Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os cadetes do Voleibol Dumbría aseguran a fase final do galego

Os cadetes do Voleibol Dumbría aseguran a fase final do galego
Cadetes do Volei Dumbria

Se a semana pasada xa tiñan un pé, esta semana si que podemos afirmar que matematicamente o equipo cadete do Voleibol Dumbría asegura a fase final do Campionato Galego. E o fixo despois de vencer a Santa Mª del Mar por 0-3 (13-25 / 11-25 / 5-25) nun partido no que foron moi superiores en todos os apartados de xogo destacando na recepción que permitiu repartir opcions entre todos os compoñentes.
Con este resultado aseguran, como mínimo, o 4º posto, que daá opción a xogar o Campionato Galego en maio.

Ademais, a xornada a completaban as infantís do Manuela Rial, que caían ante Zalaeta por 3-0 (25-18 / 25-8 / 25-16) nun choque ao que o equipo chegaba moi xusto polas enfermidades e lesions. En todo cado, o cadro dumbriés pouco a pouco vai mellorando no xogo, e aínda que o progreso é lento, cumple o obxetivo desta tempada que é coller experiencia para un equipo moi novo e inexperto.

Vindeira xornada

Este domingo en Monforte:

  • 10:30h - Infantil femenino: CV Ribeira Sacra - Manuela Rial.
  • 12:00h - Cadete femenino: CV Ribeira Sacra - Voleibol Dumbría.

E tamén o domingo, pero en Lugo:

  • 17:00h - Xuvenil masculino: Emeve - Voleibol Dumbría.
  • 18:15h - Cadete masculino: Emeve - Voleibol Dumbría.

Crónicas da temporada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios