O Campión galego de ciclismo terá o seu trono no alto do Ézaro
Non para Dumbría ca súa aposta polas dúas rodas. Pendentes como estamos de ver a Indurain e Chiapucci subindo as rampas no Gran Fondo Ézaro, este vindeiro domingo 7 de xuño, as estradas costeiras acollerán o Campionato de Galicia de ciclismo para as categorías elite e sub 23.
Os mellores ciclistas galegos de estrada non queren faltar á cita, e case o centenar de corredores que forman a categoría estarán o próximo día 7, a partir das 10 da mañá, na liña de saída de Camariñas. Entre eles formarán os vixentes campións, o coruñés Daniel López Parada (Caixa Rural) e o ciclista de Padrón José Luís Mariño (Super Froiz. Pero non hai favorito claro, dado que o trazado poñerá imposible a chegada dun pelotón ao sprint na liña de meta e parece que será un bo escalador o que se faga co triunfo.
Tamén destacan destacan corredores como Jacobo Ucha, David Seage ou Adrián Vales (Spol); Aser Estevez, David Pérez, Cristian Mota ou Anxo Lorenzo (Rías Baixas); Angel Lago ou Dani González (Vigués); David Rañó ou Iván Vidal (Cortizo), Alex Rodríguez, Jon Ander Tomei, Carlos Jeira, Diego Somoza ou Miguel Montero (Cambre) ademais de Oscar Xusto, Alejandro Silva e Rodrígo Enriquez (SpeedRoad).
Percorrido esixente
A saída será dende Camariñas, pero o trazado deste Campionato discorre na súa práctica totalidade polo Concello de Dumbria. É un percorrido duro e con repechos de importancia que poderán a proba as estratexias dos equipos que, pensando en agardar ao último porto para pelexar a proba, poidan verse sorprendidos por un ataque de lonxe. Antes da subida ao Mirador de Ezaro, o pelotón terá que afrontar previamente outros tres portos de categoría entre os que destaca o Alto Paxareiras a vinte quilómetros de meta e que podería ser tan decisivo ou máis que o propio Mirador.
O ascenso ao Mirador serán os últimos 2 quilómetros desta edición do Campionato de Galicia de fondo onde os ciclistas enfrontaranse con desniveis que sempre están por encima do 14%, pasando do nivel do mar a facelo a 270 metros de altitude. En palabras dun excorredor e técnico como Alvaro Piñeiro: “Aquí un bo escalador pode perder neste tramo entre 40 sgs e un minuto”. O ascenso ao porto do Ézaro é duro desde o principio con dúas curvas de ferradura nos primeiros 300 metros tralo cal hai un pequeno descansillo e novamente as esixentes rampas. Pouco antes de completar o primeiro quilómetro chega o punto máis duro, unha curta rampa de formigón de apenas dúas curvas que representará o final das ilusións de moitos no seu case 25% de desnivel.
A organización da proba corre a cargo da Federación Galega de Ciclismo e a colaboración do Club Ciclista Dumbría. Ambas entidades xa colaboraron en citas moi similares como foron a disputa do Trofeo Luso Galaico ou a Subida ao Ézaro.
Novas relacionadas
- 180 nenos e 120 adultos disfrutaron en Dumbría da festa BTT.
- Dumbría, única proba do Circuito provincial da BTT.
- Indurain e Chiapucci revivirán os seus épicos duelos no Gran Fondo Ézaro.
- A verdade costa da morte é a subida ao Alto do Ézaro.
- Dumbría presenta un máis duro Gran Fondo do Ézaro con miras internacionais.
- Dumbría volve pelexar por un final da Volta no Alto do Ézaro.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
- A subida ao Mirador do Ézaro xa ten Top10.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Vuelta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).