Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Repaso á completa xornada sabatina no #futboldacosta

Repaso á completa xornada sabatina no #futboldacosta

Xa temos resultados da xornada sabatatina, e do venres, no #futboldacosta. E chega completa, con Ligas e Copas, e xa podedes ver todos os resultados enwww.futboldacosta.com e nos Cadros da Copa da Costa.

Na Preferente o Xallas caía ante o potente SD Compostela, que non baixa o pistón malia ter asegurado o ascenso. En 1ª e 2ª non houbo xornada e na , o Montelouro mete presión para mañá aos Cerqueda, Volantes e Coristanco. trala súa vitoria ante o Pereiriña.

A xornada completa foi na Copa da Costa. E xa temos cuartofinalistas. Houbo poucas sorpresas, e as eliminatorias máis igualadas caeron do lado dos equipos de maior categoría. O San Lorenzo sufríu para manter a renda do 1-5 da ida co Corcubión pero pasou. En fronte terá ao Camariñas.
O Corme superou ao Nantón no segundo dos 3 choques da semana e espera ao Independiente que bateu no Laxe.
O Cabana volveu superar ao Pindo e terá ao xa clasificado Zas trala renuncia á Copa do Muxía.
Máis abaixo o Dumbría, que volvía gañar ao Club do Mar, terá que enfrontarse ao Sofán, que gañou con facilidade ao Porteño.
No outro lado do cadro, o Cee terá en fronte ao Alcaián, que vencía ao Corcoesto tras outra arbitraxe de escándalo.
E o Xallas pasaba onte ante o Buño e terá en fronte ao Carnota.
E o Soneira superaba a un Cerqueda centrado na Liga para verse en Cuartos co Muros, que non o pasou ben ante o Coristanco.
Ademais o Santa Comba sufría ante o último segundo co Malpica e se verá a cara co Ponteceso nun dos enfrontamentos máis interesantes dos cuartos.

En xuvenís, a Liga queda para o Baio-Cee da última xornada tralas vitorias dos baieses ante o líder, Malpica, xa clasificado, e o Cee co Soneira. Ademais con estes resultados o Dumbría B queda fóra definitivamente dos dous postos de ascenso.
En Copa, o Mazaricos deu un paso ante o Cabana mentres que o Ponteceso-Zas remataba sen goles nun choque con dous prantexamentos distintos pero con igualdade de potencial.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

comentarios