Preferente: Seguros en casa e dando minutos á xuventude
Non hai quen lle tusa a este Soneira no Municipal de Vimianzo. Este domingo solventaron con moita comodidade o encontro ante o Campus Stelae e tiveron tempo ata de acabar o partido con 3 xuvenís sobre o céspede, e iso que chegaban dunha eliminatoria apretada da Copa Xuvenil .
Puideron celebrar así a homenaxe que o Concello brindou ao xogador Miguel e mais ao piloto de rallis Amador Vidal. Este póster desenvolto polo técnico do concello Víctor Santos é o protagonista da homenaxe.
Reunión en Baio
O fútbol costeiro que ten este luns 14 de marzo unha cita importante no ás 20:30h no Pavillón de Baio. Os clubes serán informados polos membros da Asociación de Clubes da Costa sobre a elección dun representate do noso fútbol por parte da nova Federación Galega para a directiva comandada por García Liñares.
Como xa vimos avisando, trátase dun momento crucial para o fútbol costeiro xa que por primeira vez parece que pintamos algo na federación. Agora é o noso turno de que as nosas diferencias sexan limadas e que deamos unha visión de unidade para que nos teñan en conta, como parece que van facer.
Soneira - Campus Stelae (3-0)
- Soneira: Pose, Darío, Pablo, Ferreiro, Javi, Santi, Víctor García (Mayor, min.60), Kike (Alberto, min.75), Vía Rápida (Basti, min.70), Vituco, Mario (Fran de Urroa, min.55).
- Goles: 1-0, min.7: Kike; 2-0, min.42: Kike; 3-0, min.65: Vituco.
Encarrilou moi pronto o Soneira o partido cun Kike que está enrachado, pois leva 4 goles nos dous últimospartidos de casa. A partir de aí o encontro foi moi cómodo para os de Manolito, que ampliaron a renda, de novo por Kike antes do descanso.
A segunda metade foi un mero trámite e só cómpre destacar que acabaron 3 xuvenís no céspede: Basti, Mayor e Alberto.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- Resultados dunha xornada completa con ascensos e moita tensión.
- Amador Vidal e Miguel, Deportistas Ilustres homenaxeados no Concello de Vimianzo.
- Copa Xuvenil: Os oitavos comezan coas espadas por todo o alto.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
Artigos relacionados
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Artigo de Pablo Mouro: Adestrar mal, lesión segura.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).