O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa
Parabéns a toda a familia do Anorthosis Vimianzo que ve como a súa descarada aposta polo tenis de mesa segue dando os seus froitos. O primeiro equipo conseguía este pasado sábado un ascenso tantas temporadas buscado e pelexado, que, por fin se convirte nunha realidade. Pero non foi fácil o logralo xa que non se soubo fixo ata a última xornada, iso si, cunha cómoda vitoria ante o Conxo Promesas, aos que tamén vencían os compañeiros do Concello de Zas Aquacénit.
Noraboa aos integrantes do equipo: Marce Tuñez, Angel García e Roi Martínez que foron os verdadeiros artífices deste ascenso. Pero os demais membros do clube Anorthosis Vimianzo tamén merecen a súa parte do éxito pois, dunha maneira o doutra, aí estiveron sempre dando o seu apoio, aplaudindo nos momentos bos e dando ánimos cando as cousas non rodaron tan ben. E se temos que destacar a alguén, ademais do bo de Stevo Lema, é a Ánxela e Mónica que estivo en todos os encontros dando consellos e animando sen folgos.
2ª División galega grupo centro
- Resultado: Anorthosis Vimianzo - Conxo Promesas (7-0) / (21-4).
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Conxo Promesas (6-1) / (20-5).
En canto aos resultados da xornada, foron normais tendo en conta que o Conxo Promesas ocupa unha das prazas de descenso. Agora a entrenar para estar preparados para unha categoría mais alta e donde xa non haberá partidos fáciles.
Liga Intermunipal de Tenis de Mesa
Ademais, a fin de semana tamén viviu a 4ª xornada da I Liga Intermunipal de Tenis de Mesa, co seguinte resultado:
- Resultado: Corcubión - Ponteceso (6-0) / (18-1).
Estes foron os parciais, dun choque con clara superioridade do Corcubión ante un Ponteceso que, por motivos de traballo non acudiu co equipo titular, pero como xa diciamos na semana pasada o bo que era ter máis compoñentes no equipo, que ao final dará os seus froitos, que así van collendo o gustillo da competición.
Corcubión | Ponteceso | |
Martín Pérez | 3-0 | Justo Pose |
Mario Iglesias | 3-0 | Iván Cousillas |
Ben Heath | 3-0 | José L. Pérez |
Martín Pérez | 3-1 | Iván Cousillas |
Ben Heath | 3-0 | Justo Pose |
Mario Iglesias | 3-0 | José L. Pérez |
A destacar , como no encontro da semana o bo ambiente entre os compoñentes dos equipos e ao final disfrutamos todos dunhas cañas e da paixase da ría de Corcubión.
Clasificación
- Corcubión 4 puntos
- Muxía 4 puntos.
- Ponteceso 0 puntos.
Próxima xornada
- Sábado 4 de maio en Muxía, antigo mercado municipal: Muxía - Ponteceso.
Novas relacionadas
- O tenis de mesa base segue disfrutando mentres o Anorthosis prepara o asalto ao ascenso.
- O Anorthosis achégase á 1ª División mentres a Liga Intermunicipal continúa con estreas.
- Ponteceso e Muxía protagonizan un apretado comezo da Liga de tenis de mesa.
- Calendario: En marcha a Liga Costa da Morte de tenis de mesa.
- A campiona galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.