Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dumbría, única proba do Circuito provincial da BTT

Dumbría, única proba do Circuito provincial da BTT
Triki vencia a ultima BTT de Dumbria

A aposta polo ciclismo do Concello de Dumbría segue potente. Despois do éxito da V BTT de hai unhas semanas (e que gañaba o vimiancés Davis Calzas) o Gran Fondo Ézaro, e a chegada de Indurain e Chiapucci sempre no horizonte, e traballando para traer un novo final de etapa da Vuelta ao Alto do Ézaro en 2017, Dumbría prepárase xa para a seguinte proba, o 3º Trofeo Concello Dumbría, a única proba no III Circuito BTT-XC Deputación da Coruña.

Se o circuito arrinca este sábado en Arteixo, as bicis de montaña invadirán os montes dumbrieses o sábado 16 de maio.

Nesta ocasión o Circuíto incluirá sete carreiras, todas as que forman parte do calendario oficial da Federación na provincia (en toda Galicia hai dez). Coma novidade, inclúe a primeira carreira “Eliminator” da provincia, que servirá ademais para pechar a competición en Betanzos o 18 de xullo, organizada polo Club Caimanes. O ano pasado houbo unha media de 150 participantes por proba, pero a de Dumbría sempre bate marcas.

III Circuíto Provincial de BTT-XC

X Trofeo BTT Concello de Arteixo25/04/15Arteixo
3º Trofeo Concello Dumbría16/05/15Dumbría
15º Gran Premio Concello de Cambre30/05/15Cambre
II Open XC de Montefaro06/06/15Mugardos
VII Trofeo Concello de Santiago20/06/15Santiago
4º Gran Premio Concello de Oleiros27/06/15Oleiros
I XC Eliminator Portas da Vila18/07/15Betanzos

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios