Copa Xuvenil: Os dous campións fronte a fronte nas semifinais

Xa están servidas as seminifinais desta Copa da Costa Xuvenil 2011. Corme e Santa Comba protagonizarán unhas semifinais de auténtico infarto, se ben son os dous campións dos Grupos da Segunda Xuvenil deste curso. Ningún dos dous pasaron demasiados apuros para superar a Fisterra e Bergantiños nos cuartos.
Polo outro lado do cadro o Soneira superaba con faciliadade ao Muxía. E a tensión viviuse no Platas Reinoso onde Baio e Malpica disputaron ata o último segundo o pase. Un gol de Canario 3 minutos sobre os 90 regulamentarios deron o pase aos de Nacho,'.
Fisterra - Corme (1-3)
- Fisterra: David, Manu Trillo (Gabri, min.58), Eloy, Jorge, Santi (Juan Eduardo, min.46), Juan (Chiki, min.77), Bruno (Fran, min.65), Martín, Carlos, Cristian Hidalgo, Tati.
- Corme: Javi, Dani (Mauro, min.68), Joshua, Jesús, Pandi, Chino, Darío (Eloy, min.80), Martinciño, Alejo (Sergio, min.75), Lucas (Juanma, min.75), Jorge.
- Goles: 0-1, min.20: Alejo; 0-2, min.30: Darío; 1-2, min.60: Carlos; 1-3, min.75: Alejo.
Pouca historia en Ara Solis entre un Corme superior e moi efectivo e un Fisterra que deu a cara en todo momento. A dianteira cormelá foi letal e os Alejo e Darío foron estilentes indefendibles para a defensa fisterrá.
Bergantiños - Santa Comba (1-2)
- Bergantiños: Gabriel, Styven, Meyer, Iván, Javi Varela, Jose, Brais (Martín, min.65), Cebey (Javi Castro, min.50), Miguel (Fran, min.30), Antonio, Adrián (Cristian, min.52)
- Santa Comba: Pablo (Antonio, min.80), Martín, Sergio Gerpe (José Manuel, min.70), Dani, David Agra, Javi Martínez, Marcos Martínez, Diego Maneiro (Álex Tuñas, min.55), Roberto (Álex, min.70), Pablo Pérez e Iván.
- Goles: 0-1, min.5: Iván; 0-2, min.46: Marcos Martínez.
Solventou comodamente o filial xalleiro o pase a semifinais, tras unha ida máis igualada. Os locais viron como o equipo xalleiro saía a por todas e xa aos 5 minutos Iván abría o marcador e encarrilaba a eliminatoria. Os de Gueli aguantaron o tipo na primeira metade, pero os Adrián, Antonio, Miguel e compañía non estiveron afortunados cara o gol. Tanto que o propio Miguel tivo que saír do campo lesionado nunha man. Foi Marcos, quen nada máis voltar dos vestiarios, sentenciou a eliminatoria nunha xogada individual.
Soneira - Muxía (4-1)

- Soneira: Víctor, Vicente, Marcos (Cachirulo, min.79), Pichón, César (Suso, min.70), Dani (Efraim, min.90), Fernando, Cristian (Rubén, min.88), Basti, Mayor, Cristian Figueroa (Ismael, min.55)
- Muxía: Cristian, Fabián, Martín, José Manuel, Iván, Julián (Antonio, min.89), Roberto, Alberto (Felipe, min.88), Sergio, Javi, Carlos.
- Goles: 0-1, min.5: Javi; 1-1, min.25: Fernando; 2-1, min.55: Basti; 3-1, min.80: Ismael; 4-1, min.90: Basti.
- Expulsións: Sergio (min.70) e Javi (min.80), do Muxía.
Chegaba a eliminatoria igualada a Vimianzo e tivo que bregar o equipo de Miguel para superar ao Muxía. O estado físico, e as dúas expulsións dos muxiáns Sergio e Javi, foron fundamental e a superioridade no último tercio de partido foi clave para que os soneiráns.

Baio - Malpica (2-1)
- Baio: Poyo; Maikel, Pablo, Manuel, Cachopo, Rubio, Rafa, Manu, Martín, Bieito, Canario.
- Malpica: Víctor; Eloy, Jorge, Javier, Pepis, Luísma, Miguel Dourado, (M. Uruguaio,, min. 46), Martín Maradona, Eme, Camilo Quintas.
- Goles: 1-0, min.40: Bieito. 1-1, min.82: Martín Uruguaio de cabeza. 2-1, min. 93: Canario tras un córner e varios rexeites.
Tensión ata o último segundo a tensión viviuse no Platas Reinoso. Un tanto 3 minutos pasados os 90 regulamentarios deron o pase ao Baio ante un Malpica que tivo a clasificación 10 minutos no seu poder. Bieto adiantara ao equipo local tras un comezo moi positivo dos de Nacho. O equipo malpicán recuperou o ton na segunda metade e foi superior durante moitos minutos. Así conseguían a igualada que lles daba o pase polo valor doble dos goles. Pero 5 minutos de infarto co Baio volvado na meta malpicá rematou cun barullo na área de Víctor que solventou Canario, o máis listo, pra empurrar a gol. En resumo, pase loitado polo Baio ante un fantástico Malpica que mellorou a imaxe das últimas xornadas na Liga.
Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Cadro da Copa da Costa Xuvenil 2011.
- Cadro da Copa da Costa de Veteranos 2011.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
Novas relacionadas
- 1ª Autonómica: Táboas no máis alto da clasificación.
- Preferente: Empate que soubo a pouco.
- Resultados da fin de semana no fútbol da Costa.
Entrevistas QPC Deportes
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido co meta do Cerceda Christopher Pallas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Raúl Periscal.
- Video entrevista de Ángel Garrido co xuvenil cormelán Darío Márquez.
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Completísima entrevista de Pablo Mouro ao adestrador do Xallas Iván Cancela.
- Luigi na Costa entrevista ao Xefe de Deportes de QPC, Oscar Santos.
Artigos relacionados
- Artigo de Pablo Mouro: Escordadura de nocello.
- Crónica de Guillermo Parga da Liga da Costa : Liga escocesa?.
- Crónica de Guillermo Parga sobre a situación do fútbol da Costa: Titanic.
- Crónica de Manuel Varela: Exercicio de democracia.
- Crónica de Alberto Pose: Momento para a asociación de clubs da Costa.
Máis novas
- Nace un novo equipo na Picota.
- Un accidente volve azoutar o fútbol da Costa con 3 feridos e un falecido.
- A bitácora da semana (CXXI): Cousas de Manolín.
- Manuel Caamaño é o novo enlace do Fútbol da Costa na Federación.
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Os segredos máis íntimos dos xogadores do Camariñas.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto.