Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Indurain e Chiapucci revivirán os seus épicos duelos no Gran Fondo Ézaro

Indurain e Chiapucci revivirán os seus épicos duelos no Gran Fondo Ézaro
Indurain e Chiapucci no Gran Fondo Ezaro 2015

Menudo nivel. Parece que esta a aposta definitiva polo Ciclismo no Concello de Dumbría vai moi en serio, e este Gran Fondo do Ézaro vai coller, pronto, sona internacionais. I é que nada menos que Miguel Induráin e o italiano Claudio Chiappucci revivirán os seus épicos duelos do Tour de Francia no Gran Fondo Ézaro.

Ambos ciclistas lucirán os dorsales 1 e 1000, respectivamente, e pelexarán, cóbado con cóbado, por ver que sobe máis rápidao o “muro”, o o “Formigón”, a verdadeira costa da morte, a subida ao Alto do Ézaro, de 1,8 quilómetros con rampas que chegan ao 30%.

Unha cita, a do 4 de xullo, e xa coas inscricións abertas a partir do 1 de marzo, a través da web www.granfondoezaro.com, que “será un antes e un despois” para o ciclismo na Costa da Morte, como recoñece o propio César Ferrío, un dos culpables da chegada de tan grandes pelotóns á bisbarra.

Apostando polas dúas rodas

Segue traballando o Concello de Dumbría, e mentres artella xa a V BTT, con máis de 400 participantes cada ano, segue traballando para traer un novo final da Volta no Alto do Ézaro para 2016.

Unha aposta que traspasa o deporte, pois as cifras, en materia turística e, polo tanto económica, falan por si soas: O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.

Historia viva na Costa

Naquela época Miguel Induráin foi o gran dominador de ciclismo mundial e Claudio Chiappucci, o seu rival máis incómodo. O navarro, poderoso e tranquilo. O italiano, puro xenio, un ciclista racial, pouco suxeito ás tácticas, polo que deixou unha profunda pegada na memoria dos afeccionados. Ambos se reencontrarán anos despois no concello de Dumbría o primeiro fin de semana de xullo para cubrir á beira de centenares de participantes un percorrido de 137,20 quilómetros que sae de Ézaro (Dumbría) e conclúe no Mirado do Ézaro, logo de pasar polos municipios de Cee, Muxía, Carnota e Muros. A guinda final a un itinerario polos belos escenarios da Costa dáa Morte pona a subida ao mirador, unha ascensión que non chega aos dous quilómetros de lonxitude, pero que ao seu forte desnivel une un tramo de firme de cemento, onde as rodas da bicicleta crávanse literalmente. Nese escenario concluíu en 2012 a duodécima etapa da Volta a España, con vitoria do corredor catalán do equipo Katusha Joaquim Rodríguez.

Figuras do ciclismo galego de distintas épocas e ata do atletismo estarán tamén na liña de saída deste evento que está levantando unha gran expectación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios