Ligas Galegas: Mala sorte
Seguen sen puntuar os 3 equipos costeiros nas Ligas Autonómicas. Pero a realidade é que os 2 equipos dumbrieses e o xalleiro non están facendo un mal comezo de campaña pero a mala sorte está facendo mella e polo de agora seguen sen puntuar.
Alomenos, esta semana romperon a mala xeira de non ter marcado, así que a partir de aquí todo será mellorar.
Analizamos con Joaquín Casais, Corredoira e Huelvis, os choques desta semana.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 3
- Resultado: Dumbría - Valmiñor (1-3)
- DUMBRÍA: Gabriel, Josiño, Pablo Raúl, Gabi, Jose, Marcos, Borja, Fabio, Brandon e Gonzalo. Tamén xogaron: Esteban, Luís Lojo, Eloy, Gerardo e Jorge.
- Goles: 1-0, min.3: Brandón; 1-1, min.30; 1-2, min.42: de falta; 1-3, min.70.
Mala sorte tamén para o equipo de Juan Purrúa e Joaquín Casais no Conco. E iso que comezaron moi ben, cun tempraneiro tanto de Brandon que facía presaxiar a primeira vitoria do ano. Pero se meteu a apretar o cadro visitante e un erro na defensa deixaba só a un punta diante de Gabriel supoñendo o empate á media hora. E pouco antes do descanso, chegaría un gol de falta que doeu moito na expedición costeira.
Saíu forte o equipo local na segunda, cun remate ao longueiro de cabeza de Marcos Mouro a unha falta de Mauro, que puido cambiar o rumbo do partido. Pero despois xa marcaron os visitantes o terceiro e o Dumbría se deixou ir ata o pitido final.
Liga Galega Cadete, xornada 3
- Resultado: XSC - Lugo B (1-2)
- XSC: Álex, Guillín (Mosteiro, min.70), Raúl, Pablo (Héctor, min.77), Carlos Baio, Juan Lois, Óscar (Manuel, min.60), Carlos Rieiro, Juanjo e Grille.
- Goles: 1-0, min.44: Carlos; 1-1, min.57; 1-2, min.70.
Non mereceu perder o XSC ante o CD Lugo, nun partido onde os xalleiros adiantáronse no marcador un minuto antes do descanso con gol de Carlos, pero viron como, na segunda metade, e cando o dominio local era absoluto, dous despexes da zaga lucense, unidos a dous graves erros defensivos locais, eran aproveitados polo equipo rojiblanco para alzarse cun triunfo absolutamente inmerecido.
O primeiro tempo foi igualado, cun XSC intentando levar a batuta do xogo e un Lugo moi perigoso á contra. No entanto, os locais puideron adiantarse antes no marcador, pero non estiveron atinados á hora da finalización.
Tralo descanso, na segunda metade, o dominio do Xallas foi absoluto, cun Lugo moi replegado e buscando algunha contra. As oportunidades foron moi claras e, salvo un gol anulado ao XSC nun córner, nunha acción de Carlos, non foron aproveitadas as posibilidades de aumentar a vantaxe no marcador.
Ao final, un 1-2 que non fixo xustiza ao sucedido sobre o terreo de xogo e un XSC que mostrou boa cara pese á derrota.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 3
- Resultado: Dumbría - Portuarios (1-2)
- DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.70), Xan, Toni, Berto (Evaristo, min.73), Sergio, Ezequiel (Xulián, min.69), Brais Fdez., Adrián, Hugo (Samuel, min.41), Alex (Brais Martínez, min.60) e Brais Tajes.
- Goles: 1-0, min.2: Brais Tajes; 1-1, min.11; 1-2, min.32.
Crónicas das Ligas Aurtonómicas – Aluminios Dumbría
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Lira ponse ao mando.
- 2ª Autonómica: 7 en cabeza.
- 1ª Autonómica: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- Preferente: Sumando.
- Resultados e análise da primeira xornada de outono.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).