Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Preferente: Sumando

Preferente: Sumando
Pablo Muino celebrando o Gol do XSC ante o Escairon-Foto-Mca Cuns

Non foi mala a 5ª xornada da Preferente - Senra Sport. Pero puido ser mellor se o Dumbría confirmara a súa superioridade ante o Negreira cunha vitoria. Eran dous partidos na casa, dous partidos para seguir sumando de 3 en 3, e se o XSC conseguíu aguantalos ante o Escairón, o Dumbría non puido máis que manter un punto no Conco.

Quedan os dous con 8 puntos na zona media-alta.

Senra Sport patrocina a Preferente


Dumbría - Negreira (1-1)

  • DUMBRÍA: David (Iván), Tantán (Bryan), David Carreira (Kevin, min.74), Adrián Alcaina (Moreno), Jose, Aarón, Adrián Makaay, Javi, Adrián Nieto (Luistio, min.60), Iago e Diego Cespón.
  • Goles: 0-1, min.5; 1-1, min.17: Adrián Makaay de penalti.

Partido tremendamente intenso pero con poicas ocasións, entre un Dumbría moi novo, con moitas caras novas, e un Negreira moi forte e correoso. As mellores ocasións foron para o cadro dumbriés pero era o equipo nicrariense o que se adiantaba aos 5 minutos. Pero ao cuarto de hora Adrián Makaay marcaba dende os 11 metros o seu terceiro gol e segue loitando polo pichichi.

Cómpre destacar o debut como titulares de dous xogadores que o ano pasado eran xuvenís, como son Adrián Alcaina e Javi, que se suman aos dous porteiros, David e Iván, que tamén xogaron e que tamén eran xuvenís a campaña pasada.

Vemos que o traballo de canteira do equipo dumbriés vai dando os seus froitos.

Dumbria-Negreira-Foto-Luis Sanchez

Xallas StComba - Escairón (1-0)

  • XSC: Julián, Rubio, Alberto, Aarón, Jota, César (Choco, min.58), Doro, Jesús, Pablo Muíño (Marcos, min.73), Kevin (Jose, min.85) e David Baña.
  • Gol: 1-0, min.67: Pablo Muíño.
XSC-Escairon-Foto-Mca Cuns

Importante vitoria do cadro de Coméndez ante un Escairón moi agresivo que mantivo unha presión constante ao longo do partido, pero que estivo romo arriba e que por momentos excedeuse nas formas. Os locais souberon levar o control do balón, esperar os seus momentos e machacaar a tempo. Puido ser máis ampla a vitoria xalleira pero o gol da vitoria non chegaría ata mediada a segunda metade cando Pablo Muíño acertaba a romper a igualada e marcar un tanto que lle dá os 3 puntos para os verdes e laranxas.

Crónicas de Preferente – Senra Sport

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Comentarios