Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial

O Fisober segue líder en Autonómica e A Salina vence ao Ponteceso na Provincial

Partidazo o disputado no Pavillón Municipal de Muxía na maña do domingo e no que a vitoria do Fisober as deixa un pouquiño máis líderes e xa saca 6 puntos aos 2º, o Mos e o Marcón. A solidez en defensa e na portería foi clave para levarse os tres puntos.

Pola súa banda, no partido da Liga Provincial xogado na tarde do sábado no Pazo dos Deportes de Arteixo,o filial do Fisober en ningún momento foi rival para un Manureva, que foi moi superior. Como ben indica o resultado (13-0) o partido tivo pouca historia.

Ademais, tamén en provincial, o encontro costeiro entre Concello de Ponteceso FSF e A Salina de Esteiro remataba cun apretado 1-2 para as visirantes. Unha vitoria que lles permite manterse na 4ª praza con comodidade. Fisober B e Ponteceso seguen antepenúltimas e penúltimas respectivamente.

Liga Autonómica

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – LEIS PONTEVEDRA (4-2)
  • FISOBER: Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca; tamén xogaron : Noelia, Myrella, Ylenia, Olalla, Eva, Inés e Laura.
  • Goles: 1-0 Barca, 1-1 Paula Costas, 2-1 Patri, (descanso) , 3-1 Barca, 4-1 Patri, 4-2 María.

O Leis Pontevedra saiu a polo partido dende o primeiro minuto sacando a porteira – xogadora dende inicio o fin, non especulou en ningún momento sabedoras de que a derrota as deixaba a sete puntos. Eso fíxoas dominadoras do partido dende os primeiros segundos, aínda que o principio non atoparon ocos. Defensa a ultranza local e ataque total visitante. E así tiñan que aparecer as primeiras ocasións para as visitantes. As máis claras foron por parte de Adriana e Luz, pero Paula na portería foi un pesadelo para o ataque visitante, chegando e parando todo.

Os seis minutos apareceu a primeira ocasión local por mediación de Barca. Pero Leis Pontevedra seguía o seu e de novo Paula freaba o ímpetu visitante. Mediada está primeira metade de novo Barca probaba sorte na contra despois dun roubo pero case deseguido respostaban as visitantes. Co paso dos minutos foise asentando a extrana situación o Fisober e así os doce minutos foron Ana e Noelia as que tiveron as suas opcións. Pero nin un segundo de lecer deixaba o Leis Pontevedra que seguía a carga incapaz de batir a Paula. E así despois dunha ocasión de Patri, chegou un saque de esquina que Barca tocou co calcaño para poñer en vantaxe as locais os quince minutos.

Lonxe de ser un mazazo para as do Leis elas seguían batindo unha e outra vez fronte a Paula desta vez foi Luz a que gozou da clara ocasión. A cal respostou a local Patri. Pero tanto fora o cántaro a fonte que algunha vez tiña que romper e foi Paula Costas a que cun sutil toque puña a igualada no tanteador a dous minutos para o fin desta primeira metade. Fisober non se resignou , tivo unha antes do tempo lecer e Patri aproveitouna para voltar poñer en vantaxe as súas.

Despois do furacán pasado na primeira metade, nesta segunda saiu moito mellor o equipo local e así as primeiras ocasións foron para elas por medio de Patri e Barca. Pareceron as locais collerlle definitivamente o xeito o ataque de cinco.
E aumentaron distanzas por medio dunha Barca que conseguía o 3 a 1 os cinco minutos da segunda metade. Eran os mellores minutos locais, as visitantes parecía que o resultado que se levaron o tempo de lecer despois de tanto traballo lles pasaba factura e Myrella mandaba por encima do longueiro unha ocasión para agrandar vantaxe.

Quen non errou foi Patri para poñer o 4 a 1 mediado o segundo tempo. As pontevedresas seguían e seguían, e ahora a que lle tocaba respostar na portería era a Eva que seguía co bo traballo da súa compañeira Paula.
E de novo as acometidas visitantes eran freadas unha e outra vez ahora por Eva. Desesperaban as visitantes incapaces de poñerlle o dente o incrible traballo do Fisober e como na primeira metade si o lograban aparecía a porteira. Ata que a catro para o fin a porteira-xogadora María collía un tiro na frontal para reducir distanzas. Cas visitantes volcadas, foron Barca e Patri as que tiveron ocasión de sentenciar. E a un para o fin foi a visitante Adriana a que vía como o seu disparo era repelido polo pau cando xa parecía gol.

Así se chegou o final dun partido no que Fisober se deixou ata a última gota de sudor o igual co seu rival nun choque vibrante, entretido e dos que fan afección.

Liga Provincial

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - A Salina de Esteiro (1-2)
  • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO F.S.F: Salomé, Cris Santos, Ana, Martina y Carmen – tamén xogaron – Anabel, Marta e Rocío.
  • A SALINA DE ESTEIRO: Alicia, Inés, María M., Mª del Carmen e Leticia – tamén xogaron – María e Sandra.
  • GOLES: 1-0.- Ana (min. 15); 1-1.- Leticia (min.32); 1-2.- María M. (min. 46)

Novo derbi costeiro o xogado na tarde do sábado no Municipal de Ponteceso entre dous equipos moi minguados polas baixas, as visitantes presentáronse con 7 xogadoras debido ás varias lesionadas que ten, e as locais presentábanse só con 8 xogadoras, posto que tiña varias baixas por distintos motivos (Silvia, Christine, Alba e Fany) e tres das convocadas facíano lesionadas (Carmen, Mariña e Marta).

Partido moi vibrante que se decantou cara ás visitantes pola súa maior efectividade de face a gol. Comezou o partido con ambos os conxuntos moi expectantes e respectando moito ao seu rival, defendendo en campo propio e saíndo en rápidos contragolpes. Fóronse repartindo as ocasións en ambas as porterías, ata que, no minuto 15, Ana de forte disparo nun saque de banda sorprendeu á porteira visitante cun tiro axustado á escuadra.
A partir dese momento as visitantes estiraron liñas pero as pontecesás se defenderon moi ben.

Con este resultado chegouse ao descanso. Na continuación o partido comezou como acabou a primeira metade, as visitantes buscando o empate e as locais defendéndose bastante ben ata que aos 7 minutos desta segunda parte, e nunha boa xogada colectiva, Leticia levaría as táboas ao marcador.

A partir dese momento ambos os conxuntos envorcáronse a pola vitoria e empezáronse a alternar as ocasións ambas as porterías. Tiveron as locais a vitoria na man nun bo contragolpe levado por Carmen e Martina, que cando a última estaba a piques de rematar soa no segundo pau, salvou a situación Alicia cunha boa parada. A falta de 4 minutos para o asubío final, María M. marcou o gol que ao cabo lles daría a vitoria nun dos poucos erros defensivos das locais en todo o encontro. Nesa xogada as locais perderían ao seu pivot referencia, Carmen por lesión.

De aí ao final, as visitantes encerráronse no seu campo e as locais realizaron unha forte presión por todo o campo que non daría os seus froitos en forma de empate.

Liga Provincial

  • Resultado: MANUREVA TALLERES MUNDO – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” (13-0)
  • FISOBER B: Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Laura, Myrella, Cris, Loly, Nuria, María Maroñas e Catti.
  • Goles: Marcaron para Manureva Cristina 6 goles, Olalla 3 goles, Cintia 3 goles e Natalia un gol.

O Manureva comenzou o partido marcando xa no primeiro minuto e así ata o 5 a 0 o tempo de lecer. Nesta primeira metade marcaba Cristina, despois facíao Olalla, de novo Olalla, repetía Cristina e pechaba a primeira metade co gol de Cintia. As ocasións foron case na totalidade para as locais e as visitantes poucas chegadas reseñables tiveron .

A segunda metade foi o mesmo conto ata o trece a cero final. Aínda que algo máis que na primeira metade pola portería contraria apareceron as visitantes e con algunha ocasión máis clara pero sin conseguir o gol da honra ante unha Melania que tivo unha tarde moi prácida.

A noticia negativa do partido foi que Martina nunha xogada fortuita recibiu un golpe no xeonllo producindose un esguince e deberá permanecer unhas semanas de baixa.

Vindeira cita

  • Liga Autonómica: Poio F.S. - Fisober F.S.F.
  • Liga Provincial:
    - Fisober F.S.F. "B" - Concello de Ponteceso F.S.F.: sábado 4 de febreiro ás 20:00h no Municipal de Vimianzo.
    - A Salina de Esteiro - F.S.F. O Pino: 04/02/2012 ás 19:00h no Pabellon Jose Lago

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da campaña 2011-2012

Máis novas

Máis novas do Fisober

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober da man de Fran Toba e do Concello de Ponteceso FSF da man de Barca.

Comentarios