Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Iago Canosa, cun pé na Selección Española de Piragüismo

Iago Canosa, cun pé na Selección Española de Piragüismo
Iago Canosa 2 en Le Seu de Urgell Iago Canosa

O palista do CDM Piragüismo Dumbía, Iago Canosa acadou un fantástico 2º posto na primeira proba da Copa de España de Slalom que se disputaba esta fin de semana no Parque Olímpico de La Seu d´Urgell. O de Olveira impúxose na competición do sábado, pero só puido ser 3º na do domingo, co que no resultado final desta primeira Copa de España foi o 2º posto.

Ademais, esta proba era selectiva para entrar na Selección Española Sub18 que viaxará en pouco máis dun mes a Brasil para disputar os mundiais. Os oito mellores clasificados teñen a vindeira fin de semana a segunda parte destes selectivos na canle da vila francesa de Pau, un dos percursos máis esixentes do mundo. Segundo como se fagan as contas cos descartes, Iago está sempre entre os tres deportistas con dereito a viaxar na expedición nacional. De segundo aplicando os descartes, ou de terceiro sen aplicalos.

Máis participación dumbriesa

Kiara en Le Seu

Pola súa parte, Kiara Martínez e Marco Oreiro tamén acudiron a competir á vila lleidana sen demasiada sorte, algo normal se temos en conta que á esixencia xa de por sí de navegar na canle que un día albergou os Xogos Olímpicos de Barcelona, se lle sumou uns percorridos moi esixentes para realizar os selectivos dos deportistas que representarán a España nos diversos Campeonatos de Mundo o ano de clasificación olímpica.

Vindeira cita

A vindeira proba da copa de España de Slalom sera en Galicia, na vila pontevedresa de Mondariz Balenario.


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios