O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce
O Pavillón Municipal de Ponteceso acollía este pasado sábado o último partido da cuarta xornada da Liga Provincial Feminina, dado que os Fisober e Vila de Cee xa xogaran a semana anterior. Iso si, o Fisober celebra a nova convocatoria de Eva Lema e Inés Suárez para as Seleccións Galegas sub-21 e sub-17, respectivamente.
O cadro pontecesán caía pola mínima ante un potente Portosín, o que non impide que as de Barca manteñan unha boa liña neste comezo de campaña, con 2 vitorias e 2 derrotas, unha bagaxe perfectamente mellorable.
A pesar da derrota viuse un bo partido, con moitas idas e vidas, ocasións dos dous equipos e moitos goles. E as pontecesás marcharon cun sabor agridoce, pero sabendo que con esforzo e intensidade poden conseguir moitos puntos.
E por fin puideron sacar a foto de familia as pontecesás. E vemos arriba, de esquerda a dereita, a Sandra, Carmen, Ana, Martina, Salomé; e abaixo a Carla, Laura, Zeltia e Alba.
Liga Provincial Feminina, xornada 4
- Resultado: A.D. Vila de Pondal-Concello de Ponteceso - C.D. Portosín (5-6)
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Alba, Carla, Zeltia e Laura.
- Goles: 0-1.-Judit (min.4); 1-1.- Martina (min.24); 1-2.- Virginia (min.26); 1-3.- Sara (min.28); 1-4.- Virginia (min.29); 1-5.- Judit (min.31); 2-5.- Martina (min.34); 3-5.- Carmen (min.36); 3-6.- Nancy (min.42); 4-6.- Martina (min.44); 5-6.- Carmen (min.48).
- Expulsión: a Ana por parte local con doble amarilla.
Comezou o encontro esperando atrás o Ponteceso para ver que facían as rivais, que saíron con ganas de ter o balón desde o principio, tendo elas o seu dominio en todo momento. E no minuto 5 lograban adiantarse no marcador despois dunha xogada combinativa que culminaba Judit. Durante toda a primeira metade a posesión do balón foi das visitantes, e as locais intentaban chegar á portería rival por medio dalgunha contra, pero sen conseguir crear perigo na portería rival. Chegando ó descanso e tras un roubo de balón de Alba e un pase por alto a Martina, ésta conseguía batir á porteira tras unha boa volea poñendo así as táboas no marcador. Quedaban un minuto para o descanso, pero esa non iba ser a última xogada, xa que as visitantes tiveron unha boa oportunidad de adiantarse de novo no luminoso por medio dun dobre penalti, que Salomé, que volvía a quedar de porteira pola lesión de Bea, conseguía para ó igual que o posterior tiro da xogadora que colliu o rechace.
O segundo período comezou como foi todo o primeiro, coas visitantes tendo o control do balón e chegando á portería rival. E así foi como, en 5 minutos, conseguiro poñer o marcador 1-5 con dous goles de Virginia, un de Sara e outro de Judit. Parecía que xa tiñan o partido controlado, pero ás xogadoras de Barca e Curro saíulle o xenio e comezaron a xogar con máis ganas e intensidade e subindo a liña de presión, tendo varias oportunidades para mandar o balón ó fondo da rede. No minuto 34, un roubo de balón de Sandra provoca unha contra de Carmen e Martina que esta mesma se encarga de rematar, poñendo o 2-5 no luminoso. Dous minutos despois era Carmen a que lograba batir por terceira vez á porteira rival tras unha boa xogada combinada de Carla e Martina. Co 3-5 no marcador e tras varias oportunidades fallidas para ambos equipos, eran as visitantes as que volvían ampliar distancias por medio de Nancy quedando apenas 10 minutos para o final. Pero as pontecesanas crían na remontada e dous minutos despois, Martina facía o seu terceiro tanto do partido rematando a xogada que ela comezaba cun saque de banda.
Non se daban por vencidas e cunha boa presión arriba, no minuto 48, Carmen poñía o 5-6 no marcador tras unha xogada de córner, resultado que esperanzaba ás locais e ós afeccionados que estaban na grada. Pero a reacción das xogadoras locais foi algo tardía e xa non había tempo para máis.
Vindeira xornada
Liga Provincial:
- A Fervenza F.S.F - Concello de Ponteceso F.S.F.: 09/11/2013 ás 12:30 no As Lagoas.
- Espartanas F.S. - F.S.F. Villa de Cee: 09/11/2013 ás 12:00 no Municipal Barrio de las Flores da Coruña.
- Fisober F.S.F. "B" - Grupo Work: 09/11/2013 ás 17:00 h no Pavillón de Dumbría.
Liga 2ª División:
- Fisober FSF vs Flaviobriga (Castro Urdiales): 09/11/2913 ás 19:00 h no Pavillón de Dumbría.
Máis información
Novas relacionadas
Semana feliz para a familia Fisober. - O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
Fonte
- Nota de prensa do Fisober e do Ponteceso FSF.