Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novidades no #fútboldacosta: Gala, Soneira, fútbol base, reunión...

Novidades no #fútboldacosta: Gala, Soneira, fútbol base, reunión...

Recollemos unha semana máis un resumo do que nos imos enteirando do fútbol da Costa.
Se ben por Santa Comba, e aínda con resaca do último encontro de laranxa, xa están prepando a nova directiva e equipo técnico (o xoves daremos todos os detalles do novo Xallas de Santa Comba).

Mañá informaremos da importante reunión que hai hoxe en Baio, ás 20:00h, para aprobar moitas cousas. Pero antes imos repasando novidades.

Torneo de Cabana

Esta fin de semana As Redondas acollían unha das citas máis importantes do fútbol base da Costa da Morte. Unha das referencias na materia, o Cabana, organizaba o seu IV Torneo de Futbol Base, e o campo rexistraba unha gran entrada para ver as promesas do fútbol da Costa e do norte da zona.

Finalmente os nosos sucumbiron ao potencial dos Meicende, Arteixo ou Paiosaco, e os Fisterra, Dumbría ou Cabana non puideron facerse máis que cos 3º e 4º postos. Estes foron os resultados:

  • En benxamíns os campións foron os de Meicende, que venceron ao Paiosaco por penaltis. 3º quedou o Fisterra, por diante do Dumbría.
  • En alevíns, o campión foi o Arteixo, que deixou unha imaxe espectacular nas Redondas, e venceu ao Cabana. O Fisterra quedou tamén 3º vencedo igualmente ao Dumbría.

I Gala do Fútbol da Costa

A Asociación de Clubes da Costa xa nos enviou o programa para a I Gala. Unha gala que comezará antes de comer, coa recepción no Concello de Muros por parte da alcaldesa a todos os convocados. Os xogadores ademais viaxarán no Cruceiro Costa Viva dando unha ruta turóstica pola ría de Muros.

De volta, terá lugar o partido en Miraflores entre Selección Sur e Selección Norte da Costa da Morte, a partir das 17:00h e con entrada de balde.

A partir das 20:00h a Casa da Cultura acollerá a entrega de premios da Gala.

Felipe Candamo ao Soneira

Finalmente non será Mouzo o que colla o relevo de Silva na presidencia do Baíñas. Será Eulogio Andrade. Cómpre destacar que Manolito será o director técnico e que o muradán Felipe Candamo volve ao fútbol da Costa e será o adestrador.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios