Venres. 01.11.2024
El tiempo

O Desafío do Atlántico tamén se espalla por Pontevedra

O Desafío do Atlántico tamén se espalla por Pontevedra
Desafio del Atlantico en Pontevedra

Tralas presentacións do II Desafío do Atlántico en Madrid e A Coruña, este mércores foi a quenda de Pontevedra. A Cafetería Savoy acolleu un acto breve ao que acudiron dous coñecidos nomes do ciclismo galego, para seguir espallando a semente desta proba. Por unha banda estivo Gustavo César Veloso, o único galego que subiu o Mirador de Ézaro en proba oficial, concretamente na Volta a España 2012. Está considerado como o ciclista máis en forma da rexión é estes momentos. Por outra banda, tamén acudiu Evaristo Portela, un mito do deporte das dúas rodas que segue impartiendo leccións como director do Grupo Deportivo Froiz. E para rematar, estivo presente Josechu Roel, director técnico da marcha. O II Desafío do Atlántico disputarase o vindeiro sábado 7 de xuño nas estradas da Costa da Morte. Partirá desde a Praia de Ézaro e finalizará no Mirador de Ézaro, protagonista nas dúas últimas edicións da Volta a España. Nestes momentos conta xa con 231 inscritos e prevese superar con fartura os números de a pasada edición, á cal acudiron máis de 300 ciclistas. Nos próximos días están previstas diversas presentacións nos concellos de Ourense, Lugo, Vigo e Muxía.

Novas relacionadas

Comentarios