Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Os Infantís do Cee celebran a Liga e xa pensan na I Copa da Costa Infantil

Os Infantís do Cee celebran a Liga e xa pensan na I Copa da Costa Infantil
Infantis do Cee campions de Liga-Fotos-UC Cee

Queda só unha xornada para o remate da 1ª Infantil pero xa temos campión. O Cee non fallaba ante o Coristanco este domingo, e aproveitaba a derrota do Corme en Fisterra para levar o título de campión, deixando precisamente a fisterráns e cormeláns co mel nos beizos.

Un Cee que remata cuns números espectaculares, con só unha derrota (ante o Corme e nun partido moi estrano na primeira volta) e un empate (tamén co Corme no Cairo) en 23 partidos, nos que anotou 170 goles e só recibíu 22.

I é que a loita vén sen fermosa dende o comezo de liga. Os 3 equipos veñen destacados, loitando pola cabeza dende as primeiras xornadas. Aínda na xornada anterior, o Corme tivo o título na man, pero non puido vencer ao Cee no Cairo, deixando un empate que valiu un título para os de Carlos Pazos.

Un Carlos Pazos ao que lle enviamos un forte saúdo e lle desaxamos unha pronta recuperación, pois tiña un accidente de moto esta pasada semana e tiña que ser operado do femur.

Sorteo de Copa da Costa Infantil

E este curso, ao igual que a Copa Cadete, xa en liza, será a estrea desta competición en categoría infantil. Así a I Copa da Costa Infantil terá a primeira reunión o vindeiro luns 24 de marzo, ás 20:15h no Pavillón de Baio.

Polo de pronto, os 13 equipos da 1ª infantil participarán na competición a non ser que comuniquen a baixa. Os que non estarán son os XCS e Dumbría da Liga Galega, i é que parece que subir é ás veces un castigo na Costa.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios