3ª Autonómica: Nantón Campión

Rematou a 3ª da Costa 2010/2011. E o fixo cun Nantón campión, que sobe a Liga da Costa acompañado do Mazaricos e do Corcubión, sen lugar a dúbidas, os tres mellores equipos do ano. Precisamente este sábado a corporación municipal enteira recibía á UD Corcubión no Concello, e facían entrega dunha placa a toda a familia corcubionesa.
Por detrás quedan un grupo de equipos que puxo en apuros ata o final o ascenso, sobre todo do Corcubión, como o Coristanco, Cerqueda, o Cabana e o Outes que firmou un fin de campaña ilusionante. Os 4 serán favoritos o vindeiro curso para o ascenso.
Polo demais, compre destacar a labor do Independiente no seu primeiro ano de competición, que remata de 8º a campaña. Outro novo, o Laxe asinou a 12ª posición coas bancadas chegas domingo a domingo. Mentres, o Xaviña, con máis problemas extradeportivos, non puido pasar da penúltima praza.
Nantón - Corcoesto (2-1)
- NANTÓN: Martín, Diego (David Lareo, min.80), Félix, Sito, Cristian (Carlos Santos, min.78), Carlos Vidal, Fabio (Martín, min.76), Amado (Rubén, min.70), Luís, Manolo (Manuel, min.82) e Javi.
- CORCOESTO: Siro, Pepe, Edelmiro, Rivera, Manuel, Germán, Luís, Martín (Lista, min.65), Couto (Pichón, min.55), Miguel e Rodri.
- Goles: 1-0, min.25: Luís; 1-1, min.42: Rodri; 2-1, min.67: Javi.
Sufriu máis do esperado o Nantón para desfacerse do Corcoesto e sumar o seu cuarto título de liga de Terceira. Este súmase a un campionato da liga da Costa (tempada 92/93), 3 de Terceira (82/83, 86/87 e 97/98) e unha copa da Costa (89/90).
Comezaron moi temorosos os xogadores locais e con moita presión por facerse co título. Luís moi oportuno como sempre enganchou coa esquerda un balón que se quedou morto na área pequena e encarrilou as cousas para os locais. A piques do descanso o cañorero Rodri enganchou unha volea na frontal da área e marcou todo un golazo case na única aproximación dos visitantes a área de Martín.
Tralo descanso o locais sabedores de que o Mazaricos gañaba en Muxía, saíron a portodas e foron pechando ao rival no seu campo e tras unha boa xogada trenzada entre Luís, Diego acabou coa fría definición de Javi que colocou moi ben o balón a onde Siro nada puido facer. A partir de aí non arriscaron nada os xogadores de Luís que apuraban todas as accións co fin de correra o reloxo, os visitantes empuxaron, pero se crear perigo de gol. Tralo pitido final euforia local, baño de cava, manteo colectivo e celebración ao estilo selección con Cristian como speaker emulando a Reina. Finalmente esperaba o camión do patrocinador Fermira para o clásico paseo polo pobo.
Xaviña - Coristanco (1-4)
- XAVIÑA: Alex, Chiribí, Sergio (Jhony), Javi, Maikel, Carliños, Carlos, Adrián, Dani, David Correos e Elvis.
- CORISTANCO: Gonzalo, Arantón (Rubén, min.65), Germán (Luís, min.46), Oscar, Marcos, Pose (Carlos, min.46), Mallón, Dani (Cota, min.70), Benitez, Pazos e Toniño.
- Goles: 1-0, min.15: David Correos; 1-1, min.30: Germán; 1-2, min.60: Pazos, de penalti; 1-3, min.65: Cota; 1-4, min.80: Marcos.
Partido típico de final de tempada entre dous equipos sen nada en xogo, pouca intensidade e moitas ocasións de gol para ambos lados.
Abriu o marcador o local David Correos cun tiro dende a frontal que foi preto da escadra. A media hora o visitante Germán marcaba o empate de cabeza a saída dun córner. Pazos de penalti feito sobre Toniño dáballe a volta ao marcador e logo Cota de cabeza nun córner e Marcos cun tiro cruzado dende a frontal poñían o definitivo 1-4. O Xaviña tirou dous balóns aos paus na primeira metade o Coristanco na segunda.
O mal sabor que deixa o partido foi a lesión do local Sergio e visitante Pazos que nunha disputa aérea chocaron e tiñeron que ir ao PAC de Vimianzo onde lle tiveron que poñer puntos de sutura, ao xaviñan nunha forte brecha na cabeza e ao coristanqués nunha cella.
Cabana - Corcubión (2-2)
- CABANA: Dani (Toni, min.46), Rubén García, Marcos, Ismael (Jacobo, min.46), Alfredo, Xandro, Micky, Diego (Josiño, min.46), Rubén Rama (Adán, min.46), Suso Docampo e Darío (Adrián, min.20)
- CORCUBIÓN: Cristian, Carlos, Chisco, Manuel Cartamil (Mario, min.46), Balucho, Javi Tarrela (Estrella, min.46), Sergio Manín, Jose (Manu de Lira, min.60), Paulo (Sergio, min.60), Jonhi (Iago Lema, min.46), Lourido.
- Goles: 0-1, min.20: Jose Atalaya; 0-2, min.30: David Lourido; 1-2, min.55: Rubén García, de falta; 2-2, min.65: Alfredo.
Partido de pouca intensidade cunha parte para cada equipo e cun xusto reparto de puntos. O Cabana comezou de inicio con tres xuvenís: Ismael, Diego e Micky.
Muros B - Laxe (2-0)
- MUROS B: Trozo, Echeba, Fernando, Yerai, Paki (Casco, min.80), Mingos (Gabrile, min.60), Pedro (Oscar, min.65), Ramón, Jesús, Ivi (Piru, min.70), Pesco.
- LAXE: Jacobo, López, Jaja, Oscar, Jacinto, Rubén, Alán, Felipe (Carlos, min.20), Dani, Samuel, Anxo.
- Goles: 1-0, min.30: Pesco; 2-0, min.85: Pesco.
- Lesións: Felipe e Anxo.
Bastante cera e pouco fútbol. O Laxe chegaba cos xustos e rematou con 10 sobre o campo polas lesións de Felipe e Anxo. Pesco, foi o autor dos goles.
Independiente Carballo - Alcaián (1-4)
- INDEPENDIENTE: Noé, Manuel, Panuchi, Dani, Rubén, Iván Lorenzo (Toni, min.65), Cholo, Miki, David, Upi (Suso Noya, min.55) e Ivi.
- ALCAIÁN: Herrera, Paco, Luisito (Iván Souto, min.46), Dani, Víctor, Doriño (París, min.46), Pistolas (Toñito, min.60), Daviciño (Portillo, min.70) Pablo Framil e Javito (Víctor Pazos, min.46)
- Goles: 0-1, min.20: Pablo Framil; 1-1, min.35: Míchel, de falta; 1-2, min.55: Pistolas; 1-3, min.61: Pablo Framil; 1-4, min.70: Toniño.
- Expulsións: Os locais Suso Noya e Cholo e os visitantes París e Víctor Pazos, todos por cartón vermello directo no minuto 85.
Partido de clara cor visitante que dominou por completo e se levou con facilidade os tres puntos. No bando visitante debutou Paco, que xa xogara no Alcaián fai 3 tempadas, e tamén o míster Víctor Pazos que deixou a impronta da clase que o atesorou antes de lesionarse dando as tres asistencias dos goles do Alcaián na segunda metade.
A falta de 5 minutos para o remate unha pequena tangana entre dous xogadores propiciou a loucura do colexiado que expulsou a xogadores que non fixeran nada, pero cegouse tanto que incluso tentaba expulsar por número a xogadores que non estaban no campo e non interviran para nada. Ambos conxuntos reuníronse na mañá do domingo para facer un escrito co relato dos sucesos pois o colexiado redactou un bo texto na acta indicando que os motivo das expulsións foran agresións, cousa que ambos equipos non comparten.
Lira - Atl. Pereririña (Aprazado)
Partido non disputado pola incomparecencia do colexiado. Agora haberá que esperar pola resolución da Federación, pero os clubs acordan dar o partido por empate a ceros.
Muxía - Mazaricos (2-4)

- MUXÍA: Angel Luís, Josiño, David (Fran Gemelo, min.65), Sancho (Peski, min.50), Papi, Martinciño, Dani, Javi, Alberto (Oscar Canario, min.46), Iván Chans e Dimas.
- MAZARICOS: Juan, Tuco (Estéfano, min.25), Oscar, Casais, Brais, Rodri, Esteban (Coxo, min.70), Kevin, Aldo (Oreiro, min.65) e Jose Angel (Ferreiro, min.75)
- Goles: 1-0, min.2: Dimas; 2-0, min.13: Papi; 2-1, min.21: Kevin; 2-2, min.29: José Angel; 2-3, min.41: José Angel; 2-4, min.45: Oscar.
Cumpriu o Mazaricos coa súa parte gañando en Muxía, pero non chegaron boas noticias dende da Nantón da xente do equipo que se desprazou ata as Fontiñas.
O equipo de Raúl Periscal levou a renda do partido e pese a que comezou perdendo 2-0, remontou xa na primeira metade e na segunda foi sono e señor do encontro.
Abriu o marcador Dimas con todo un golazo dende o medio campo collendo ao porteiro adiantado. Pouco despois Santi Papi enganchou unha volea dende a frontal e mandou con tanta forza que nada puido facer o meta Juan para evitar o gol. Non tardou a reacción visitante, Kevin lanzou unha falta, o balón bate na barreira, vólvelle para el e marca. Dous goles de José Angel dáballe a volta ao marcador, o primeiro tras un barullo na área e o segundo cunha vaselina tras un erro do defensa David que lle deixa o balón franco. Xa a rentes do descanso Óscar remataba no primeiro pau un córner e poñía o definitivo 2-4. Pese a que dominou por completo a segunda metade o equipo do Pino do Val, o marcador xa non se movería máis.

Outes - Cerqueda (0-1)
- OUTES: Gato (Moncho, min.75), Saúl, Martín (Quin, min.60), Chúa, Arturo, Poque (Lago, min.81), Damián, Fabio (Mingos, min.70), Pesco, Lass (Pitu, min.60) e Potro.
- CERQUEDA: Che, Rober, Athu, Javi, Alberto, Santi, Dani, Lorenzo, Añón (Gabi, min.65), Alex (You, min.85) e Dieguito (Uru, min.70).
- Gol: 0-1, min.32: Alex.
Partido para pechar unha boa tempada de dous clubs que foron moi competitivos durante a tempada. Os de Malpica fixeron a mellor tempada dende a súa reaparición, mentres que os de Outes volveron a facer unha moi boa segunda volta e se queda coa sensación do ano pasado de que podería pasar si arrancara mellor nos partidos da casa.
No partido de onte, igualdade e o partido decidiuse nunha xogada a balón parado na que unha falta lateral sacada por Dieguito foi rematada por Alex de cabeza na área pequena.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- 1ª Autonómica: Táboas no máis alto da clasificación.
- Preferente: Empate que soubo a pouco.
- Resultados da fin de semana no fútbol da Costa.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Marín Suárez.
- Fotos do Muxía - Mazaricos de Luís Alberto Sambad.