mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os infantís do Manuela Rial, ao Campionato Galego

Os infantís do Manuela Rial, ao Campionato Galego
Campionato Volei Infantil

Despois da experiencia cas Seleccións Galegas, volve a realidade costeira. A semana pasada tiña lugar os últimos partidos das Cadetes e Infantís que se xogaban a permanencia en Liga Galega. Non foi boa a fin de semana, e os dous equipos, plagados de baixas ao longo do curso, caían ante Oleiros e rematan así a súa andaina pola Liga Galega.

Pero a familia dumbriesa continúa en marcha, e son os Infantís do Manuela Rial o que toman o protagonismo, e o farán este sábado e domingo en Oleiros no Campionato galego infantil de voleibol, para o que o equipo do Manuela Rial está clasificado.
Tendo en conta que se trata dun equipo de 1º ano e con algunha incorporación de menos idade, as opcións de acadar medalla son limitadas, pero para o equipo será unha experiencia máis e sempre pode saltar algunha sorpresa.

Este campionato xogase na modalidade de todos contra todos polo que o equipo disputara tres partidos: O sábado pola mañá xogarán ás 12:00h contra o anfitrión e favorito As Mariñas de Oleiros, o sábado ás 17:00h contra o Calasancias de A Coruña e o domingo pola mañá ás 10:00h contra Emeve de Lugo.

Sorte!

Crónicas da temporada

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios