Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Ligas Galegas: Primeiros puntos, pero faltan os goles

Ligas Galegas: Primeiros puntos, pero faltan os goles
Dumbria-Bergantinos da Liga Galega Inf-Foto-Oscar Aluminios Dumbría patrocina as Ligas Autonómicas - Coñécenos en aluminiosdumbria.es

Colleitaron o Dumbría da División de Honra Cadete e o XSC da Liga Galega Cadete os seus primeiros puntos da temporada. Non puido estrearse o Dumbría aínda o Dumbría da Liga Galega Infantil, pois pasou un carnotán chamado Martín vestido do vermello bergantiñán, e deixou tres goles e un partidazo.

Así e todo, quedan moitas asignaturas pendentes, como a de marcar goles. Ningún dos 3 equipos estreou o taboleiro dos goles nas dúas primeiras xornadas.


División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 12

Coruxo - Dumbría (0-0)

  • DUMBRÍA: Gabriel, Josito, Gabi, Pablo, Raúl, Marcos, Borja, Jose, Fabio, Ayoze e Gonzalo. Tamén xogaron: Mario, Brandón, Adrián e Luis Lojo.

Primeiro e meritorio punto do equipo de Juan Purrúa e Joaquín Quintáns nada menos que en Coruxo, un grandísimo rival. Foi un partido de gran derroche físico por parte dos dous conxuntos. A primeira matede estivo igualada, con moitos balóns longos.

Na segunda, o Coruxo fixo dano na defensa dumbriesa sobre todo a balón parado. De feito, en dúas ocasións os paus, e outras tantas o meta Gabriel, que foi o mellor do partido, salvaron aos costeiros.


Liga Galega Cadete, xornada 2

XSC - Conxo (0-0)

  • XSC: Ángel, Rubén, Raúl (Fran, min.46), Pablo R., Carlos Baio, Juan Lois (Brais, min.75), Manuel (Guillín, min.40), Carlos Rieiro, Juanjo e Grille (Héctor, min.63).

Partido moi intenso e disputado, onde o XSC de Corredoira, mercé ao seu traballo e organización, alcanzou o seu primeiro punto da tempada ante un Conxo que é serio candidato ao ascenso á División de Honor.

Os visitantes gozaron dunha gran oportunidade para levarse os tres puntos nun penalti sinalado polo colegiado nunha derriba de Raúl, na primeira metade, pero o meta Anxo realizou unha gran parada no lanzamento, abortando a oportunidade dos santiagueses.

Durante todo o partido, o XSC xogou moi intenso, cunha entrega constante, para frear a un conxunto descendido da División de Honor e que conta con numerosos xogadores con máis experiencia na categoría que os xalleiros, non en balde o seu equipo B militaba na Liga Galega e descendeu polo arrastre do primeiro equipo.


Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 2

Dumbría - Bergantiños (0-3)

Dumbria-Bergan da Liga Galega Inf-Foto-Oscar
  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.65), Xan (Angeliño, min.72), Sergio, Toni, Samuel, Berto (Fran, min.65), Adrián, Brais Fdez., Ezequiel (Brais Martínez, min.63), Álex (Hugo, min.55) e Brais Tajes.
  • Goles: 0-1, min.7: Martín; 0-2, min.50: Martín; 0-3, min.77: Martín.

A diferencia no marcador e no partido foi a que marcou o dianterio carnotán do equipo carballés, Martín. Del foron os 3 goles e o desequilibrio nun encontro xogado de poder a poder no resto de emparexamentos. Pero a forza, corpulencia e calidade do 9 visitante marcou a diferencia.

O Dumbría de Pablo Conde e Huelvis saíu moi metido no partido, consciente de que dominar no medio campo podía ser o camiño para acadar puntos. Pero un balon longo cara o punta visitante os 10 minutos, foi o xermen do 1° gol.
O resto do primeiro tempo foi de dominio alterno. Os locais chegaron en varias ocasións á meta do Bergan con tiros con certo perigo de Adrián, Berto e Brais Tajes; e ademais coa labor destacada de Toni e Sergio conseguiron neutralizar as acometidas do perigoso Martin.

O segundo tempo comenzou coa mesma sensación de equilibrio, con dúas ocasións do Dumbria, 1 de Brais Tajes e outra de Toni, anuladas incomprensiblemente por fóra de xogo por parte do colexiado.
Mediado este acto, unha arrancada do visitante Martin desfacéndose de todos cantos defensores lle saíron ó paso levou a sentenza o 0-2 o marcador. O resto do 2° tempo valeu para ir sumando minutos de competición, de competir e non baixar os brazos para o Dumbría; e no epílogo, ver como Martin facía un novo gol, de disparo moi lonxano, finiquitando o 0-3.

Crónicas das Ligas Aurtonómicas - Aluminios Dumbría

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios