Previa da fin de semana da festa do fútbol da Costa


Fin de semana épico de deporte na Costa da Morte. I é que se ben a Final da Copa da Costa, a gran Festa do Fútbol da Costa, será o eixe sobre o que xira a información, hai cousas máis interesantes.
Os infantís dumbrieses xóganse esta mesma noite, ás 20:00h en Pontedeume, o seu ascenso á Liga Galega. Coñeceremos aos finalistas da Copa de Veteranos. Hai Torneo de Fútbol Base en Cabana, o Fisober disputa a final da Copa Autonómica, mentres o Volei Dumbría se xoga o Campionato de España en Guadalaxara. Aí é nada
Pero como dicimos, a atención estará posta nese Dumbría - Santa Comba. O cadro laranxa, xa tinguido de verde, chega cunha lixeira vantaxe tralo 3-1 da inda en Fontenla. Pero o Conco parece que vai ser un forno, e a familia dumbriesa, que xa fixo do hastag #obxectivoCopadaCosta un lema, loitará con todo para quedar co título.
Saben ademais que podedes escoller ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa ata o propio domingo, loita na que o capitán dumbriés Suso segue de primeiro con máis de 170 "megustas", por diante de Aarón Fernández, que se mantén ben preto.
Reunión en Baio
E antes de nada, lembramos que o vindeiro martes 26 de xuño, ás 20:00h no Pavillón, haberá unha reunión fundamental. Votaranse todas as novidades importantes propostas na anterior reunión, incluídas ás que atinxen ás Ligas Xuvenís.
Ademais, farase fincapé na necesidade de adherirse ao seguro Fenix para poder competir.
Final da Copa da Costa, Volta
3-1 | Santa Comba - Dumbría | Dom. 18:00h |
Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil, Volta da Final
1-1 | Dumbría - Eume | Venres 20:00h |
Copa da Costa de Veteranos, Volta das Semifinais
0-1 | Cabana - Castriz | -- |
1-1 | Baio - Corcubión | -- |
XXXV Campionato de Barrios de Esteiro
A vindeira fin de semana disputarase a 5ª xornada do campionato. O sábado 23 ás sete da tarde Independiente-Carallo Santo e o domingo 24 á mesma hora Abelleira-Ciclón’s.
Final da Copa Autonómica de Fútbol Sala Feminino
O Fisober C. Vimianzo disputara a Final de Copa Autonómica. As rapazas da Costa da Morte xogaran por primeira vez unha Final de Copa Autonómica no que será o derradeiro partido da tempada para o equipo vimiancés.
O rival será o Leis Pontevedra que rematou 3º na Liga Autonómica pero que para este partido alineara xogadoras habituais do equipo de 2ª División Nacional no que quedou 3º clasificado.
Os enfrontamentos en Liga saldáronse con unha vitoria para cada equipo, o cadro pontevedrés venceu (4-3) en Pontevedra e o vimiancés 4-1 en Muxía.
O partido será o domingo ás 18:00 h no Pavillón Municipal de Bertamiráns.
Campionato de Volei de España Infantil
Tras pasar a primeira rolda sen perder partido, os costeiros do Manuela Rial-Volei Dumbría afrontan unha segunda fase complicada, encadrados no grupo 3, cos CV San Pedro de Marbella, actuais Campións de Andalucía, e o Campión de Valencia o Salesianos de Elxe.
Durante toda a fin de semana estarán de competición, que seguiremos moi de preto.
Máis información
- Escolle ao Xogador Super Bock da Final da Copa da Costa.
- Os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Crónicas da semana
- Copa da Costa: O Santa Comba puido sentenciar a Final.
- Resultados: O Santa Comba pega na Copadacosta, os cadetes do Dumbría ascenden e o Fisober fai historia.
Novas relacionadas
- Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís.
- Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta.
- Novidades importantes arredor do fútbol da Costa.
- Avalancha de torneos: Fútbol Base en Cabana, Fútbol praia en Louro e F7 en Carnota.
- Outes tamén ten cita co F7.
- 30 de xuño: Día do fútbol da Costa.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Artigos futboleiros
- Un Mar de Paixón: Remexer nos papeis doutros.
- Alberto Pose: Ánimo Cerqueda!.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).