Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Oso Polar dobla ante unha arbitraxe terrible

O Oso Polar dobla ante unha arbitraxe terrible

Xornada dispar no seo do ACB Costa da Morte. Se os 4 equipos das categorías inferiores respondía con pleno de vitorias, os equipos sénior sufrían dolorosas derrotas. As mozas caían ante o Fixagal, pero máis dura foi a derrota dos sénior ante o Cambre, tras un encontro intenso que se decidía nos últimos intres e co protagonismo dos colexiados.

I é uns "pasos" a falta de 30 segundos co Oso Polar para empatar o partido supón unha decisión arbitral moi comprometida, e botou ao traste o partido do cadro ceense, e practicamente as súas opcións de manterse na categoría.

Moi enfadados móstranse dende o cadro técnico ceense, e o propio adestrador Iván García ten a sensación de que o pasado domingo "non nos deixaron gañar o encontro, e que alguén xogou coas ilusións dun grupo, que aínda que non realizou unha gran campaña, sempre deu a cara e nunca perdeu a fe en poder conseguir o obxectivo".

E matizan que "nunca nos queixamos do labor arbitral (a excepción do partido de Lugo contra o Sacro Corazón), a pesar de que en toda a tempada só nos sentimos beneficiados nunha ocasión, é máis, respectamos moito o traballo dos colexiados e os oficiais de mesa pero o de onte resulta incomprensible aos ollos de calquera persoa imparcial". Pero a arbitraxe desta semana clama ao ceo, e as protestas teñen que chegar.

Senior Maculino

  • Resultado: OSO POLAR - BALONCESTO CAMBRE (73-83).
  • Parciais: 16-21; 16-19; 15-14; 26-29.
  • OSO POLAR: José Ramón (15), Rober (23), David (20), Fabián (4), Santi (7) - Tamén: Manu (2), Andrés (2), Jose.

Partido intenso o disputado no pavillón Municipal de Cee ante un centenar de espectadores que puideron contemplar un gran espectáculo.
Ambos equipos xogábanse moito e chegaban coas pulsaciones a mil. E respondeu o partido ás espectativas. Foi un choque precioso, con alternativas no marcador, con 2 equipos loitando a matar cada balón, cada triplo que convertía un equipo era respondido con outro polo rival, e por haber ata houbo un mate espectacular por parte de David!!! En definitiva un partido de moita calidade e bo xogo.

Pero o que quedou non foi precisamente o baloncesto. Dúas infraccións de pasos sinaladas a David acabaron de acender a mecha. Aí acabouse o partido, con 2 técnicas e 2 descalificantes máis o Baloncesto Cambre sentenciou o encontro. Precisamente dende o clube non entenden a "persecución" que sufriu no partido de onte un xogador dos máis limpos da competición como é David.

Así e todo, a directiva que "agradecer o esforzo de todos os integrantes do persoal no partido de onte, pero en especial a 2 veteranos que o están dando todo para conseguir o obxectivo. Por unha banda José Ramón, sempre comprometido e dando leccións de seriedade e bo xogo en cada partido, no de onte xogou todo o último cuarto cunha rotura de fibras e botándose reflex cada 2 minutos. E doutra banda Rober, partidazo o que xogou onte!!! logo de 15 días sen xogar e coas costas esnaquizadas (era emocionante velo ao final do partido tirado no chan completamente esnaquizado pola dor) deu unha lección de xogo e orgullo persoal".

E incita a non baixar a cabeza. "Non cabe dúbida que deste partido os xogadores sairán con máis rabia se cabe e darano todo nas xornadas que quedan para intentar conseguir a proeza... aínda que haberá que esperar á resolución do comité de competición para saber como queda o tema das sancións.

Senior Feminino

  • Resultado: FIXAGAL MARÍA PITA - ES BAZARRA (83-40).

Comezou o partido moi mal para as da Costa da Morte cun parcial de 19-0, que facía presaxiar o peor... Pero a pesar do marcador final, o partido non foi tan desigual, e as xogadoras dérono todo na pista, lideradas por Sandra (un dos seus mellores partidos anotando 26 puntos) conseguiron igualar as forzas no segundo período. Pero aos poucos, e lastradas polo parcial do inicio, a superioridade física do conxunto coruñés foise impondo.

Destacar que pesaron demasiado as baixas de última hora de Meli e Helena, dúas xogadoras de vital importancia para o equipo.

Infantil masculino

  • Resultado: FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE - AD CALASANCIAS (37-36).

Gran partido o que se puido ver na tarde do sábado no Polideportivo Municipal de Cee con dous equipos dun nivel similar, utilizando cada un as súas armas para alzarse coa vitoria.

As alternativas no marcador foron constantes gañando o Ferroatlántica o segundo e último período e empatando a 10 o primeiro. Custou moito de todas as maneiras, do mesmo xeito que no partido de ida, poder realizar rápidos contraataques, xa que o balance defensivo do Calasancias era moi bo, con todo en defensa estívose moi ben, freando constantemente aos xogadores visitantes, moi superiores fisicamente.
No final do partido os mozos costeiros demostraron moita madurez e concentración para controlar os nervios e conseguir que a vitoria quedase en Cee. O encontro puido caer de calquera dos 2 lados pero ao final 37-36 para os da Costa da Morte.

O cadro técnico dirixido por Iván García, felicita aos xogadores: "Parabén mozos, merecédesvos gozar deste final de tempada logo de todo o sufrimento do principio, o bo traballo que vides desenvolvendo ao final trae estes froitos".

Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE - AS TORRES (61-31)

Partido moi tenso o disputado na tarde do domingo, con moitas faltas e accións duras por parte dos dous conxuntos, aínda que sempre con nobreza.

O conxunto local foi superior desde o inicio do encontro, cunha boa defensa e machucando o aro visitante a base de triplos ante a defensa zonal proposta polas Torres. Aínda que aos poucos as forzas igualáronse un pouco sobre todo coa 5ª falta persoal de Lorena con todo o último cuarto por disputar.
Ao final o Costa da Morte foi capaz de controlar o partido e non chegar a pasar apuros.

Cadete feminino

  • Resultado: ARTAI - ROMAR MOREIRA CONSTRUCIÓNS (33-57).
  • Disputábanse este fin de semana os minutos que restaban do partido aprazado no seu momento polas pingueiras no Pavillón da Zona Escolar. Se o encontro fora moi igualado no seu momento, na continuación non tivo nada que ver. O Costa da Morte impuxo o seu xogo desde o inicio e cunha gran actuación de Esther (18 puntos en 15 minutos) alzouse cunha nova vitoria.

    Alevín masculino

    • Resultado: BCA CASTRILLÓN - FERROATLÁNTICA COSTA DA MORTE (21-54).

    Mal comezo de partido por parte dos xogadores do Ferroatlántica que ata o terceiro cuarto non empezaron a desenvolver o seu xogo, pero a partir dese momento e sustentados por unha boa defensa xa non pasaron apuros para conseguir a oitava vitoria da tempada e alcanzar a 3ª praza do grupo A-2.

    Vindeira xornada

    • Sénior masculino: o Oso Polar visita a cancha do Cluny santiagués o domingo ás 19:00.
  • Sénior feminino: o ES Bazarra visita a cancha do Pulpalia de Lugo con horario por confirmar.
  • Infantil masculino: o Ferroatlántica visita a cancha do Culleredo con moitas opcións de traerse a vitoria para casa.
  • Infantil feminino: o Ferroatlántica descansa, pero posiblemente repetirá enfrontamento contra As Torres para xogar o partido que se aprazou no seu momento.
  • Cadete femino: o Romar Moreira Construcciones recibe a visita do Calasancias (2º clasificado) no que se presenta como un gran encontro entre os 2 mellores equipos da competición.
  • Alevín masculino: A próxima semana xogarase o partido aprazado contra Cambre, con horario por determinar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Oso Polar.

Comentarios