O muradán Piti volve polo Pichichi
Impresionante, 38 anos e segue aí demostrando que a calidade non ten idade. Parece que a Piti Lado, que fichaba este curso polo Volantes trala misteriosa desaparición do Muros, lle sentou ben o cambiar o celeste polo laranxa. 5 goles en apenas 3 partidos leva este eterno crack do Fútbol da Costa, un deses que xa son míticos aínda en activo, e do que falaremos como o facemos agora dos Manolín, Miculita…
Por detrás temos a Charro, nun Buño que comezou a toda velocidade pero que precisamente era parado polo Volantes esta semana en Xaviña. O xogador malpicán leva 4 tantos.
Outros tantos leva unha desas promesas que xa podemos calificar de realidades. O cabanés Iván Mato, recén saído dos xuvenís, xa avisaba o ano pasado, e neste comezo de campaña xa ten demostrado que vale de sobra para a categoría. Un xogador de garra e coraxe ao que ás veces traiciona o exceso de celo, algo que seguro que vai controlando.
Con 3 tantos temos na Liga da Costa ao zaense Canedo, ao xalleiro David Agra, ao baiés en Baiñas Javi Suárez, como non, ao de Verdillo Iván Parafita e ao mazaricán Chenel, outro dos que seguro vai estar pelexando polo pichichi.
Un sofanista de Pichichi na 1ª Autonómica
Na 1ª Autonómica, o pichichi leva camisola vermella e se chama Iván Rojo. O sofanista está destacado, con 4 tantos, 1 de penalti, con 2 de vantaxe sobre os seus perseguidores. Un deles é Alejo, o cormelán que xa leva 2 e que promete unha marea deles se as lesións o respecta.
3 goleadores na Preferente
Son 3 os xogadores que entran nas táboas de goleadores da Preferente Norte. Adrián Makaay, do Dumbría emais os xalleiros Doro e Jesús, levan 2 goles cada un, nas 4 primeiras xornadas, só por detrás de 3 xogadores que levan 3 tantos.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- Xuvenís: Xornada de goles “comarea”.
- 3ª Autonómica: Igualdade e moita tensión.
- 2ª Autonómica: Cee e Volantes quedan sós.
- 1ª Autonómica: 3 costeiros no grupo de arriba.
- Preferente: Punto a punto con boas sensacións.
- A Crónica e os 60 resultados da última xornada de verán no Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- Últimos días para inscribirse no Curso de Adestradores Nivel 1 de Carballo.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Futgal e blog do SCD Malpica de Luís Porto.