Domingo. 03.03.2024
El tiempo

Pleno de vitorias para o Volei costeiro

Pleno de vitorias para o Volei costeiro
Xuvenis do Volei Dumbria 2013-2014

Menuda fin de semana da familia do Voleibol costeiro. Pleno de vitorias nos 3 partidos en liza.

Comenzaban a fin de semana as cadetes do Voleibol Dumbría no Conco cunha vitoria ante CV Santiago na liga zonal por 3-2 (25-16, 22-25, 25-15, 22-25, 15-7) nun partido cheo de alternativas, pero a boa defensa , o saque e alguns erros das santiaguesas decidiron o encontro a favor das dumbriesas neste primer partido da liga.

A xornada continuo o domingo coas vitorias dos xuvenís e cadetes do Voleibol Dumbría ante Burgas de Ourense.
Os xuvenis venceron 1-3 (23-25/25-21/20-25/15-25) nun partido axustado que deberon resolver máis claramente pola superioridade amosada, pero o conxunto xuvenil non acaba de explotar todas as suas condicións ainda que se manteñen segundos na clasificación e os cadetes venceron claramente por 0-3 (6-25/20-25/11-25) demostrando o seu liderazgo na liga galega deste ano.

Vindeira xornada

Comentarios