todo un Club do Mar.
Ademais, as imaxes da xornada son protagonizadas polo meta do San Lorenzo, Recarey, ante Juan de Dios, que resue ben como foi o partido.
Falamos tamén do Carnota, que ficha outro xogador ceense, como é Jacobo. E por alí imos ata Porto Cubelo, campo no que se invertiron 6.000 euros na súa rehabilitación.
Ademais hai un sitio para Ana Mouzo, figura mediática protagonista de varias reportaxes como futbolista do Fisober así como adestradora do Soneira B, que segue rompendo barreiras.
Xa en xuvenís o diario fala da Liga da Costa Xuvenil, a que só recolle QPC. E sinala que o Dumbría B recolle o relevo do Malpica, tralo seu tropezo.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Xa non quedan invictos.
- 2ª Autonómica: O Camariñas escapa.
- Preferente: Sumou o que máis o necesitaba.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso saca a cabeza pero o Cee afunde.
- Resultados do fútbol costeiro neste comezo de novembro.
Máis novas
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).