Rematan as Ligas regulares do Volei Dumbría con dous clasificados para as Fases Finais

Rematou a Liga para os equipos do Voleibol Dumbría en todas as categorias co resultados dispares. Por arriba, os Sénior pecharon a temporada da súa estrea cun meritorio 4º posto en balance moi positivo.

En categorías base, teremos 2 equipos na Fase Final, pero outros 4 que quedan fóra. Os Cadetes do Volei Dumbría e os Infantís do Manuela Rial estarán no Campionato Galego o vindeiro mes de maio.

Polo lado triste, amarga foi a vitoria dos Xuvenís, pois quedan fóra por un set, tras vencer ao Burgas e quedar empatados co Emeve, pero o mellor cociente dos lucenses danlle o pase entre os 4 primeiros. En todo caso, o equipo ten moito futuro pois a meirande parte son cadetes.

3 costeiros na Selección Galega

Ademais, hai boas novas en canto ás convocatorias ca Selección Galega. Despois dunha Semana Santa de preparación coa concentración da Selección Cadete en Dumbría, 3 dos xogadores dumbrieses partirán esta fin de semana cara Valladolid, onde do 9 ao 12 de abril se disputará o CESA 2015, o Campionato de España de Selección Autonómicas.
Ca sele Cadete estarán Unai Larrañaga e Marco Oreiro e coa Infantil o fará Xabi Larrañaga.

Senior 2ª División A

Despois da ultima derrota ante CV Burgas de Ourense por un axustado 2-3 o equipo dumbriés acaba en 4ª posición nesta primeira tempada do equipo senior. O balance foi positivo nun equipo novo e en formación, que pese acusar a lesión do colocador Marcote e a baixa de Touriñan por cuestións laborais, puido competir ata o final a bo nivel.


Xuvenil masculino

A derradeira vitoria por 3-0 ante CV Burgas non foi suficiente para clasificar o equipo entre os catro primeiros que dan opción a disputar o Campionato Galego. O Voleibol Dumbría quedou empatado a puntos co Emeve de Lugo pero o mellor cociente de set dos lucenses fai qe queden fora do galego por so un set. O equipo, no que compiten só catro xogadores en idade xuvenil, tivo na súa man a clasificación se non descuidara os set en algún partido que tiña ganado.


Cadete masculino

A vitoria da ultima xornada deixo o equipo en 4ª posición e clasificado para o galego que se disputara en maio. Agora o obxectivo e preparar ese campionato que vai a estar moi igualado nas mellores condicións.

Infantil masculino

A vitoria por 3-1 ante os de Ourense fai que o equipo do Manuela Rial ocupe a 4ª praza que da lugar a xogar a fase final do campionato galego. Esta clasificación xa se pode considerar un exito xa que e un equipo con xogadores de primer ano e algúns aínda máis pequenos que aprenderon a competir. No Galego, o obxectivo será participar e coller experiencia.


Cadete femenino

Peores foron os resultados nas rapazas que quedaron 11ª na clasificación e terán que xogar os cruces de promoción para evitar o descenso de categoría. O equipo estivo plagado de lesións e enfermidades que lastraron moito o equipo.


Infantil femenino

Malos resultados tamén das infantís, moi superadas pola categoría acabando últimas na clasificación, o que fará moi complicada manter a categoría nos cruces.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Volei Dumbría.