Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Martín Varela e a Selección Española petan con Asia

Martín Varela e a Selección Española petan con Asia

En principio non cumprirá o seu soño, desta volta, de acodir ás Paraolimpiadas de Londres 2012. Pero o cormelán máis internacional segue competindo no maior nivel internacional, e participaba nas últimas semanas, nada menos, que no Campionato do Mundo de tenis en cadeira de rodas coa Selección Española.
Ademais, o tenista en cadeira de todas, sen parada, participaba esta pasada fin de semana no XI Open “Ciudad de Oviedo”, no que acadaba o seu 4º triunfo consecutivo.

Copa do Mundo

Martín Varela Dourado chegaba ca Selección Española a Korea coa intención de facerse co título da WTC Corea 2012. Pero en fronte toparon cos asiáticos, probablemente os mellores do mundo. Comezaron contra Xapón, e a Martín tocoulle bailar ca máis fea. En fronte estaba Shingo Kunieda, sen dúbida, o mellor xogador do mundo de tenis en cadeira de rodas.
O aresán Álvaro Illobra tampouco podía e Xapón pasaba.

O seguinte partido tampouco foi bo para os nosos, i é que en fronte estaba outros bravos: Corea. 2-0 para os locais, e os nosos voltaron tomar nota de como as gastan nestes países asiáticos.

Quedaba pois un choque a vida ou morte contra Bélxica: o que perdera, descenso cara o Grupo 2, a 2ª división do tenis en cadeira de rodas mundia. E os dobles foron a chave e Bélxica se impuxo por 2-1. Agora o combinado español, capitaneado por Lorenzo Hernández, terá que loitar o ano que vén por volver ao Grupo 1.

4º triunfo consecutivo no "Cidade de Oviedo"

As Pistas de Tenis do Parque do Oeste albergaron os días 1 e 2 de xuño o XI Open "Cidade de Oviedo" de Tenis en cadeira de rodas, proba puntuable para a Copa de España 2012 da especialidade e onde o galego Martín Varela alzouse co seu cuarto triunfo consecutivo na proba asturiana.
Do mesmo xeito que no pasado ano, o seu rival na final foi o rioxano Juan José Rodríguez. Ambos chegaron a Oviedo cunha tempada magnífica, Varela de disputar a Copa do Mundo coa Selección Española e Rodríguez de alzarse co título en Almussafes e a final en Huesca fai uns días, pero na final do "Cidade de Oviedo" non houbo cor e o galego impúxose con relativa facilidade por 6/1, 6/3.

Vindeira cita

E sen tempo a descansar, o cormeñá parte xa para Madrid, onde do 7 ao 10 de xuño participará no IV Open Ciudad de Rivas. Un torneo que ademais utilizou a súa imaxe para o cartel...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

comentarios