Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Facéndose ao cambio xeracional

Xuvenís: Facéndose ao cambio xeracional
Xuvenis-Cabana-Ponteceso-Foto-David Castro

Ata o finalda primeira volta non imos ter un cadro definido da categoría, pois a igualdade entre 4 ou 5 equipos de cada liga é total. I é que o cambio xeracional desta tempada, con moitos dos equipos renovados ante o cambio de idade de moitos dos seus xogadores, déixanos un panorama orfo de grandes favoritos. Agás o Dumbría polo Sur, que parece devidido a arrasar.

Iso si, vemos unha fenda grande entre ous 4, 5 ou 6 equipos de arriba, e os 3 ou 4 equipos de abaixo. En parte, porque temos varios novatos aínda pouco afeitos a competir.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 6

Moi igualada a Liga Norte, con moitas posibilidades arriba. Agora está o Corme de líder, pero a semana era o Ponteceso e a vindeira pode ser o Cabana, o Malpica o propio Camariñas. Parece que entre estes 5 equipos, á espera dun posible estirón de Coristanco ou Laxe, se xogarán as 3 prazas de ascenso. E as forzas a día de hoxe aínda están moi igualadas. Haberá que agardar ata o final da primeira volta para medilas.

Cabana - Ponteceso (2-0)

Cabana-Ponteceso-Foto-David Castro
  • CABANA: Adrián, Cristian Villar (Darío, min.36) (Grille, min.78), Dani Mato, Raúl, Aurelio, Sergio Ferreiro, Samuel, Iván Mato (Cristian Varela, min.86), Álex, Pablo (Óliver, min.69).
  • PONTECESO: Xurxo, Adrián (Dani Sánchez, min.50), Dani Villar, Lorenzo, Diego, Sergio (Luca, min.58), Ismail (Óscar, min.75), Isma, Pablo, Yago e Dani Valle.
  • Goles: 1-0, min.31: Tras un pase en longo de Dani Mato para o seu irmán Iván Mato, éste último fai un gran remate de volea que se cola pola escadra da portería pontecesana. 2-0, min.68: Logo un erro en cadea da defensa visitante despois dun córner a prol dos locais, Darío envia o esférico ao fondo das mallas en boca de gol.
Capis do Cabana-Ponteceso-Foto-David Castro

Derbi con choque de estilos o que vimos na tarde do sábado nas Redondas entre o Cabana e o Ponteceso. Sorprendiu o estilo de xogo do equipo local, xa que nos ten afeitos a buscar un fútbol de toque pero neste encontro buscou un xogo máis directo, con balóns en longo e transicións rápidas, mentras que os pupilos de Dani Pallas foron fieis o seu estilo e intentaron sempre o seu característico fútbol de toque.

Na primeira metade, comezarían avisando os nerazurris por medio de Aurelio cun lanzamento dende o borde da área que atrapaba Xurxo en dous tempos cando só transcurrirá un minuto de xogo. Aos vinte minutos volvería avisar o Cabana, esta vez tras un gran pase en largo de Dani hacia Pablo que realiza un bo control, para sacar un lanzamento que atallaría Xurxo. E neste caso cumpliuse o dito e a terceira foi a vencida, tras un pase en longo de Dani para o seu irmán Iván, éste último fai un gran remate de volea que se cola pola escadra da portería pontecesana. A pesar de que en canto a xogo os locais non estaban a ser superiores xa que o Ponteceso tiña máis posesión pero as ocasións era o Cabana quen as poñía. Eso si, a poucos minutos para o descanso o Ponteceso tería unha clara ocasión tras un fallo de Adrián que non é quen de aproveitar Pablo, que non anduvo fino no encontro do sábado.

Na segunda metade houbo pouco fútbol debido as constantes interrupcións no xogo. Dani Valle tería o empate aos 8 minutos deste segundo período logo dun erro da defensa cabanesa, pero ao seu lanzamento respondería cunha gran parada, Adrián. No minuto 68, tras un erro en cadea da defensa visitante logo dun córner a prol dos locais, Darío enviaría o esférico ao fondo das mallas en boca de gol.
O Ponteceso tería unha gran opción de recortar distanzas no marcador, logo dunha transición rápida, o balón chegaríalle a Dani Valle que pon o centro para Pablo pero o dianteiro da vila de Pondal envía fóra con todo ao seu favor.
Cando transcorría o minuto 85, logo dun centro lateral, Iván salva a saída de Xurxo cunha vaselina e Óliver coa porta baleira remata de cabeza por riba do longueiro.

Con este resultado, o Cabana colócase 2º a dous puntos do Corme cun partido menos mentras que o Ponteceso queda relegado á 5ª posición tamén a dous puntos dos cormeláns pero cos mesmos encontros disputados.

Cabana-Ponteceso-Foto-David Castro

Corme - Coristanco (3-0)

  • CORME: Rubén, Sergio, Iván, Cristian, Eloy García (Quique, min.72), Joshua, Antonio, Brais (Isaac, min.80), Juanma (Ángel, min.85), Isma (Fran, min.65), Alejo (Manu, min.58).
  • CORISTANCO: Nacho, Iván, Navarro (Mosquera, min.80), Rubén, Naya (Fondo, min.60), Jorge, Cristian (Javi, min.60), Joni, Yoni, Suárez (Joaquín, min.46), Bértoa, Brais (Brandón, min.46)
  • Goles: 1-0, min.10: Brais cun bo trallazo pegado ao poste; 2-0, min.45: Alejo; 3-0, min.70: Brais.

Partido máis igualado do que sinala o marcador. Comezou marcando pronto o Corme, ante un Coristanco algo durmido. Pero o equipo de Da Silva respondeu apretando. Brais marcaba para o Corme pero Jorge marraba dúas diante do meta Rubén.
Na primeira se cadra o Corme estivo un pouco máis en campo rival e fixo lucirse varias veces ao meta Nacho, do que xa recibimos en numerosas ocasións as loubanzas dos equipos rivais e do seu propio míster.

O gol de Alejo ao fío do descanso foi clave. Así e todo o Coristanco saíu a por todas na segunda, buscando un gol rápido que os mtera no partido, pero Bértao e Brandón non conseguiron materializar as súas claras ocasións, mandando o balón ao longueiro, cando ca se cantaba o 2-1 nas bancadas. Faltando 20 minutos, sentenciou Brais á contra.

Camariñas - Baio (2-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Brian, Santi, Pose, Mateo, Chicote, Carlos, Juan, Manuel (Aitor, min.50), Javi, Jose.
  • BAIO: Guille (Anxo), Pablo (Alfonso), Michi, Efe (Javi), Silvariño, Anxo, Jose, Estefan (Kevin), Santi Díaz, Christian (Pedro), David.
  • Goles: 0-1, min.50: Christian; 1-1, min.68: Aitor; 2-1, min.75: Jose.

Vitoria importantísima do Camariñas de Pirucho, que se coloca cos grandes na parte alta deixando ao Baio algo lonxe. E iso que o partido estivo dominado polo cadro baiés, marcando os tempos e o ritmo do xogo, e mesmo creando moitas ocasións pero sen perigo. Na primeira, as mellores foron para Santi Díaz, David e Estefan pero non foron quen de definir ante un José Luís enorme na meta local.

O Camariñas soubo esperar o seu momento, e foi precisamente tras poñerse o Baio por diante. Non soubo gardala roupa o equipo de Jose Pastoriza, seguiu presionando a pesar do 0-1, e os locais, a base de brega, conseguiron darlle a volta ao marcador. Un par de balóns arriba, e a base de pelexa, Aitor e Jose marcaban deixando os puntos no Hermanas Patiño.

Muxía - Castriz (2-0)

Moito mellor o Castriz, que cada semana nota a melloría, e iso que tiña varias baixas por lesión e por ir convocados por Corredoira co primeiro equipo. Así e todo, o mellor do equipo xalleiro foi o meta Víctor, que parou un penalti no min.2 e varias paradas espectaculares.
O Muxía de Javier Lema segue en clave de mellora e sumaba a súa segunda vitoria consecutiva e da tempada, ambas ante os novatos Porteño e Castriz.

Malpica - Porteño (5-2)

Familia do SCD Malpica Xuvenil -Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Manuel; Víctor Novo (Jorge, min.67), Kevin, Canario (Pejo, min.75), Steven (Gabi, min.67), Diego (Brais, min.67), Pitís, Guille (Mouri, min.64), Almeida (Gabi, min.72), Alberto, Eloy.
Xuvenís do Porteño en Pedra Queimada-Foto-Luis E. Porto
  • PORTEÑO: Brais; Manuel, Antonio, Marcos (Martín, min.81), Gonzalo, David Pasantes, Mario, Josiño (Álvaro, min.46), David (Matías, min.62), Maikel, Felipe (Álex, min.74).
  • Goles: 1-0, min.15: Almeida; 2-0, min.30: Alberto; 3-0, min.35: Almeida á media volta; 4-0, min.70: Eloy tras un saque de falta rápido de Pitís; 4-1, min.89: Matías a pase de Maikel; 5-1, min.90: Pitís 5-2, min.93: Álvaro.
Almeida e Maikel co arbitro-Foto-Luis E Porto

Primeira metade moi clara para os locais, que tras colocarse 3-0 se relaxaron. Na segunda, os de Ordóñez tiveron 4 ocasións clarísimas para recurtar, pero non foi ata os últimos minutos cando puideron facer algún gol. Así e todo, a vitoria local nunca perigou.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 6

Descansou o Dumbría de novo, e aínda así fica líder con 4 de 4. E é o que ten esta liga, que o Outes xa leva 6 partidos e o Dumbría, ou o Mazaricos, só 4. O Fisterra vencía, con apuros e sobre o final, ao Soneira e iguala co líder.
XSC, Esteirana tamén estarán loitando cos de arriba, mentres que o Cee perdía unha gran ocasión de meterse cos líderes, perdendo na casa ante que Outes que sorprende por momentos.

Cee - Outes (0-2)

  • CEE: Paulo, Vilela (Alex min 56), Jicho, Aitor (Carlos Leis min 65), Tivi (Abraham min 79), Esteban, Tebo, Marco (Kevin min 46), Andrés, Nanón e Rafa.
  • OUTES: Samuel, Yura, Brión, César, Rafa, Álvaro, Babu, Kutu, Paulo (Simón Cad.), Veleiro (Xurxo) e Abraham (Borja).
  • Goles: 0-1, min.50: Veleiro de penalti sobre el; 0-2, min.60: Veleiro tras un roubo e pase de Yura.
  • Lesión: Paulo no xeonllo.

Partido importante que deixa ao Cee un pouco lonxe dos de arriba. E iso que a primeira metade foi dos locais, que dominaba o balón, a pesar de ser algo espeso, e chegaba nalgunha ocasión con perigo.
Sen porteiro chegaba o Outes, e foi Samuel, un dos homes máis importantes do equipo, fixo un partidazo impresionante baixo paus.

Co 0-0 se chegou ao descanso, e na segunda metade apareceu un dos que voltaba ao 11 titular logo dunha longa lesión. Volvía Veleiro, aínda ca man pegada ao corpo acostumado ao cabestrillo, e fixo un barro na segunda. Marcou de penalti cometido sobre el mesmo e de vaselina nunha internada. A partir de aí o Cee controlaba de novo o balón, pero o Outes estaba máis seguros que na primeira.

Esteirana - Lira (6-0)

  • Goles: Pablo (3), Tiko, Tobío e Manu.

Partido sen historia que lle permite á Esteirana superar ao Cee e colocarse a só dous puntos do líder. O equipo de Martín foi moi superior a un Lira que segue sufrindo e que, como o Mazaricos, non sabe o que é sumar.

Xallas StComba - Mazaricos (7-1)

  • Goles: Luís (2), Iván (3), Adrián e Marcos Mouro para o XSC. E Álvaro para os amarelos.

Partido claro para os locais, que dominou de principio a fin. Os verdes e laranxas de Rafa demostraron ser un equipo física e tecnicamente mellor que os de Casais, que segue traballando cun equipo moi novo unha vez que este ano hai 4 do ano pasado que xa están titulares co primeiro equipo.

Fisterra - Soneira (2-1)

  • FISTERRA: Ángel, Javi Suárez (Moisés, min.68), Cartamil, Noé, Rubén, Breixo (Josema, min.62), Gabi (José, min.46), Abel, Benlloch, Beto e Adrián.
  • SONEIRA: José, Manuel, Aarón, Miguel, Samuel, Rodri, Cristian, Damián (Adrián, min.46), Samuel (Chiado, min.70), Yordi (Cheo, min.65), Carlos (Espi, min.55).
  • Goles: 1-0, min.15: Abel; 1-1, min.60: Espi; 2-1, min.90: Josema.

Partido moi vistoso, de ida e vida, que foi o mellor partido da temporada do Soneira, con moito mellor actitude que noutros choques, pero no que o cadro de Antelo non tivo sorte, e acabou caendo cun gol no min.90.

O partido foi moi igualado, con ocasións para os dous bandos. Abel adiantaba primeiro aos de Guardiola, pero pouco a pouco o Soneira ía facendo dano ata que Espi facía o empate. Xa contra o final, o propio Espi tivo dúas para levar o partido, pero xa co tempo cumplido, unha falta lateral acabaría cun remate de Josema, algo protestado pola defensa por posible falta ao porteiro. Gol que daba os 3 puntos a un Fisterra que segue moi metido na loita.

Crónicas da semana

Comentarios