mércores. 30.04.2025
El tiempo

Hoxe, mércores, no Depor Sport

Hoxe, mércores, no Depor Sport

Chega hoxe o Depor Sport con pouca "chicha" costeira, pero hai varias cousas que podemos tratar. Como as protestas dende Louro ante a suspensión do partido por parte do Carnota tralo accidente da noite do sábado no que fenecía o fillo dous ex xogadores do clube carnotán.
De feito a situación é complicada. Dende Carnota aseguran que avisaron á directiva muradán, pero dende Louro afirman que só o sabían varios xogadores e por rumores. Ao final, directiva e xogadores do Montelouro presentáronse en Lombáns, e só se atoparon co colexiado, que non fora avisado da suspensión do choque.
Onte Cambeiro facía unhas declaracións nas que se preguntaba "Que valen eses puntos? que os leven eles". Unhas declaracións que non gustaron moito en Louro, que respetando o difícil momento, non entende por que non lle acusaron. Finalmente ambos equipos terán que decidir unha nova data do partido, se ben dende Louro afirman que si que xogarán o partido, non como se especulaba.

Volvendo ao diario, falamos do filial dumbriés, que está a facer un fenomenal comezo de campaña.
Ademais apunta que na 3ª, o Muxía e o Xaviña cambian o campo.

Liga de Veteranos de Fútbol Sala As Baleas

Ademais, dende Camariñas nos informan de que está aberto o prazo de inscrición para apuntarse á Liga de Fútbol Sala de Veteranos As Baleas.

Para apuntarse poden chamar por teléfono ao número 669 841 698, ou na oficina de deportes do Concello de Camariñas. O prazo de inscrición pechará o venres 7 de outubro.
O sábado 8 de outubro será a reunión ás 13:00h, no pabellón de deportes.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios