Martín Varela aparca a raqueta e sobe á bicicleta
Martin Varela con Wordl Fit
Hai unha semana que volvía adestrar Martín Varela tras 11 meses de parón por lesión. Facíao ademais con novos apoios de patrocinadores, apoios fundamentais para competir a este nivel. E esta pasada fin de semana foi completa.
O tenista cormelán asinaba un convenio de colaboración co ximnasio World Fit Carballo e a empresa Shop4fit quenes dotaron á Asociación Deportiva Vidú, que preside o propio Martín, dunha bicicleta de spinning FFTTECH Gold para que o cormelán comece a súa recuperación para afrontar os novos retos deportivos que ten en mente.
Xa o domingo 30 de outubro, Martín Varela realizou a súa primeira saída en bicicleta acompañado do seu máis fiel escudeiro Diego Pérez “Lanchiñas” e de Jose González, na que realizaron unha ruta de 38 quilómetros nos cales Martín se sentiu moi ben e con gañas de recuperar a actividade deportiva que lle volva a permitir estar no seu mellor nivel físico.
Triatlón
Martin Varela en bici
Polo de pronto, Martín Varela vai gardar a raqueta, e vai deixar nun segundo plano a modalidade deportiva que tantos éxitos lle dou para centrarse en recuperar o seu mellor estado físico practicando as tres modalidades que conforman o triatlón: ciclismo, atletismo e natación.
Vaise centrar nestas disciplinas porque nelas conta co apoio dos compoñentes de Enki, como son Diego Pérez “Lanchiñas”, Jesús Francisco Gómez Santos, máis coñecido como “XocoKorme”; e Andrés Calvete de Bicicletas “El Patio”, quen practican estas modalidades deportivas e ademáis compiten en triatlón, travesías a nado, maratóns, ironmans, etc.
Unha vez comece a recuperar o tono físico que lle permita afrontar a esixencia que conleva practicar deportes desta índole, Martín Varela empezará a marcarse novas metas no deporte adaptado.
Entrevistas con Martín Varela
- Entrevsta de David Castro Falando cun dos mellores deportistas da Costa da Morte.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
Máis información
Novas relacionadas
- Outubro 2016: Martín Varela volve adestrar 11 meses despois con novos patrocinios.
- Abril 2016: A longa travesía seca de Martín Varela.
- Decembro 2015: As lesións alonxan a Martín Varela das Paraolimpiadas de Río 2016.
- Novembro 2015: Martín Varela non perde a esperanza de Río 2016 tras ser operado con éxito.
- Unha lesión complica a presencia de Martín Varela nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
- Martín Varela supera o cansanzo e segue sumando en Lleida.
- Martín Varela segue sumando cun triunfo no segundo cadro de Florencia.
- Martín Varela segue a súa carreira cara Río 2016 sumando puntos en Madrid.
- Martín Varela suma os primeiros puntos en Eslovaquia na súa carreira cara Río 2016.
- Martín Varela buscará esquecer o mal torneo checo na veciña Eslovaquia.
- Martín Varela segue á súa carreira cara Río 2016 cun subcampionato de España.
- Martín Varela comeza a carreira a #Río2016 con vitoria en Italia.
- Martín Varela, inicia en Italia a escalada cara Río2016 con novos patrocinadores.
- Martín Varela no inForum 2015.
- A Gala do humor logra recadar 4000€ para levar a Martín Varela a #Río2016.
- Agosto 2014: Martín Varela segue o camiño cara Brasil 2016 gañando os dobres no Open Internacional de Miranda.
Fonte
- Nota de prensa de David Castro.