Ligas Galegas: O XSC tamén descende á Liga comarcal



Non puido conseguir a permamencia na Liga Galega Cadete o XSC. Necesitaba a vitoria na última xornada e as baixas mermaron o potencial dos de Corredoira, que se ven abocados ao descenso á liga comarcal.
Mal ano este para os nosos equipos nas ligas autonómicas. O Dumbría, aínda con varias xornadas por diante, xa ten confirmado o seu descenso de categoría, pero a pesar diso seguen pelexando como tigres cada partido.
O que si que teremos un ano máis na máxima categoría de Cadetes será ao Dumbría. O cadro de Joaquín e Juan rematou a longa temporada xa coa salvación acadada hai moitas xornadas.
Esperamos que o ano que vén algún dos campións comarcais poidan competir en Liga autonómica, cando xa teñen rivais para as Fases de Ascenso.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34
- Resultado: Dumbría - Galicia Caranza (1-3)
- DUMBRÍA: Gabriel (isma, min.41), Esteban, Xavi, Josiño, Jose, Eloy (Toja, min.51), Fabio, Mario (Cristian, min.46), Luís (Adrián, min.58), Borja (Xavi, min.55) e Brandón.
- Goles: 0-1, min.28: de penalti; 1-1, min.50: Jose a centro de Borja; 1-2, min.69; 1-3, min.75.
Derradeira xornada na DH cadete desta tempada 2014-15 e enfrentaban no Conco ó Dumbria CF. e o Galicia de Carranza, dous equipos sen nengún tipo de presión e cos deberes feitos hai varias xornadas para seguir o próximo ano nesta difícil categoría. Saía mellor no primero tempo o Galicia Caranza dominando ó Dumbria pero non conseguía ter ocasións claras para marcar. O primero gol visitante chegaría logo dun penalti cometido por Eloy que sacaba o cóbado para cortar un centro dende a banda dereita do ataque ferrolá, a pena máxima sería transformada por Iago no 28' subiendo o 0-1 ó marcador. Non habería máis ocasións para marcar nesta primera meta de e chegábase ó descanso con ventaxa para os ferroláns.
Xa no segundo tempo saía mellor o Dumbria, dominando ó Galicia, con boas ocasións para marcar por medio de Brandon, dúas veces, e outra de Luís que tampouco conseguía bater a Kevin. O gol dumbriés sería obra do muradán Jose que remata de cabeza á escadra unha maxistral falta botada por Borja, que volvía ó equipo despois dun mes lesionado. O empate fixo reaccionar ós ferrolás que buscarían a vitoria ,mentres o cansanzo aparecía nos xogadores locais, e así,chegarían dous novos goles para o Galicia Carranza, cos que remataba o encontro.
Unha derrota que non empaña a gran tempada dos xogadores de Juan e Joaquín, coa salvación conseguida xa hai varias xornadas e que o próximo ano volveremos a desrutar desta categoría no Conco.
Liga Galega Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 34
- Resultado: Calasanz - Xallas StComba (3-1)
- XSC: Rubén; Guillín (Brais), Raúl, Carlos (Héitor), R; Juanjo, Thiago; Adrián (Samuel), Juan Lois, Manuel (Mosteiro) e Pablo Grille.
- Goles: 1-0, min.62; 2-0, min.66; 3-1, min.68: Pablo Grille; 3-1, min.79.
Non puido alcanzar o seu obxectivo un XSC mermado polas baixas de Alberto, Pablo, Carlos Rieiro e Oscar, ás que se lles uniron, aínda co 0-0 no marcador, as de Adrián e Carlos Baio, que favoreceron o triunfo final dun Calasanz que non as tivo todas consigo ata o final da contenda.
Os xalleiros, conscientes do moito que se xogaban, polos dous arrastres de División de Honor, Lalín e Santiago de Compostela, trataron de contrarrestar o potencial dos locais a base dunha boa organización e saídas rápidas ao contragolpe. A primeira metade foi tremendamente igualada, con poucas ocasións de gol, chegándose ao término da mesma con 0-0 no marcador.
Na segunda metade mantívose a tónica da primeira parte, pero as lesións de Adrián e Carlos Baio, mermaron o potencial visitante, que viron como nunha falta e nun contragolpe, os locais puxeron terra por medio. O gol de Pablo Grille, a falta de oito minutos, abriu a esperanza dos verdenaranjas, pero o postrer tanto local pechaba un marcador cruel para os visitantes.
Ao final, os xalleiros, con 34 puntos, vense abocados, xunto co Orillamar, que non pasaba do empate en Santiago ante o Conxo, a unha inxusta perda de categoría, pois en ningún instante da competición ocuparon postos de descenso directo, que foron para Compostela e Eume.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 24
- Resultado: Orillamar - Dumbría (4-3)
- DUMBRÍA: Juan (Breo, min.40), Samu, Álex, Luís, Joni (Brais Martínez, min.48), Toni (Ángel Sestayo, min.10), Berto, Adrián, Mateo, Xan e Tajes.
- Goles: 1-0, min.6; 2-0, min.20; -0, min.26; 3-1, min.45: Adrián; 3-2, min.54: Brais Tajes; 4-2, min.60; 4-3, min.63: Brais Tajes.
O partido arrincaba cun minuto de silencio Brais Trillo Fandiño, o mozo falecido a fin de semana, moi vencellado ao club.
Seguen pelexando coma leóns os bravos rapaces de Pablo Conde e Huelvis, a pesar de saberse descendidos. Pero tardaron en reaccionar, pois nas tres primeiras chegadas marcaron os locais e mentres se asentaban. Pero lonxe de virse abaixo, o que sería normal dada a situación do equipo, no segundo tempo volveu ser o equipo deste último mes e medio, apretando, meténdoos na área e case que remontando. Co 3-2 houbo ocasións para empatar pero nunha contra ampliaban o marcador. Con 15 para o final aínda Brais Tajes recurtaba, e no treito final Mateo e Adrián e Angel Sestayo pudieron empatar pero a nestes últimos tempos sempre falta ese “un pouco” para sumar.
Crónicas da semana
- Rivais para os nosos 5 equipos das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas.
- 3ª Autonómica: Ameixenda e Coristanco manteñen o pulso e o Nantón dalle a volta á tortilla.
- 2ª Autonómica: O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- 1ª Autonómica: Soso final.
- Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo.
- O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).