Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional

O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional
Familia do Concello de Zas de tens de mesa

Unha morea de equipo xa ten en competición a familia do Anorthosis, a familia de tenis de mesa da comarca de Soneira e da Costa da Morte. Esta pasada semana estreaba categoría o primeiro equipo do Anorthosis , e o facía vendo que a temporada vai ser dura. O Lalín endousoulle un rosco aos Gonzálo, Roi e Marcelino.

Pero os equipos filiais, o Concello de Zas Aquacenit na 1ª Galega, e o Concello de Zas O Pinar na 2ª acadaron sendas vitorias. A gran noticia foi o debut de Andrés Fajín co Aquacenit logrando os seus dous puntos.

3ª División Nacional

  • Resultado: CTM Lalín - Anorthosis Vimianzo (7-0)

Contundente a derrota do Anorthosis, que esperaba gañar alomenos algún partido no encontro disputado en Lalín, ante un equipo que a tempada pasada renunciou ao ascenso a 2ª nacional e que este ano aspira aos primeiros postos da táboa. Con todo si se gañaron bastantes sets (21 – 6). Así en todos os partidos gañouse un set, agás Marce contra Antonio Crespo. Os parciais foron os seguintes:

Julio Silva Rodríguez3-1Gonzalo Martínez
Manuel Fernández Saavedra3-1Roi Martínez
Antonio Crespo Iglesias3-0Marcelino Túñez
Parella: CTM Lalín3-1Parella: Anorthosis Vimianzo
Manuel Fernández Saavedra3-1Gonzalo Martínez
Julio Silva Rodríguez3-1 Marcelino Túñez
Antonio Crespo Iglesias3-1Roi Martínez
  • Xogadores da parella Local: Antonio Crespo/Julio Silva.
  • Xogadores da parella Visitante: Gonzalo Martìnez/Rodrigo Martìnez.

1ª División Galega

  • Resultado: Conxo Ponte de Ferro - Concello de Zas Aquacenit (0-7).

Vitoria do Concello de Zas Aquacenit ante Conxo. O equipo zaense impuxose con contundencia ante o cadro santiagués por 0-7. Estes foron os resultados:

Fernando Suárez Sandomingo0-3 Miguel Rey
Daniel Méndez0-3Andrés Fagín
Iván Batalla0-3Esteban Lema
Parella: Conxo Ponte de Ferro0-3Parella: Concello de Zas Aquacenit
Daniel Méndez1-3Miguel Rey
Fernando Suárez Sandomingo2-3Esteban Lema
Iván Batalla1-3Andrés Fagín
  • Xogadores da parella Local: Daniel Méndez e Iván Batalla.
  • Xogadores da parella Visitante: Miguel Rey e Esteban Lema.

O partido comezou coa victoria por 3-0 de Miguel Rey sobre Fernando Suárez. Logo Andrés gañaba a Daniel Mendez tamén por 3-0. Tocaballe o turno a Stevo Lema que vencia tamén con claridade a Ivan Batalla. Os dobres xogaronos Stevo e Miguel e gañaron 3-0. Con este resultado o equipo de Aquacenit xa acadara a victoria e despois palpouse un ambiente mais relaxado. Miguel Rey gañaba a Daniel Mendez 3-1. Stevo gañaba a Fernando Suárez 3-2 e Andrés vencía 3-1 a Iván Batalla. O equipo esta a realizar un gran inicio de tempada e haber se o pode manter gañando este sábado ao Oroso Peluquería Tije.

2ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas O Pinar 5- Construcciones Cernadas (5-2).

Encontro disputado entre os dous equipos formados polas promesas do clube Anorthosis donde se viu a veteranía dos que levan máis tempo entrenando. Estes foron os resultados parciais dos partidos:

Laura Quintáns0-3 Miguel Lema
Lorena Castro3-0Marta Costa
Manuel Costa3-0Laura Cernadas
Parella: Concello de Zas O Pinar3-1Parella: Construcciones Cernadas
Laura Quintáns3-0 Marta Costa
Manuel Costa1-3 Miguel Lema
Lorena Castro3-0Carmen Cernadas
  • Xogadores da parella Local: Lorena Castro - Laura Quintáns.
  • Xogadores da parella Visitante: Raúl López - Edu Cernadas.

Vindeira xornada

Encontros para o vindeiro fin de semana. Sábado 19 outubro 2013 no ximnasio do CPI de Zas:

  • 3ª división nacional grupo norte:
    - 16'00 h: Anorthosis Vimianzo – San Xoan TM Xuvenil.
  • 1ª división galega grupo centro:
    - 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit – Oroso TM Peluquería Tije.
    - 18'00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - Oroso TM Peluquería Tije.
  • 2ª división galega grupo centro:
    - 16'00 h: Concello de Zas O Pinar – Liceo de Noia “D”.
    - 18'00 h. Construcciones Cernadas - Liceo de Noia “D”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios