xoves. 14.11.2024
El tiempo

Os palistas dumbrieses fan de olímpicos e semiprofesionais

Os palistas dumbrieses fan de olímpicos e semiprofesionais

Doble cita tiña o CDM Piragüismo Dumbría esta pasada fin de semana. E unha tivo resultados moi positivos para a familia dumbriesa. I é que tanto Iago Canosa coma Xabier Trigo completaron con éxito as probas de acceso o Centro de Tecnifiación Deportiva de Pontevedra, . Así, Iago Canosa ten moitísimas probabilidades de incorporarse a partir do vindeiro curso lectivo. Máis dificil o ten Xabier Trigo que despois de realizadas as probas, pasaría a ser un dos primeiros suplentes para entrar no centro en caso de que falle algún dos convocados.

Proba Olímpica en Cataluña

Pola outra banda, foi discreta a participación do CDM Piragüismo Dumbría no Campeonato de España de Slalom celebrado a pasada fin de semana no Canal Olímpico de La Seu de Urgell. O mazaricán Aarón Rei volcou nas últimas portas cando estaba a puntiño de pechar un bo recorrido, votando a perder o seu resultado. Ademais Marco Oreiro non foi quen de pasar un esixente corte que só superaron 4 palistas da súa categoría.

Mesmo así, os dous palistas daban por moi boa a participación neste campionato, tendo en conta que era a primeira vez que competían nunha pista tan esixente coma a do Parque Olímpico do Segre, que pasa por ser unha das máis complicadas do mundo. De feito, a parte dos xogos de Olímpicos de Barcelona, tamén foi sede do Mundial de fai dous anos, ou do Campeonato de Europa fai apenas 15 días.

Vindeiras probas

Para a vindeiro fin de semana o clube viaxa a Ecija, en Sevilla, onde se disputa a primeira competición da Copa de España de Promoción de Slalon. Os palistas do CDM Piragüismo Dumbría parten con posibilidades reais de obter medallas, Martiño Quintáns podería obter un bo resultado no C1, e Xabier Trigo e Iago Canosa forman parte da terna de favoritos para a vitoria na competición dos C2.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do CDM Dumbría, da man de Quique Portela.

Comentarios