Os infantís do Manuela Rial, ao Campionato Galego
Despois da experiencia cas Seleccións Galegas, volve a realidade costeira. A semana pasada tiña lugar os últimos partidos das Cadetes e Infantís que se xogaban a permanencia en Liga Galega. Non foi boa a fin de semana, e os dous equipos, plagados de baixas ao longo do curso, caían ante Oleiros e rematan así a súa andaina pola Liga Galega.
Pero a familia dumbriesa continúa en marcha, e son os Infantís do Manuela Rial o que toman o protagonismo, e o farán este sábado e domingo en Oleiros no Campionato galego infantil de voleibol, para o que o equipo do Manuela Rial está clasificado.
Tendo en conta que se trata dun equipo de 1º ano e con algunha incorporación de menos idade, as opcións de acadar medalla son limitadas, pero para o equipo será unha experiencia máis e sempre pode saltar algunha sorpresa.
Este campionato xogase na modalidade de todos contra todos polo que o equipo disputara tres partidos: O sábado pola mañá xogarán ás 12:00h contra o anfitrión e favorito As Mariñas de Oleiros, o sábado ás 17:00h contra o Calasancias de A Coruña e o domingo pola mañá ás 10:00h contra Emeve de Lugo.
Sorte!
Crónicas da temporada
- 3 costeiros fixeron historia ca Selección Galega no Campionato de España de Volei.
- Tres xogadores do Volei Dumbría, ca Selección Galega no Campionato de España.
- Rematan as Ligas regulares do Volei Dumbría con dous clasificados para as Fases Finais.
- Dúas vitorias dos seniors nunha xornada repleta colocan ao Volei Dumbría na 3ª praza.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría alónxanse do Campionato Galego.
- Os cadetes do Voleibol Dumbría aseguran a fase final do galego.
- Os Cadetes do Volei Dumbría case aseguran unha praza no Campionato Galego.
- As cadetes manteñen o tipo do Volei Dumbría.
- A Selección Galega de Volei, no Conco e con acento costeiro.
- Os Sénior do Volei Dumbría volveron de Lugo cunha vitoria ante un histórico.
- A gripe pode cos cadetes do Volei Dumbría.
- Os Sénior e os Cadetes manteñen o ritmo do Volei Dumbría.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen na loita.
- Os cadetes do Volei Dumbría seguen competindo cos mellores da Liga Galega.
- Mala xornada para os equipos femeninos do Volei Dumbría.
- A baixa de Manuel Marcote mingua o poderío do Volei Dumbría.
- Xornada curta e mala para o Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría tamén saben perder.
- 4 vitorias claras e unha derrota disputada para a familia do Volei Dumbría.
- Os Sénior do Volei Dumbría estréanse en casa con vitoria.
- O Volei Dumbría segue sumando vitorias.
- Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.
- Os equipos de base preparan o camiño para o histórico debut dos Sénior do Volei Dumbría.
- O Volei Dumbría estrea equipo Sénior.
- Un internacional e un título autonómico para a familia do Volei Dumbría.
- A praia do Ézaro servíu de colofón para os campións galegos de Volei Praia.
- O Ézaro foi o centro do Volei Praia de toda España.
- O equipo sub-17 do Volei Dumbría vence a 2ª proba do Campionato Galego.
- O Volei Dumbría quedou aos pés das Semis do Campionato de España.
- Un bronce con acento costeiro no Campionato de España de Seleccións de Voleibol.
- Un Campionato de España moi real para os 5 xogadores do Volei Dumbría.
Fonte
- Volei Dumbría.