O IDC fai oficial a súa retirada e a clasificación sofre cambios
O Independiente de Carballo facía oficial esta mañá a súa retirada da competición da 2ª Autonómica, como xa viñamos anunciando. Unha decisión que provoca varios cambios na clasificación.
Tras varias conversas, e varias informacións contraditorias que nos chegaron, a cousa queda do seguinte: parte de sancións clarexaba de xeito oficial como queda a cousa: “Retirada da competición IDC: recibido o escrito do club comunicando a súa retirada da competición, exclúese a este equipo, computando a súa praza como descenso, e respectándose as puntuacións obtidas polos demais clubes ata o momento, e dando por vencedores aos demais clubs polo promedio dos goles recibidos polo club retirado na segunda volta (promedio 3 goles)”, segundo o artigo 103.2 e 77 do R.D. da RFEF. Quedan pois os resultados ata esta xornada como estaban, cun 3-0 a partir de agora para os partidos que restan. Parécenos algo inxusta a regra pois os que tiveron que xogar contra o IDC, e non gañaron na segunda volta, como é o caso de Buño e Cabana, vénse perxudicados ante os equipos que aínda non xogaron contra el e que verán como os seus partidos se suman por vitorias. Xa temos as táboas actualizadas quedando o Corme de líder con 61 puntos, pero un partido máis que o Sofán, que queda con 58, polos 56 do Zas, que tamén conta cun partido menos. Esta fin de semana, o Sofán sumará os puntos do IDC, o Corme recibe a un Buño que sempre o pon en apretos, e o Zas ao Carnota. Ademais, o partido da xornada disputarase en Cee, onde terá lugar un sempre intenso derbi entre ceenses e fisterráns, ca 4ª en xogo. Mentres, xa hai varios equipos que se renovaron coas fichaxes procedentes do IDC, e se Manu Guillamet xa fichaba polo Cabana, Juni e Fraga xa ficharon polo San Lorenzo.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
- Facebook Fútbol da Costa.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Os Infantís do Cee celebran a Liga e xa pensan na I Copa da Costa Infantil.
- Xuvenís: O peixe case vendido.
- 3ª Autonómica: O Baíñas celebra o seu ansiado ascenso mentres segue a loita pola Promoción.
- 2ª Autonómica: A retirada do IDC marca a competición.
- 1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso aínda viven.
- Preferente: O Dumbría non frea polo Play Off.
- Resultados e análise dunha xornada co primeiro ascenso da temporada.
- O IDC dase de baixa.
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Unha fiestra aberta para acoller Campionatos Nacionais na Costa da Morte.
- Óscar Suárez e Raúl lideran as táboas dos pichichis da Costa.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).