Resultados da fin de semana no fútbol costeiro

Nova fin de semana de fútbol na Costa. Xa coas Copas en marcha, temos partidos por todas partes. E comezamos o repaso, coma sempre, por arriba, e falando dunha nova vitoria do Soneira ante o potente Dorneda (3º na táboa) demostrando que os de Manolito xa forman parte da zona noble da Preferente. Na 1ª Autonómica non foi a mellor xornada para os nosos, pero seguen aí coas opcións intactas de ascenso. Xallas e Dumbría empataban, o primeiro co penúltimo clasificado e o Dumbría contra o Sada, 4º a un punto do trío de cabeza. I é que ambos comparten agora o liderato co Unión. Achégase o Cee tras vencer ao Zas e se volve meter no meollo a tan só 4 puntos dos líderes. 3 xornadas de infarto aínda quedan. Na Liga da Costa, o máis salientable é o empate-sentencia colleitado entre Carnota e Porteño que deixa aos dous conxuntos practicamente nos postos de descenso. Parece que Corme, O Pindo e demais poden respirar tranquilos e só o Baio podería ser alcanzado polo Porteño pero cun puntiño bastaríalle para asegurar a permanencia. Polo demais, Ponteceso e Camariñas seguen ao seu, pero desta volta o líder sufríu para desfacerse da Esteirana.

Copa Xuvenil

Tamén estiveron interesantísimas as Semifinais da Copa Xuvenil, cun Corme espectacular que fixo da final adiantada entre Campión norte e Campión Sur un trámite e xa ten pé e medio na final. Pola outra banda, Baio e Soneira empataron e deixan todo aberto para a volta. Xa podedes ver as crónicas das semifinais en www.copadacosta.com.

Preferente, xornada 35

Soneira 2-1 Dorneda

1ª Autonómica, xornada 31

Dumbría 0-0 Sada
Zas 0-2 Cee
Calo 2-2 Xallas

2ª Autonómica, xornada 31

Muros 5-0 Vimianzo
Club do Mar 3-1 Buño
Carnota 1-1 Porteño
Camariñas 3-0 O Pindo
Ponteceso 3-2 Esteirana
Baio 1-3 Sofán
Corme 5-2 Dumbría B
Castriz 4-0 Fisterra
San Lorenzo 3-2 Malpica

Copa da Costa, Ida da Previa

1-1 Malpica - Alcaián --
0-0 Baio - Muros --
0-1 Ponteceso - Mazaricos --

Liga Nacional Xuvenil, xornada 28

Colegio Hogar 3-2 Bergantiños

Copa da Costa Xuvenil, ida das semifinais

Liga Galega Cadete, xornada 27

Santa Comba - Lalín
Bergantiños 0-2 Conxo B

Segunda Cadete, xornada 27

Cabana 3-2 Baio
Outes 4-3 Fisterra
Muros 0-10 Dumbría
Soneira 1-1 Corme
Ponteceso Apraz. Esteirana
Con. de Carnota 0-8 Malpica
Bergantiños B 1-1 Coristanco

Segunda Infantil, xornada 23

Muxía 2-0 Zas
Bergantiños B 5-1 Carnota
Cabana 0-9 Dumbría
Outes 0-7 Esteirana
Os Miúdos 3-5 Baio
Cee 3-3 Santa Comba
Vimianzo 2-1 Coristanco

Copa da Costa de Veteranos, Volta da Previa

Máis información

Novas relacionadas

Entrevistas QPC Deportes

Artigos relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).