Os Sénior do ACB complícanse a permanencia
Apenas dous partidos en xogo da familia ACB Costa da Morte esta fin de semana, unha vez que moitas competicións ligueiras xa remataron e as de Copa están poñéndose en marcha. Xogaron os Sénior, cunha derrota mala, e os infantís, que colleitaron unha boa vitoria.
3ª División Sénior Masculina, Liga Descenso, Gr. Centro, Xornada 4º
- Resultado: DOCE CONCEPT SPAIN - ACB COSTA DA MORTE (51-41).
- Parciais: (12-3; 15-6; 19-12; 5-20) (Acumulado: 12-3; 27-9; 46-21; 51-41)
- ACB COSTA DA MORTE: Fabián, 6 ptos; Deril, 14 ptos; Andrés, 4 ptos; Manuel, 3 ptos; Tinín, 10 ptos-quinteto inicial - ; José, 4 ptos; Sergio, 0 ptos.
Partido no que os de Cee non “chegaron” o partido ata a mitade do terceiro cuarto. A partir de ese momento, e sobre todo no último cuarto o equipo de Cee demostrou do que pode ser capaz, si quere, cun parcial de 5-20, ante un equipo que empezou a poñerse nervioso ante o recorte na diferenza no marcador.
Ó final do partido, a falta de acerto nos tiros libres, e determinadas decisións arbitrais nas últimas xogadas, non deron opción a remontada, e nin siquera empatar o basketaverage entre os dous equipos. No caso de empate a puntos entre ámbolos dous equipo, descenderían os nosos.
2ª División Infantil Masculino -AB3 - 2ª Fase, 5ª xornada
- Resultado: BASQUET CORUÑA - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (32-39).
- Parciais: (11-7; 11-10; 3-13; 7-9) (Acumulado: 11-7; 22-17; 25-30; 32-39)
- FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE: Iván, 4 ptos; Luciano, 4 ptos; Tomás, 7 ptos; Adrián, 16 ptos; Christian, 8 ptos-quinteto inicial-Carlos, 0 ptos; Fran, 0 ptos.
Partido no que arrancaron por detrás no marcador os nosos rapaces, pero no terceiro cuarto foron capaces de remontar e poñerse por diante, para finalmente gañar o seu último partido desta fase.
2ª División Sénior Feminina
Finalizada a liga, xogará cruce co equipo do grupo sur que rematou na súa mesma posición, Noia. Xogarán o día 01/05 en Noia e o 05/05 en Cee.
Máis información
Crónicas anteriores
- O ES Bazarra remata a liga regular e espera o cruce.
- Os e as maiores do ACB avanzan a ritmo de vitoria.
- Os maiores do ACB aférranse á categoría.
- As Sénior do ES Bazarra marcan a liña a seguir na familia ACB.
- As infantís do ACB xa saben gañar.
- As Sénior do ES Bazarra seguen sumando vitorias.
- Os tiros libres condenan aos equipos do ACB Costa da Morte.
- As mulleres manteñen a senda da vitoria para o ACB.
- As cadetes do ACB manteñen a boa liña e os Sénior case dan a sorpresa.
- As Sénior do ES Bazarra manteñen o pulso do ACB Costa da Morte.
- As maiores do ACB seguen en marcha.
- Nova xornada para os pequenos do ACB Costa da Morte.
- As cadetes salvan a fin de semana da familia ACB Costa da Morte.
- Fin de semana completa para a familia ACB.
- 3 derrotas e 2 vitorias foron o balance do ACB na fin de semana.
- Xornada para esquecer da familia ACB Costa da Morte.
- Comeza un ano completo de baloncesto para o ACB Costa da Morte.
- As infantís do ACB xa son campionas intercomarcais.
Fonte
- Nota de prensa do ACB Costa da Morte.