Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Parte de sancións e horarios cargados para a fin de semana

Parte de sancións e horarios cargados para a fin de semana

Novo parte de sancións con poucas novidades. Tan só cómpre destacar a sanción con 10 partidos ao xuvenil muxián Javier Rey, por "agarrar, empuxar, zarandear aos colexiados" no encontro da Copa Xuvenil ante o Soneira. Agardemos que estas cousas non se volvan a repetir.

Ademais, como detalle o comité sanción con unha soa xornada ao colexiado Daniel Rama que non compareceu o pasado sábado ao partido Lira-Pereiriña, e que se tivo que suspender. Os clubes teñen 3 días para presentar unha nova data para disputar o encontro e será a Federación a que corra cos gastos.

Noutro eido de cousas, a SD Fisterra celebrará unha Asemblea trala dimisión da Xunta Directiva. Agora e ata o 8 de maio está aberto o prazo para presentar novas candidaturas, cando se desenvolva a asemblea.

E con respecto aos horarios de cara á fin de semana (xa saben que as táboas de Resultados e clasificacións actualízanse os martes pola tarde) o comezo da Copa da Costa deixa unha xornada completa para algúns. Como o Baio, que terá 3 encontros na fin de semana entre Copa, Copa de Xuvenís e Liga da Costa.

Sancionados

1ª Autonómica

Comentarios