O ES Bazarra remata a liga regular e espera o cruce
Mala xornada para o baloncesto ceense, con derrotas agás nos infantís. E destacar o mal partido xogado polas rapazas do ES Bazarra no seu último partido de liga ante o equipo de Burela, primeiras clasificadas. Agora queda esperar para ver cal é o equipo do grupo sur co que toca o cruce.
2ª División Sénior Feminina - 22ª xornada
- Resultado: E.S. BAZARRA, S.L. ACB COSTA DA MORTE - BURELA (41-70).
- Parciais: (6-18;12-17; 9-19; 14-16) (Acumulado: 6-18; 18-35; 27-54; 41-70)
- ACB COSTA DA MORTE: Iria, 0 ptos; Esther, 7 ptos; Fani, 8 ptos; Melisa, 6 ptos (1 tripla); Sandra, 10 ptos – quinteto inicial- Lidia, 0 ptos; Goretti, 4 ptos; Yaiza, 6 ptos.
- Eliminadas con 5 faltas: Esther e Melisa.
O inicio do encontro parecía que as xogadoras de Cee estaban pola labor de despedirse da sua afición loitando pola vitoria ante o equipo de Burela, pero así que as visitantes se puxeron as pilas o partido cambiou totalmente, escapándose no marcador, e xogando fácil ante unha defensa débil e un ataque que erraba tiros fáciles.
3ª División Sénior Masculina, Liga Descenso, Gr. Centro, Xornada 3º
- Resultado: LICEO CASINO VILAGARCIA - ACB COSTA DA MORTE (66-46).
- Parciais: (5-18; 16-5; 23-18; 17-17) (Acumulado: 5-18; 21-23; 44-41; 61-58)
- ACB COSTA DA MORTE: Iván, 4 ptos; Deril, 17 ptos; Sergio, 0 ptos; Manuel, 5 ptos; Tinín, 16 ptos – quinteto inicial - ; José, 0 ptos, Fabián, 4 ptos; Andrés, 0 ptos.
- Eliminado con 5 faltas: Manuel.
Partido no que a falta de acerto no tiro non permitiu os de Cee loitar pola vitoria. As diferenzas no partido mantiñanse nos 10 puntos, pero no último cuarto o cansancio fixo que a diferenza fora os 20 puntos finais.
2ª División Infantil Masculino -AB3 - 2ª Fase, 4ª xornada
- Resultado: FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE - ARTEIXO: (52-37).
- Parciais: (13-10; 13-9; 13-9; 13-9) (Acumulado: 13-10; 26-19; 39-28; 52-37)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Anxo, 0 ptos; Luciano, 2 ptos; Tomás, 5 ptos (1 tripla); Adrián, 31 ptos; Iván, 19 ptos – quinteto inicial- Fran, 0 ptos; Jorge, 0 ptos; Aitor, 0 ptos.
Ata o descanso bo traballo dos chavales de Cee, pero tralo descanso o equipo visitante doulle a volta o marcador cun parcial de 8-22, para manterse por diante ata o remate do encontro.
2ª División Infantil Feminino - 17ª xornada
- Resultado: MERCEDARIAS -FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (54-28).
- Parciais: (19-6; 8-8; 14-10; 13-4) (Acumulado: 19-6; 27-14; 41-24; 54-28)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Carmen María, 0 ptos; María, 6 ptos; Fátima, 0 ptos; Andrea, 2 ptos; Lucía, 16 ptos – quinteto inicial – Elena, 0 ptos; Cintia, 2 ptos; Ainoa, 2 ptos; Mar, 0 ptos; Lorena, 0 ptos.
A pesar da derrota bo partido das rapazas do Ferroatlántica, seguindo en progresión no seu xogo.
Máis información
Crónicas anteriores
- Os e as maiores do ACB avanzan a ritmo de vitoria.
- Os maiores do ACB aférranse á categoría.
- As Sénior do ES Bazarra marcan a liña a seguir na familia ACB.
- As infantís do ACB xa saben gañar.
- As Sénior do ES Bazarra seguen sumando vitorias.
- Os tiros libres condenan aos equipos do ACB Costa da Morte.
- As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB.
- As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa.
- As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte.
- As maiores do ACB seguen en marcha.
- Nova xornada para os pequenos do ACB Costa da Morte.
- As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte.
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.