O surf chega ás Escolas de Carballo


Nace o "proxecto Surf na Escola", promovido pola Federación Galega de Surf, que se celebra na praia de Razo o martes 22 de xuño. A idea consiste nunha tarde de clases gratuítas de surf para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, que acodirán á praia carballesa para aprender da man dos malpicáns Silfo Surf Camps & Escuela e dos carballeses de Razo Artsurfcamp.
Así, o mesmo martes haberá unha xornada de portas abertas gratuíta "para un curso de bautismo de surf" dirixido a rapaces e rapazas do municipio que poderán desfrutar de clases de balde durante toda a tarde.
A presentación tivo lugar onte no Concello de Carballo, no que participaron o Alcalde en funcións, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deporte en funcións, Marcos Trigo; o presidente da Federación Galega de Surf, José Rodríguez Hierro; e Pablo Rodríguez e Manuel Alonso, representantes de Teiron.
Maior aproveitamento dos recursos
Juan José Rodríguez Hierro, Presidente da Federación Galega de Surf, entidade promotora da iniciativa, explica que o obxectivo desta actividade é o de potenciar un deporte que conta en Carballo cun enorme potencial debido á presenza da praia de Razo e que "está desaproveitado". Para Rodríguez, en toda a Costa da Morte, o surf "é unha mina que aínda non se explotou", polo que iniciativas como Surf na Escola serven para "darlle a posibilidade de surfear á xente".
Dende Artsurfcamp, Pablo Rodríguez explica que na escola poden pasar arredor de 1.000 persoas ao longo de todo o verán polas instalacións de Razo, e destas persoas tan só un 5 por cento son do municipio. Para Rodríguez, Razo é unha praia ideal para a práctica do surf coñecida a nivel galego e nacional coa vantaxe de que "pais, nais, nenos e nenas que veñen de sitios como Madrid ou Barcelona levan sempren un bo recordo". Por iso, colaborando con estas iniciativas, esperan "animar á práctica do surf nas escolas tanto en verán como en inverno".
Inscrición
O único que teñen que facer para poder asistir é inscribirse antes do 17 de xuño no Padroado Deportivo Municipal.
Máis información
- Concello de Carballo: Presentación do proxecto Surf na Escola.
- Silfo Surf Camps.
- Art Surf Camp.
Novas relacionadas
- 5 colexios de Cee e Camariñas pecharán cunha regata a campaña “O Mar na Escola” de vela.
- A Costa da Morte afía o vento para a I Travesía de Kitesurf.
- A música e o surf mestúranse no Sereas e Piratas de Razo.
- En Malpica o surf tamén recolle o lixo.
- A Costa da Morte, o epicentro do surf da península.
Máis novas surfeiras
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- I Caldeirada Surf: O surf integrado en Malpica.
- Surfeando na praia de Soesto.
- O surf chega a Malpica .