Parte de sancións con aliñacións indebidas e novidades co Programa Xogade
Chega cargado o parte de sancións, sobre todo no tocante á 3ª da Costa. Antes de analizar ademais a nova situación arredor das fichas das categorías inferiores arredor do Program Xogade, repasamos as denuncias desta fin de semana:
- Corcoesto - Montelouro: O Comité abre información trala denuncia presentada polo equipo muradán por presunta aliñación indebida dun xogador do Corcoesto. O cadro cabanés terá 5 días hábiles para presentar alegacións.
- Muxía - Fisterra B (xornada 11 disputado o 30-10-11)): Encontro tralo que o filial fisterrán denunciara a posible aliñación indebida do xogador Ángel Otero, e unha vez que o Muxía non presentou alegacións. A Federación comprobou que a súa ficha foi dada de alta o 11-11-11, dúas semanas despois do encontro, polo que declara vencedor ao Fisterra B por un marcador de 0-3. O Muxía que pagar unha indemnización de 50€ ao Fisterra B, unha multa de 60€ á Federación pero non sofre sanción en forma de puntos.
- Fisterra B - Laxe: O filial fisterrán preguntou por dúas tarxetas a xogadores do cadro fisterrán (nº2 e nº11) porque non coincidían as tarxetas cos cambios realizados. O colexiado Diego Castelo estudiará a denuncia.
Ademais hai un encontro que non se vai disputar esta fin de semana. O Fisterra-Santa Comba de xuvenís tivo problema cos campos para disputarse esta xornada e queda para o 6 de decembro ás 16:00h en Ara Solis.
Programa Xogade
Xa anunciaramos que habería novidades entorno ao Programa Xogade, que xestiona as axudas para os clubes deportivos de todo o país a través do cal pagan as mutualidades das categorías base. Se ben o Presidente da Federación fixo saltar as alarmas asegurando que a Xunta ía proceder á total supresión do programa, dende a Secretaría Xeral do Deporte nos aseguraban que o Programa Xogade non se ía suprimir, só ía necesitar un “cambio organizativo en canto a actividade federada”, pois dende as empresas aseguradoras que van optar ao concurso público, avisaron que non van aceptar as mesmas condicións que o ano pasado, e que propoñen separar as axudas federadas das non federadas, pois as primeiras non lle son rentables.
Finalmente parece que xa hai resolución para o caso. Deste xeito, e unha vez que a Xunta separa definitivamente a actividade deportiva escolar e o deporte federado, os futbolistas federados en idade escolar que precisamente antes estaba incluídos no Programa Xogade, a partir deste 15 de novembro mudan de seguro deportivo, sen coste para os clubes. Agora forman parte da Mutualidad de Previsión Social de Futbolistas Españoles a Prima Fija con cargo á compañía de seguros privada ASEFA.
A cobertura vence a 31 de agosto de 2012, polo que durante o verán os deportistas en idade escolar (de prebenxamíns a cadetes) estarán cubertos.
Iso si, os centros médicos seguen sendo os mesmos que os das categorías de xuvenís e afeccionados (O Hospital Santa Teresa da Coruña este curso, non puideron conseguir o HVdX de Cee...)
Sancionados
Preferente
- José Manuel Eirís Pereira (Dumbría)
- Víctor García (Soneira)
- Víctor Vecino (Soneira - 2 partidos)
- Miguel Figueira (Adestrador Soneira)
- Pablo Baña (Santa Comba)
Apercibidos Preferente:
- Angelo Liñares (Santa Comba).
1ª Autonómica
Apercibidos 1ª:
- RUBEN FIUZA CANOSA (CEE).
- JULIO DOMINGUEZ OUTES (CEE).
- JOSE L ALVITE LEMA (CEE).
- RUBEN VARELA FREIRE (PUENTECESO).
2ª Autonómica
- DAMIAN TOREA "Cajulo" (ESTEIRANA).
- JUAN C CABANAS RODRIGUEZ (CAMARIÑAS).
- IVAN CAAMAÑO GONZALEZ (MUROS).
- MARTIN RECAREY COUTO (SAN LORENZO).
- JOSE LOPEZ MARCOTE (Colabor. CORCUBION).
- DAVID LAREU GARCIA (NANTON).
- JOSE FERNANDEZ CASTRO (NANTON).
- JUAN MOREIRA ANTELO (NANTON).
Apercibidos 2ª:
- FRANCISCO MACEIRAS OLVEIRA (ESTEIRANA).
- ALEJO CAMBON ALVAREZ (CORME).
- DIEGO BERMUDEZ ROMERO (CORME).
- ABEL SOUTO CORES (SOFAN).
- LEONCIO PICALLO PEREIRA (CAMARIÑAS).
- DAVID LOURIDO LOPEZ (CORCUBION).
- CARLOS VIDAL FARIÑA (NANTON).
3ª Autonómica
- JOSE A BLANCO BLANCO Delegado MUXIA - 2 Meses).
- EDUARDO INSUA DIAZ (FISTERRA "B").
- RUBEN INSUA DIAZ (FISTERRA "B").
- FERNANDO LOIS ALVITE (ALCAIAN).
- IAGO MARTINEZ SANCHEZ (PORTEÑO).
- RAMON LAGO TAJES (VOLANTES DE BAÑO).
Apercibidos 3ª:
- FABIO LESTON BLANCO (OUTES).
- SERGIO VAZQUEZ SANTAMARIA (OUTES).
- MANUEL LAGO LAGO (U.D. MONTE LOURO).
Ligas Xuvenís
- JAVIER CIVES FERNANDEZ (MAZARICOS).
- RAMON LOPEZ ROMAR (Delegado CAMARIÑAS).
- JOSE BUSTO RIAL (SPORTING ZAS).
- JULIAN BUSTO BLANCO (MUXIA).
- SANTIAGO NEGRO ALVITE (MUXIA).
- JOSE L CASUSO VENTUREIRA (MUXIA).
- ALEJANDRO MATO RODRIGUEZ (CABANA).
Apercibidos Xuvenís:
- BRUNO LADO PIÑEIRO (ESTEIRANA).
- DAVID LADO HERMIDA (MAZARICOS).
- DANIEL MARTINEZ FERREIRO (SANTA COMBA).
2ª Cadete
- ISMAEL CARRIL LISTA (CAMARIÑAS).
Máis información
Crónicas da semana
- Xuvenil Norte: Baio, Ponteceso e Camariñas apretan aos dous de arriba.
- Xuvenil Sur: 4 equipos esperan un pinchazo de Cee.
- 3ª Autonómica: O Coristanco mantén o pulso cos equipos do sur.
- 2ª Autonómica: 3 equipos á caza do Camariñas.
- Preferente: Só suma o Xallas.
- 1ª Autonómica: Doble alegría a base de garra.
- Resultados do fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).