O Soneira campión da Copa da Costa 2011

22:38 03/07/11

Non houbo sorpresa. Tralo 3-0 da ida en Castriz, e contando a diferencia de categoría, todo parecía imposible para os xalleiros. E así foi nunha tarde bastante sosa e aburrida no Municipal de Vimianzo. O festón do Asalto ao Castelo non afectou aos soneiráns, que sentenciaron no primeiro tercio da final con dous tantos de Santi e Kike.
O 2-0 final deixa esta temporada histórica para o Soneira, 6º na súa primeira temporada na Preferente, e Campión da Copa da Costa 2010-2011.
Ademais, a cita serviu para despedir a Miguel, todo un personaxe no fútbol costeiro, que colga as botas. Nós dende QPC tamén lle facemos a nosa homenaxe e podedes ver a Vídeo entrevista de Ángel Garrido co medio soneirán.
Xa teñen toda a crónica en www.copadacosta.com.

Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co medio soneirán Miguel.
- Unha fermosa homenaxe en vídeo á UD Cerqueda.
- O fútbol da Costa segue en movemento.
- Ida da Final: O Soneira deixa sentenciada en Castriz a final da Copa da Costa.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).