mércores. 30.04.2025
El tiempo

Previa futbolística da fin de semana

Previa futbolística da fin de semana
Imaxe do Baio-Amio-Santi Diaz

Segunda fin de semana de outubro e volvemos ter máis 60 partidos en liza nos campos e campeiros da Costa.

Sancionados

Esperaba dúas cousas o parte de sancións. En Preferente o Soneira presentou alegacións ás 4 expulsións recibidas ao final do partido, cas protestas do gol pantasma. O COmité decide desestimalas alegacións porque entende que as mesmas non negan os feitos polos que foron expulsados. Iso si, require ao Carral a que solucione o problema ca rede para o vindeiro partido.

E mentres seguimos pendentes pois o parte do resto de Ligas aínda non está subido.

Preferente

  • MICHAEL VILELA (Soneira).
  • VÍCTOR SUÁREZ (Soneira).
  • BASTI DE LA SIERRA (Soneira).
  • FELIPE CANDAMO (Adestr. Soneira).

Apercibidos Pref.:
- BABA PAPA FALL (Soneira).
- HÉCTOR SARCEDO (XSC).

Previa da Xornada

E comezamos o repaso pola Preferente, onde teremos derbi da zona, sendo a peor compañía para que o Soneira trate de saír dos postos de descenso. Será o líder, o Bergantiños, o que visite o Municipal vimiancés na tarde do domingo. Pola súa parte, XSC e Dumbría buscarán manterse moi arriba superando a dous equipos da zona media e baixa como son San Tirso e Sada.

Na 1ª Autonómica, o máis necesitado terá o partido máis complicado. O Ponteceso, pechacancelas neste momento, recibe a un Villestro 2º na táboa, pero que polo menos vén de perder a súa imbatibilidade ante o Malpica. Un Malpica que non pode fallar ante o Piloño, penúltimo, para ademais facerlle un favor ao veciño pontecesán. O Camariñas recibe ao Flavia, que volveu comezar mal o ano. E os debutantes queren seguir na boa liña, o Baio na cancha do tamén recén ascendido Cordeiro, e a Esteirana buscará sumar en Boiro ante o potente Unión.

Choques interesesantes na 6ª xornada da 2ª Autonómica. , como un igualadísimo Zas-Corme, o Porteño-Sofánou o Cee-San Lorenzo. Pero ademais, o líder terá que vencer ao Buño para manter a súa imbatibilidade.

A Liga Xuvenil Sur terá o seu centro de atención no Dumbría-XSC, con dous dos mellores equipos da categoría fronte a fronte, e que pode determinar se a superiorade do cadro dumbriés é tal como parece neste comezo de Liga. Mentres, polo Norte, o Corme e o Cabana terán que superar dous dos equipos que aínda se poden enganchar ao grupo de arriba, como son Laxe e Baio.

Na I Copa da Costa Cadete, xa con 4 equipos clasificados para Cuartos, afronta a penúltima xornada da liguilla.

Ademais, os Veteranos terán unha xornada completa.
E a que tamén segue en marcha é a Liga Intermunicipios, da que onte analizabamos con David Castro a 1ª xornada.

Preferente, xornada 8

Soneira S.D. 13/10 - 17:00 Bergantiños C.F
San Tirso S.D. 13/10 - 17:00 Xallas StComba
C.F. Dumbría 13/10 - 17:00 Sp. Sada

1ª Autonómica, xornada 6

Cordeiro C.F. 13/10 - 16:30 C.D. Baio
Ponteceso S.D. 13/10 - 16:30 S.D. Villestro
Camariñas F.C. 13/10 - 17:00 Flavia S.D.
S.C.D. Malpica 13/10 - 17:00 S.D. Piloño
C.D. Unión 13/10 - 17:00 S.D. Esteirana

2ª Autonómica, xornada 6

Camelle S.D. 12/10 - 16:30 S.D. Fisterra
Mazaricos C.F. 12/10 - 16:30 U.D. Corcubión
Porteño C.F. 13/10 - 16:30 S.D. Sofán
S.D. Castriz 13/10 - 16:30 Cabana S.D.
Indep. Carballo 13/10 - 16:30 Muros S.D.
U.C. Cee 13/10 - 16:30 S.D.San Lorenzo
Outes C.F. 13/10 - 17:00 Buño S.D.
Volantes F.C. 13/10 - 17:00 U.D. Carnota
Sp. Zas 13/10 - 17:00 Corme C.F.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 7

Mazaricos C.F. 12/10 - 12:00 Muros S.D.
Soneira S.D. 12/10 - 16:00 U.C. Cee
C.F. Dumbría 12/10 - 16:30 Xallas StComba
Outes C.F. 12/10 - 16:30 S.D. Esteirana
  • Descansan Lira e Fisterra.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 7

S.D. Laxe 12/10 - 16:30 Corme C.F.
S.D. Coristanco 12/10 - 16:30 Camariñas F.C.
C.D. Baio 12/10 - 16:30 Cabana S.D.
S.D. Castriz 12/10 - 16:30 S.C.D. Malpica
Ponteceso S.D. 12/10 - 18:00 Muxía C.F.
  • Descansa Porteño.

División de Honra Cadete, xornada 5

S.de Compostela 12/10 - 16:00 C.F. Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 5

C.D. Lugo 12/10 - 12:00 Xallas StComba
Bergantiños C.F. 12/10 - 16:30 Galicia Caranza
C.D. Calasanz 13/10 - 10:15 C.F. Dumbría

I Copa da Costa Cadete, Xornada 5, (12-10-13)

  • G1: Cee - Muros (18:30h) (descansa As Baleas).
  • G2: Fisterra - Baio (10:30h) (descansa Esteirana).
  • G3: Muxía - Zas (10:30h) (descansa Coristanco).
  • G.4: Outes - Cabana (11:30h) (descansa XSC).

Liga Infantil, xornada 6

E.D. Os Miudos 12/10 - 11:00 S.D. Esteirana
S.D. Sofán 12/10 - 10:30Outes C.F.
E.M.F. Vimianzo 12/10 - 18:30 U.C. Cee
Muxía C.F. 13/10 - 10:30 S.D. Coristanco
C.D. Baio 13/10 - 10:30 Corme C.F.
Cabana S.D. 13/10 - 12:00 Ponteceso S.D.
  • Descansa Fisterra.

Ligas de Veteranos, xornada 5

1ª División

C.D. Nantón 13/10 - 11:00 Ponteceso S.D.
S.D.San Lorenzo 13/10 - 11:00 Xv. Bergantiños
C.D. Baio 13/10 - 12:00 San Román
Camariñas Vet 13/10 - 11:00 Soneira S.D.
Bértoa 13/10 - 12:00 Sp. Zas
S.D. Laxe 13/10 - 11:00 Cabana S.D.
S.D. Castriz 13/10 - 11:00 S.D. Coristanco
Muros S.D. 13/10 - 11:00 C.F. Dumbría

2ª División

Dep. Carballo 13/10 - 10:00 Poniente
Buño 13/10 - 10:00 Vimianzo
Cerqueda 13/10 - 12:00 Camelle
Corcoesto 13/10 - 11:00 Sofán
Agualada 13/10 - 11:00 Malpica
Porteño 13/10 - 10:30 At. Milagrosa
Leiloio 13/10 - 11:00 Erbecedo
  • Descansa Corme.

Liga Intermunicipios, xornada 2

Peña Galicia 13/10 - 16:00 Baldaio
Valenza 13/10 - 16:45 Xornes
Laxe 13/10 - 16:45 Rus
A Piña 13/10 - 16:45 Cereo
Sp. Seaia 13/10 - 18:00 Sp. Brea
  • Descansa Cances.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios